miércoles, 27 de mayo de 2009


O domingo, todos a darnos unha agarimosa "aperta"

Non vos podedes esquecer que este domingo, 31 de maio, verémonos todos na Coruña, na 1ra Aperta escuterista á Torre de Hércules - Luz do Patrimonio Mundial, en apoio á candidatura da declarazón da Torre de Hércules, coma "Ben Cultural Patrimonio da Humanidade, por parte da UNESCO.

Eiquí tedes o programa de actos definitivo:

09:30 h Comezo da chegada e concentrazón dos asistentes, aos pes da Torre de Hércules.

11:30 h Acto central (Aperta á Torre de Hércules).
Aparcaremos tódolos asistentes na plataforma inferior do monumento, e faremos un ou varios circulos, darémonos as mans pilotos e acompañantes, formando así unha xigantesca "aperta".

12:15 h Comezo do recorrido polo paseo marítimo, Paseo do Parrote, Porta Real, hasta chegar á Praza de María Pita.

Exposición das escúteres na Praza de María Pita as 12:30 h.

Estarán expostas durante unha hora, que teremos como tempo de libre disposizón dos asistentes.

13:30 h Saida da Praza de María Pita

Faremos unha pequena ruta polo Golfo Ártabro, para chegar ao Restaurante Chapa Churrasco sobre as 15:00 h, que será onde faremos o xantar.

17:00 h, no paseo marítimo de Sada, faremos unha gimkhana de habilidade.

Calquera dubida ou suxerencia, dirixídea a golfosartabros@gmail.com



+info:
gol-Foro

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 23 de mayo de 2009


A miña nova "Xoia"

Este é o novo diamante en bruto que chegou a casa.

Preséntovos a miña pequena Celia:



Naceu o Luns ás 13:55 h, cun peso de 3,520 kg e 48 cm de longo, no Hospital USP Santa Teresa, e, coma bon pai, paréceme a crianza máis bonita do mundo mundial.

Agora si que vou estar entretido.

Isto vaime dar máis traballo (e satisfacción, por suposto) que unha restauración.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 15 de mayo de 2009


Vaia fin de semana máis clásico

Pois si, este fin de semana está cargadiño de "eventos motociclísticos clásicos" (non sei si existe esta expresión pero por si a SGAE, pidome os dereitos de autor).

Por unha banda a IIIª edición de FEGACLASIC en Pontecesures, que se celebra o sábado e o domingo (16 e 17 de Maio), donde, como eles mismos din, "poñemos a súa disposición, unha carpa con superficie suficiente para albergar varios stands de 15 m2 completamente GRATUITOS, nos que as persoas dos clubs poidan mostrar os seus proxectos e as súas actividades.".

Incrible, totalmente gratuito, eso non se oferta todolos días.

Podedes consultar + info na ligazón oficial fegaclasic.org

Por outra banda chega unha das clásicas de clásicas (esto si que e rizalo rizo da prosa - hoxe estou que me saio), a RUTA ROSALIANA DE MOTOCICLETAS CLÁSICAS, que coma todolos anos celebrase o Día das letras galegas (17 de Maio), organizado polo Moto Clube Compostela.

As inscriciones serán a partir das 9:00 h. na Praza Roxa (ahhhh!!! para estos si que se lles deixa entrar en Santiago, e cando fumos ao Invernovespa, botaronnos rápidamente da cidade, non vexo esta decisión moi democrática eh?), bo pois a saída da ruta sobre 10:30 horas.

Tedes + info en Motoclubecompostela.com, e nos teléfonos 696797022 e 667120509.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 6 de mayo de 2009


Esta fin de semana, todos a Castellón

Efectivamente, os días 8, 9 e 10 de Maio celebrase en Castellón a 4ª Vespaniada, organizada polo foro de Vespania.

Eiquí tedes o valo:


+ info:
Foro de Vespania

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España