jueves, 24 de septiembre de 2009


A Ves-cabra

Coma sempre hai xente para todo, pero "tuneala" Vespa con pel e cornos de cabra (ou cabrón, no sabería que dicirvos), paréceme moi forte.

Non sei que opinarán delo os detractores do uso de peles na moda.

Vista en Bastardidentro.it.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 15 de septiembre de 2009


VI CONCENTRAZÓN DE MOTOS CLASICAS "CONCELLO DE TOMIÑO" - 18, 19 E 20 DE SETEMBRO DE 2009

Pois si, xa está eiquí a VI edición da concentrazón de motos antigas Concello de Tomiño (Pontevedra), que organiza cada ano o Moto Clube Dalle Gas.

Nesta ocasión a xuntanza celebrarase esta fin de semana (del 18 al 20), có seguinte programa:

· Venres, 18 de setembro de 2009:
Receción de participantes.
Comprobazón de documentación, entrega de mapas e rutómetros e bolsa con artigos de agasallo.
Pinchos de benvida amenizado por música tradicional.

· Sábado, 19 de setembro de 2009:
Ruta de 180 Km. que se realizará pola provincia de Pontevedra.
Saldrase en grupos de dous ou tres motos.
Os participantes poderán parar e visitar aquelas zoas que o desexen (p.e. Castillo de Villasobroso, Mondariz Valneario, Virxe da Roca, Monte de Santa Tecra, etc).
Cea (parrillada de churrasco) que rematará cun baile e festa.

· Domingo, 20 de setembro de 2009:
Ruta en grupo ata o término municipal de Mos onde haberá degustazón na "Festa e exaltación gastronomica do codillo e rabo de porco no Cristo dos Cabaleiros".
Xantar no restaurante "Nueva Colina" de Tomiño, entrega de recordos e sorteos de agasallos.

+ info:

- Web do Moto Club Dalle Gas

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 11 de septiembre de 2009


Vaya "bocado" que tenía el pistón de la 160

Tal e como comentei no post sobre a concentración de Clásicas en Zas, cando voltaba, tiven que traela moto montada nun gindastre, segundo parecía faltaballe compresión.

Durante o verán, cando fun tendo ratos libres "aventureime" a descubrilo motivo desa falla de compresión, pensando, iluso de min, que con sustituilos aros (segmentos) sería suficente, cousa que me saquei da cabeza no momento en que quitei a culata e vin esto:

Eses dous agulleriños non me gustan nada.

Efectivamente, unha vez sacadolo pistón encontreime con isto:


E creo que o responsabre desas raxas foi esta patiña que faltaba nos clips de sujezón do bulón (precisamente do mesmo lado).

A solución foi ben fácil, pistón compreto:

e, aproveitando que sacara o cilindro: cambio de xuntas, unha limpeza a fondo do carburador e a rodar.

Teño que recoñecer que, cos medio-coñecementos que teño de mecánica, non o fixen do todo mal, xa que a 160 marcha perfectamente.

Espero que non teña máis averías deste tipo e, no caso de que se produzan, que sexan fáciles reparar por min mesmo, xa que, no fondo, esta afición, non só consiste en disfrutar rodando, senon tamén en coñecer o funcionamiento e mantenimiento total da moto.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 9 de septiembre de 2009


Ruta Xacobea en Tractor Clásico

A Asociación Española de Amigos da Maquinaria Agrícola, organiza a "Ruta Xacobea en Tractor Clásico" e realizarana entre o 5 e o 15 de setembro.

Os pouco máis de trinta tractores clásicos que se van a aventurar a completar o camiño entre Roncesvalles e Santiago, percorrerán os 817 quilómetros previstos en 11 etapas, as cales indícovos a continuación:

1º DÍA 05 Septiembre
ST JEAN DE PIED DE PORT - RONCESVALLES (30 Km)

2º DÍA 06 Septiembre
RONCESVALLES - VILLATUERTA (71 Km)

3º DÍA 07 Septiembre
VILLATUERTA - STO. DOMINGO (78 Km)

4º DÍA 08 Septiembre
STO. DOMINGO - BURGOS (68 Km)

5º DÍA 09 Septiembre
BURGOS - FROMISTA (80 Km)

6º DÍA 10 Septiembre
FROMISTA - SAHAGÚN (62 Km)

7º DÍA 11 Septiembre
SAHAGÚN - ASTORGA (115 Km)

8º DÍA 12 Septiembre
ASTORGA - VILLAFRANCA DEL BIERZO (82 Km)

9º DÍA 13 Septiembre
VILLAFRANCA DEL BIERZO - SARRIA (81 Km)

10º DÍA 14 Septiembre
SARRIA - ARZÚA (74 Km)

11º DÍA 15 Septiembre
ARZUA - SANTIAGO DE COMPOSTELA (40 Km)

Ánimo coa iniciativa e moita sorte no "camiño".

+ info:

Asociación Española de Amigos da maquinaria agrícola

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 7 de septiembre de 2009


I Volta a España en Moto pola Seguridade Viaria


"A Prataforma Moteira para a Seguridade Vial "PMSV" , con esta I Volta a España en Moto pola Seguridade Viaria, facemos unha chamada á responsabilidade das administracións, dos distintos colectivos e de tódalas aquelas persoas que, no uso de calquera vehículo, compartimos as infraestructuras viarias do noso Pais. (...)".

Así comeza o manifesto co que a PMSV pretende concienzar á poboación para a mellora da Seguridade Vial.

A Volta realizase en 30 etapas e en distintos percorridos, coincidindo alguns deles en datas e horarios.

As etapas son as seguintes:

1.- 5 Sep BARCELONA - Bujaraloz
2.- 5 Sep Tenerife - Tenerife
3.- 5 Sep Burgos - Vitoria - Gipuzkoa
4.- 6 Sep Las Palmas - Las Palmas
5.- 6 Sep Gipuzkoa - Santander
6.- 6 Sep Santander - Gijón
7.- 6 Sep Gijón - Lugo
8.- 6 Sep Lugo - A Coruña
9.- 12 Sep A Coruña - Santiago - Pontevedra
10.- 12 Sep Pontevedra - Vigo - Ourense
11.- 12 Sep Ourense
- Benavente
12.- 12 Sep Benavente - León - Palencia
13.- 12 Sep Palencia - Zamora
14.- 13 Sep Zamora - Valladolid
15.- 13 Sep Valladolid - Segovia
16.- 13 Sep Segovia - Salamanca
17.- 13 Sep Salamanca - Ávila
18.- 13 Sep Ávila - Toledo - Ciudad Real
19.- 19 Sep Ciudad Real - Badajoz
20.- 19 Sep Mérida - Huelva
21.- 19 Sep Huelva - Sevilla
22.- 20 Sep Sevilla - Cádiz
23.- 20 Sep Cádiz - (Ceuta - Ceuta)
24.- 20 Sep Cádiz - Málaga
25.- 26 Sep Málaga - Córdoba
26.- 26 Sep Córdoba - Jaén
27.- 26 Sep Jaén - Almería
28.- 27 Sep Almería - Alicante
29.- 27 Sep Alicante - Valencia
30.- 03 Oct Valencia - MADRID

+ Info:
- Web de la Plataforma Motera para la Seguridad Vial

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España