lunes, 20 de julio de 2009


Crónica V Concentración Motos Clásicas Concello de Zas

A pesares das previsións o día comenzou nubrado e cunha lixeira saraiba, así que puxemonos rumbo a Zas ben "enfundados".

Despóis dunha horiña de viaxe e unha vez achegados a Baio, xa comezamos a xuntarnos a outros asistentes á concentración.

Na Praza do Concello de Zas xa empezabanse a ver moitas máquinas deseosas de facer quilómetros.

Feita a inscripción (simbólica) e despois de recibiren unha camiseta e un pañuelo conmemorativo, arrincamos a unha (longa) ruta sen abandonala chovizna que nos acompañou unha boa parte da xornada.

Unha volta polas ruas de Zas e Baio e continuamos camiño a Vimianzo, para enlazar coa carretera de Camariñas, non sen antes facer unha parada (bastante rara, xa que se fixo no medio da carretera) para repostar en Ponte do Porto.

Continuamos ruta cara a Camariñas e o día xa empezaba a mostrarnos unha mellor faciana.

Subida hasta as fantásticas paisaxes do entorno do faro de Cabo Vilán (onde fixemos outra parada), para retornar de novo ao paseo marítimo de Camariñas, para tomar un refrixerio.

E arrincamos de novo para facer a etapa final da ruta, nesta ocasíón, xa acompañados dun sol de xustiza.

De Camariñas a Vimianzo, despois a Baiñas e finalmente Zas de novo, para subir hasta a Ermida de San Roque, onde esperabanos un xantar campestre (a base de churrasco, chourizo e pan) nun merendeiro no entorno da ermida.

A miña máis sinceira noraboa á organización, por brindarnos unha concentración tan ben organizada.

100 kms de ruta pola comarca, oitenta e tantas motos inscritas e máis de cen participantes deixaronme un máis que bo sabor de boca.

A nota "negra" da xornada sucedéume cando voltaba a casa, xa que, unha vez que parei a repostar en Agualada (Coristanco), a Vespa 160 non quixo arrincar máis, e tivose que vir de volta no gindastre da asitencia en carretera.

¿Que lle imos facer? C'est la Vie

Tódalas fotos da ruta nesta ligazón ao álbume Picasa.

Tamén podedes disfrutar deste video da parada no faro de Cabo Vilano:


Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 17 de julio de 2009


5ª concentración motos clásicas concello de Zas

Este domingo celébrase a V CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS CONCELLO DE ZAS.

A receción será ás 10:00 horas na praza do Concello e despóis realizarase a seguinte ruta:

Zas - Baio - Vimianzo - Camariñas - Cabo Vilano - Camariñas - Vimianzo - Baio

Uns 75 quilómetros disfrutando dunha boa carretera e unhas vistas impresionantes da Costa da Morte dende o fantástico enclave do Cabo Vilano.

Ao rematala ruta, xantaremos en Baio.

Para os que lles interese, o domingo estaremos no Lidl da Avda. de Arteixo da Coruña, ás 08:30, para arrancar ás 09:00 h., estades todos convidados a acompañarnos.

+ info:

- Web do Concello de Zas

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 15 de julio de 2009


Luna Pop, dez anos do "himno escuterista"

Pois si, foi en Xullo de 1999 cando comezamos a escoitar eiquí, en España, a este grupo italiano, que, co single "50 Special", situaronse nos primeiros postos das listaxes de éxitos e de ventas durante varias semanas.


Enlace YouTube

"50 Special" é unha canción fresca e brillante, con claras referenzas aos anos '60, coa que se revalorizou, ainda máis, á mítica Vespa 50.

E di así:

♪♫♪ Vespas trucadas, años 60, van por el centro,
a más de 90, rojas de fuego, comienza la danza,
de flechas lanzadas y el viento en la cara.
Dame una moto, el verano que avanza,
(la Special me encanta) dame una Vespa y te
llevo de marcha.

Y que fantástico dar vueltas con los pies sobre sus alás,
en tu Vespa Special que te quita problemas.
Y que fantástico dar vueltas por colinas y montañas,
en tu Vespa Special que te quita problemas.

Las "mates" no van, yo en mi Vespa,
mi chica marchó, yo en mi Vespa,
domingo será, y una Vespa me sacará,
de la ciudad!, de la ciudad!

Salgo deprisa, salgo de casa,
a marchas forzadas de primera a la cuarta,
debo darme prisa, tengo que ir a una fiesta,
quiero dar primero alguna vuelta en mi Vespa.
Dame una moto, el verano que avanza,
(la Special me encanta) dame una Vespa y te
llevo de marcha.

Y que fantástico dar vueltas con los pies sobre sus alás,
en tu Vespa Special que te quita problemas.
Y que fantástico dar vueltas por colinas y montañas,
en tu Vespa Special que te quita problemas.

Las "mates" no van, yo en mi Vespa,
mi chica marchó, yo en mi Vespa,
domingo será, y una Vespa me sacará,
de la ciudad!, de la ciudad! ♫♪♫

+ info:
- Biografía de Lunapop

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 10 de julio de 2009


5ª concentración motos clásicas, en Carballo


O próximo domingo 12 de Xullo, celébrase en Carballo a 5ª Concentración de Motos Clásicas, organizada polos Amigos das motos clásicas de Bergantiños.

O plan é seguinte:

- 10:30 h Saida dende a praza do Concello.

- Percorrido pola comarca:

A Carballo --> B Bertoa --> C Rapadoiro --> D Camping Baldaio (Pinchos) --> E Razo --> F Buño --> G Malpica --> H Faro Punta Nariga --> I Malpica --> J Buño --> K Cances --> L Carballo

A ruta, en total, será duns 80 quilómetros, un paseo.

- 15.00 h Xantar en Carballo (Restaurante Rio Sil)

O prezo da inscripción é de 25 €uros, e inclúe os pinchos e o xantar.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 9 de julio de 2009


Festas na miña casa - Vilaboa 2009

Esta fin de semana celebranse as festas de verán de Vilaboa - Culleredo e con ese motivo os amigos do Moto Clube Culleredo organizan, por segundo ano consecutivo, unha concentración moteira, no campo da festa, o sábado ás 18:00 horas, á que espero asistir.

Tal e como me dixeron, despoís faremos unha ruta polas parroquias de Culleredo e, aproveitando que tamén hai festas en Peiro, faremos alí unha paradiña (e fonda).

Ao voltar ao campo da festa, en Vilaboa, esperannos uns pichos de empanada.


Invitovo a todos/as a acompañarnos nesta volta polas parroquias do concello de Culleredo.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 7 de julio de 2009


Xuntanza Moteira Terra das Mariñas

O pasado domingo, funme ata Oleiros, á VI Xuntanza Moteira "Volta Terra das Mariñas", que organizaban os amigos do club Motoleiros.


Que decirvos, unha perfecta organización, co almorzo a base de café con madalenas, unha ruta moi boa polos concellos da bisbarra (uns 80 kms),



parada en Sada para un refresco,




regreso a Oleiros para uns fantásticos pinchos (a tortilla estaba de morte) y xantar, pero todo isto estivo empañado (nunca mellor dito) por unha visitante inesperada, A CHOIVA, pero choiva de verdade.

Puxemonos, en xeral, PINGANDO, pero iso non nos desilusiona nin o máis mínimo, e, coma soese dicir, "a mal tempo, boa faciana".

Un saludo a todolos/las asistentes.

PD. Haille que recoñecer que isto si que é afición á moto, 300 motoristas calándose ata os osos, e con ganas de máis.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 2 de julio de 2009


Feliz cumpreanos a min

Que bonito é cumprir anos, xa son 35 primaveras e, polo menos, felicitome a min mesmo.

Así que, a soprar velas:

E aproveito tamén para celebrar o cumpreanos da miña 160, que para iso somos da mesma quinta.

Xullo do 74, que boa colleita.


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España