viernes, 30 de enero de 2009


Escúter, moda ou devoción

Cada vez somos máis os que adoramos os escúteres clásicos de tal maneira, que non nos importa as "chuvias e chuvieiros", nin que neve, caia pedrizo ... para coller as nosas monturas e xuntarnos con outros tolos coa mesma afición (ou afectación, como lle querades chamar, p.e. o Invernovespa) e hai outros que, apuntándose á "moda" destes vellos cacharros, queren ter unha escúter sen saber moi ben por e para que.

Todo esto último resumese na seguinte banda deseñada que vin en Onezumi.com:


Pido desculpas pola adaptación que fixen ao galego, por si a alguén non lle pareceu adoitada.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 29 de enero de 2009


Porqué chamanselle "ferros"?


Tanto tempo esperando e comentando o do 1ro Invernovespa e non me acordei de enseñarvos o "ferro" que me regalou a miña muller polo nadal:







Que ben me coñece.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 27 de enero de 2009


Crónica do 1ro Invernovespa

Nin nas peores previsións esperabase unha fin de semana de temporal coma o pasado, nin furacán Hortensia (no ano 1984) ni nada.

A pesares do frio, choiva, pedrizo, vento e incluso neve que tivemos que atravesar e soportar para xuntarnos no 1ro Invernovespa da historia, escuteristas de toda a xeografía galega capeamos estoicamente o temporal para poder compartir unhas horas con outros apaisoados deste tipo de vehículos en Santiago.

Anque o apelido da concentración, nsta 1ª edición foi "A Rapa das Vespas", creo que debería cambiarse por "O bautizo das Vespas" xa que auga caeulles, e moito.

O peor de todo non foi a climatoloxía, senón o trato recibido por parte da corporación municipal, que, xa deixando de lado que no seu día prohibiran que nos concentraramos na Praza Roxa (totalmente comprensible por non ter espacio para poder acoller ás 76 escúteres que finalmente nos xuntamos), non nos deron autorización para ir a Praza do Obradoiro, ainda coas motos apagadas, para facer a foto de recordo diante da catedral, senon que a parella de policías municipais que alí apareceron "tiñan ordes de sacarnos o antes posible da ciudade", coartando a nosa libertade de circulación poa vía PUBLICA, realmente lamentable.

Dende eiquí espero que o responsable desta decisión recibia o meu máis cordial tirón de orellas, con este tipo de actitude demostrase a ignorancia de algúns.

Eles so perden.

Isto non foi motivo, nin moito menos, para que a xornada fora do máis cordial e entrañable para os 103 "tolos" que nos xuntamos finalmente no xantar, que máis parecía unha voda, só habia que ver o "parque móbil" que nos estaba a esperar no aparcadoiro:



Graciñas a todos por facer algo tan grande polo escuterismo galego.


+ fotos:
Fotos en Picasa 1
Fotos en Picasa 2
Fotos en Picasa 3
Fotos en Slide 1
Fotos en Slide 2
Foro de Vespeinados.com

+ info:
Noticia aparecida en La Voz de Galicia

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 23 de enero de 2009


1ro Invernovespa, programa definitivo

Tal e coma vos adelantara nun post anterior, este chuvioso e ventado Domingo día 25, uns cantos "tolos" reuniremonos en Santiago para xantar á saúde do deus Urano.

No foro de Vespeinados.com, cerrouse finalmente o programa e lugares da concentración, sendo estes:

- Lugar de reunión: Estanque da Alameda (Carballeira de Santa Susana) en Santiago de Compostela, próximo ao campus universitario. Haberá un espacio reservado para o recibiminto do centear de vespeiros.
- Hora de reunión na alameda: 12:00 h.
- Hora límite de partida da alameda: 12:30 h.
- Ruta ao restaurante: Por determinar.
- Restaurante: Parrillada As Pontes, en Calo, a 6 Km de Santiago.
Precio menú: 17 Euros

- SALIDA DE VIGO: 9:00 h Cafetería Plaza de España na Praza de España.
- SALIDA DE VILAGARCÍA: 10:30 h Cafetería Bella Arosa, Avda Tourón 25.
- SALIDA DE OURENSE: 10:00 h Bar Sil c/ Bedoya esquina Valle Inclán.
- SALIDA DE CORUÑA: 9:30 h Rotonda do paraugas do Temple - Cambre.
- SALIDA DE NARÓN 9:15 h Rotonda Ponte das cabras.
- SALIDA DE BETANZOS: 10:00 h Praza central de Betanzos.

Eiquí tedes a ruta compreta dende Betanzos ata a Alameda de Santiago: Ruta en Google Maps


+ info:
- Foro de Vespeinados.com
- Blog de Vespeinados.com
- Foro de los Avispados de Ourense
- Blog de Avispados Ourense

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 22 de enero de 2009


Unha nova fichaxe, Lambretta SX 200

O que son as casualidades.

Onte levei o coche da miña sogra a pasala ITV e, despois de entregala documentación (e pagar, por suposto), cando voltaba cara o coche vin chegar un escúter que, xa dende lonxe, empezoume a chamar poderosamente a antención:

¡¡¡ UNHA LAMBRETTA !!!

non mo podía crer, unha flamante SX 200 pola zoa, incrible.

Por suposto acerqueime a falar co propietario e resultou ser un rapaz de Guisamo, que levaba pouco con ela, pero que xa coñecia este blog porque estabase informando do ambente escuterista da zoa, e anque intentei fichalo para acudir ao 1ro Invernovespa, lamentouse de non poder ir.

Equí tedes varias fotos desta preciosa SX 200, para que podamos disfrutala entre todos:






Pois sé benvenido Chus, tal e como te dixen espero que, en breve comecemos a organizar algo na zoa, do que vos mantendrei informados a tod@s.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 21 de enero de 2009


Felicidades, Mortadelo e Filemón


Onte cumplíanse 51 anos da primeira aparición nun Pulgarcito de duas novas persoaxes creadas por Francisco Ibañez, Mortadelo e Filemón, cunha estética bastante distinta á actual, xa que Mortadelo aparecía totalmente de loito e Filemón cunha pipa, tipo Sherlock, coronados, os dous, con sendos sombreiros.


Que bos ratiños fixeronme pasar de pequeno estes dous, coas suas historias disparatas, os seus disfraces e os seus "finais felices" agachados para evitalas represalias.

Graciñas Ibañez por facernos tan felices e gracias, por outro lado, por reflexar, nalgunha que outra ocasión, a estas duas persoaxes acompañadas dun bo escúter:



Esta imaxen foi usada polo Scooter Club Dénia o ano pasado, para promocionar a sua concentración anual:

Quén non recorda esta contraportada dos tebeos?



+ info:
- Web oficial de Mortadelo y Filemón
- Blog El rincón de Mortadelón
- Mortadelo y Filemón Misión: salvar la Tierra, la nueva película.

E que cumplades 100 máis:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 19 de enero de 2009


Eu si que me vou facer un agasallo

Efectivamente, maña mesmo voume facer un agasallo "porque eu o vaio", jeje.

Hoxe, botándolle unha ollada a unha publicidade de Alcampo, na páxina de ocio, atopeime con esta oferta:

Non sei si vese correctamente pero sí, é a carátula de Vacacións en Roma, a oscarizada película protagonizada por unha xovenciña Audrey Hepburn e o galán Gregory Peck.

Película de culto para os amantes das Vespas, xa que ésta podese considerar como a terceira protagonista da cinta, a cal, non pode faltar en ningunha filmoteca que se aprecie.

Eiquí tedes unhas cantas imaxes da película e da rodaxe:






E uns cantos valos e carátula do DVD:

<


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 18 de enero de 2009


Para os tempos de crise, agasallos

Pois o dito, despois de enchernos coas novas de tanta crise e inestabilidade, que mellor que afrontala "costa de xaneiro" recibindo algún que otro agasallo.

Xa sei que non e moitoo, pero desexo que esta recopilación de fondos de pantalla para os vosos equipos vos aleden un pouco (anque só sexa a vista):

Visto en Legami.com:
Visto en Marsden cartoons
E estes tres seguintes non recordo de onde os saquei (sinto non poder facer referencia):


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 16 de enero de 2009


Os contos inolvidables de Ferrandiz

Coma todolos anos por estas datas, os quioscos llenanse de novas e variadas colecións de todo tipo, xa sexan tanques, dragóns, mini sopeiras ou xoieros de coleción, o caso e que, por norma xeral, podemos chegar a comprar o número 1, porque ten un precio supermegabarato e nada máis.

Teño que facer mención a unha coleción que sacou Planeta DeAgostini, sobre os "Cuentos inolvidables de Ferrandiz" (Ferrándiz, ilustrador, poeta e autor de contos infantís, naceu en Barcelona no 1917. Ao longo da década de 1940 iniciou a publicación dos seus célebres contos troquelados, que o convirteron nunah personaxe extremadamente popular entre o público infantil).

Dentro desa coleción, na quinta entrega, publicarán o conto troquelado titulado OLGA Y JORGE EN VESPA:

Según din na información da coleción, sobre este número:
"A Vespa foi, nos anos cincoenta e sesenta, un rasgo de modernidade. Os nenos non podían estar ao marxen do mundo no que vivían e, posiblemente por iso, Ferrándiz decidiu escribir e debuxar Olga y Jorge en Vespa.
Os protagonistas son dous irmans deportistas e simpáticos que nadan, patinan, xogan aos bolos e bailan rock-and-roll, pero que, sobre todo, van en Vespa.
Jorge leva a sua irmá ao lombo e participa en carreiras, xoga ao tiro ao arco motorizado ou, moderno cabaleiro andante, nunha ariscada maniobra salva a Olga dun touro enforecido.
Pero, para que non todo sexa diversión, esta e a maneira en que remata o conto: «Hai quen gaña un campionato, pero e en cultura un mentecato.
Olga e Jorge, campeóns e valentes, procuran ser igual de intelixentes.
En estudar sede os primeiros e así farédevos homes verdadeiros»".


Se queredes máis información desta coleción consultade a web de Planeta DeAgostini.

Pero non é o único conto troquelado antigo que vin. Fai un tiempo encontreime este catalán, en eBay:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 15 de enero de 2009


Amerimbretta 2008


Como xa vos adelei no post anterior, do 5 ao 8 de decembro levouse a cabo a reunión arxentino-chilena denominada Amerimbretta.

Según publican na web de AMACH :

"Cruzamos la cordillera un grupo de amigos de Amach, Eduardo Fernández con la Lambretta A modelo 1947, Jorge Pallero con su Lambretta 125 LD del año 1960, Eduardo Frías con la Siambretta 125 LD 1959, Manuel Piqueras con la Siambretta 125 STD y como apoyo Daniel Herbón con una Zanella Sol 110 y Adriana Pallero con un Clio y un trailer.

Hemos sido recibidos y agasajados por la gente del Lambretta Club Chile, entre ellos destacamos a Rodrigo, Mauricio, Huaso, Víctor, Orlando, Vespadicto, Gonzalo y a todo el resto de miembros del club, los cuales nos han tratado de maravillas y cuesta describir lo bien que nos hemos sentido al compartir ese fanatismo y devoción que tenemos por las motonetas.

Tener en una actividad a la primera Lambretta, o sea el Modelo A de Eduardo Fernandez (nuestro presidente) y a la última de la saga Innocentti, es decir la Lambretta DL200 de 1969, del amigo chileno Enrique Pozo, es un hecho único a nivel sudamericano. Y si señores, como dicen nuestros compañeros chilenos... estamos haciendo historia. Para empezar, el viernes en la noche tuvimos una buena cena de bienvenida en el Estadio Español. Eramos 23 comensales!

El sábado un impecable paseo por Santiago organizado por Augusto Herrera. Los motores de 2 tiempos despertaron en la memoria de La Moneda, Cerro Santa Lucia, San Cristobal y otros lugares emblemáticos de la ciudad de Santiago.
Nos alegro ver en la caravana a Guido Huerta en su Li 1960 y a Jano en su Motobecane Moby con corazón Innocentti.

El asado en el Parque Metropolitano fue excelente. Mucho calor que gracias a las birras se apagó.
"

Unhas fotos do acontecemento:



Da gusto ver como se aproveita o "veran austral".

Eiquí tedes un video do Amerimbretta 08:


Eiquí tedes a ligazón.

Estas iniciativa son as que animan a organizar, cada vez, máis e máis eventos de confraternización entre distintos clubes.

Un saudo, neste caso, aos dous clubes organizadores, o Lambretta Club de Chilee os Amigos Motos Antiguas de Chivilcoy.

+ fotos:
Web de Amach
Web del Lambretta Club de Chile
Foro ADACH

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 14 de enero de 2009


Uns novos amigos arxentinos

Chegoume un correo electrónico de Eduardo Fernández, ao que lle din "el gallego de Chivilcoy", Provincia de Buenos Aires, Argentina, e presentoume o clube que el mesmo preside, o AMACH, AMIGOS MOTOS ANTIGUAS CHIVILCOY.

Por este motivo gañaronse a sua posición no listado de ligazóns escuteristas do blog, benvidos e un saudo a todolos seus membros.

Graciñas Eduardo polas fotos das tuas xoyas, uhna preciosa Innocenti 48 cm3:

Un insuperable patinete, Lambretta A (del 47/48):

e unha, sempre peculiar, Siambretta 150 cm3:

O máis destacable destes "tolos" AMIGOS das MOTOS ANTIGAS de CHIVILCOY, é que organizaron, o que denominaron Amerimbretta, cruzando a cordilleira andina para reunirse cos seus colegas do Lambretta Club Chile, pero iso, contarémolo outro día.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España