martes, 30 de junio de 2009


Crónica da II Scooterada Avispada

O sábado pasado asistín á fantástica II Scooterada Avispada, na que nos xuntamos unha boa cantidade de escuteristas chegados de todalas provincias galegas.

As inscripcións foronse facendo puoco a pouco, acompañados dun maravilloso almorzo a base de empanada, queixo e lacón asado xunto con algunha que outra cervexa (unha escasa, que había que conducir despois).

E coma non neste evento encontramonos con escúteres de todolas cores (y sabores, jeje)

Despois recorrimonos practicamente todala cidade e marchamos en ruta

a darnos uns baños nas Pozas de Outariz

deixamos as escúteres ben aparcadiñas e ... a darnos un baño, a distintas temperaturas, que xa vos digo que é totalmente recomendable.

Despois continuamos camiño ata chegar a un merendeiro en Alongos, onde chegamos con fame (non chegou a empanada do almorzo) e deixamos as escúteres daquela maneira (organizaçao please):

Xa co bandullo cheo salimos con máis ganas ainda cara a Ribadavia

onde divertimonos todos cunha gimkhana,
acompañada do sorteo de agasallos y a merenda, namais queda dicir que

NORABOA AVISPADOS e moitas gracias polo bon recibimento.

Vemonos na/s seguinte/s.

+ info:

- gol-Foro dos Golfos Artabros Escúter Clube
- Foro dos Avispados

+ fotos:

- No meu album Picasa
- Foro dos Avispados

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 22 de junio de 2009


Esta fin de semana, a Ourense

Pois iso, esta fin de semana voume a Ourense, a visitar aos amigos Avispados (CLUB VESPA-LAMBRETTA CLÁSICA DE OURENSE) que celebran a sua 2ª Escuterada.

Eiquí tedes o cartelón do evento:



Xa sabedes, o día 28 imos celebrar en Ourense "O día da Vespa"

+ info:

Foro dos Avispados

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 17 de junio de 2009


Roupa infantil. Para a miña pequena Celia

Agora ca miña nova xoia entrou na casa, xa atopei os mellores bodys para vestila:






Xa sabedes, para os bebés non hai nada millor que debuxos de animaliños (eso sí, montados na escúter, jeje)

Vinos en Cafepress.com, cun custo medio de 15 $ (hai que aproveitar que o dolar está barato).

Tamén hai camisetas coma esta:

E un pouco máis barata atopei esta camiseta en Baby Outfitterm:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 16 de junio de 2009


Outro cincoenta aniversario, Ben-Hur

¿Que pasóu no ano 1.959 que se facían moitas "historias" escuteristas?

Ben-Hur é unha superproduzón que conta a vida dun xudeo nos anos da predicazón de Xesús e foi a primeira película na historia en gañar 11 oscars.

Dous dos seus protagonistas, Charlton Heston e Stephen Boyd, movíanse nas rodaxes con esta preciosa Vespa:





+ info:

- Wikipedia

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 14 de junio de 2009


Escúter de fieltro, ¿e porque non?

A xente fai escúteres con calquera materia (metal, madeira, bambú, etc) e ¿porqué non de fieltro?.

A miña muller regaloume este broche (que lle encargou a unha amiga) e, a verdade, gustoume moito.

É coñeiro, coñeiro:

Xa fai un tempo vira unha cousa similar na web de SaraCulpable!:


E os amigos de Botica Vieja, de Ribadeo (Lugo), tamén fan as suas cousiñas con este material:

Todo sexa por chegar a máis xente, presumindo da nosa paixón por estas belas máquinas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 11 de junio de 2009


Outra antiga fotografía de italianos

Xa fai un tempo faleivos dunha foto que me chamou a atención no PhotoGalicia 2008, titulada "Os italianos xiranse", título que se podería aplicar a esta tamén.

Nesta ocasión a imaxen é moi similar, vina hoxe nunha tenda de fotografía, e titulase "American Girl in Italy":

A autora é Ruth Orkin, e fixoa en 1.951, e o que máis chamoume a atención, como non, é a Lambretta patinete que se ve a dereita:

Con estes dous "lerdos" montados nela.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 10 de junio de 2009


Museo da moto clásica de Hervás

Estes días, mentras facía limpeza de fotos, encontreime estas de fai máis dun lustro, dunha visita que fixemos ao Museo da Moto Clásica de Hérvas (Cáceres), lugar digno de ver, non só pola gran coleción de vehículos da que dispón, senón pola propia edificación do museo (que nos recorda a un dos nosos antigos castros celtas) e tamén, o propio entorno, dende o que se pode disfrutar dunhas impresionantes vistas.




Pero non só de escúteres esta cheo o museo:







Dende eiquí pídolle disculpas aos propietarios do museo por incumplila proibición de facer fotos nas suas instalacións, pero, para unha vez que o visito, que menos que inmortalizalo momento, o cal é digno de admirazón.

E, por outro lado, o "delito" xa prescribíu.

+ info:

- Web do Museo da Moto Clásica de Hérvas (Cáceres).

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 8 de junio de 2009


Unha Lambretta moi erótica

Este fin de semana celebrouse o Primeiro Salón Erótico de Galicia na Coruña (Eros Galicia) e isto deume un pe perfeto para achegalo tema do erotismo ao terreo escuteril.

E ainda que pareza mentira, todo é relacionable coas nosas queridas escúteres.

Neste caso, ten que ver co cincoenta aniversario desta portada do Playboy:


O que trocan os tempos, no ano 1959 a portada desta publicación presentabanos unha preciosa Lambretta TV 175, a cal difire moito das imaxes das "coelliñas" ás que nos ten acostumados Hugh Hefner.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 7 de junio de 2009


Crónica dunha aperta anunciada

Máis vale tarde que nunca, pero agora traígovos a crónica da aperta escuterista á Torre de Hércules.

Coarenta motos, cerca de setenta asistentes e un día de calor de caerse os paxaros, pero un bo ambente, no fondo.

Fumos uns privilexiados por poder acceder aos pes da Torre cos escúteres, xa que, nas visitas oficiais, os vehículos quedanse abaixo e os visitantes suben a pe.

A ruta polo paseo marítimo podédela ver neste video:



O estacionamiento en Maria Pita congregou a bastantes curiosos:

Despois arrancamos rumbo a percorrer unha parte do Golfo Ártabros, ata chegar ao restaurante a degustar unha "deliciosa" churrascada.

Pola tarde, no paseo marítimo de Sada, fixemos unha Gymkhana na que o pasamos de vicio:

Moitas gracias a todos.

Para + info e fotos consultade o gol-Foro

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España