miércoles, 28 de octubre de 2009


Antirrobo para la escúter 2

Se onte ensinabavos coma me fixen un antirroubo para a 160, por se a alguén podía serlle de utilidade, hoxe tráiovos un proxecto de Marc Graells, un barcelonés que diseñou/inventou o "protect 486", un sistema antirroubo para motos que non ten nada que ver có que coñecíamos ata o momento en materia de seguridade.


A idea é convertilo escúter en algo parecido a un armadillo, incorporándolle un caparazón retráctil, que unha vez pechado faise casi impenetrable.

Moi práctico non semella, pero non deixa de ser unha proposta moi curiosa.

Vino en Prosopopeya Divagante

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 27 de octubre de 2009


Antirroubo caseiro para a escúter

Fai un tempo lín nun foro (non recordo cal) a maneira de fabricarse un antirroubo caseiro para as nosas escúteres, neste caso a miña 160, xa que, ao non ter disco ni oco na llanta para colocarlle unha "pitón" pasante (non me gusta o "pitón" de puño), pareceume unha boa soluzón.

Precisamos:

- 1.- Unna barra antirroubo de coche dun formato similar a algún dos seguintes:

- 2.- Un antirroubo de moto para disco de freo (neste caso utilicei un pequeno):

A ventaxa deste tipo de antirroubos de coche é que podemos obter dua pezas que nos poden valer para o antirroubo final:

A diferenza que ten a barra superior e a inferior é o diámetro das mesmas:

Na lamia da 160 fixenlle un pequeno burato, para poder pasala barra dun lado a outro:

Na barra tiven que rebaixar polos dous lados para que pasase o antirroubo de moto:


A miña intención tamén era facerlle un burato á barra para poder enganchalo antirroubo de moto, anque parecíame que debilitaría a mesma, así que unha vez que probei a pechalo, despois de pasala barra vín que quedaba perfectamente asegurada, así que dín o brico-moto por rematado:


Ao final fixenlle dous rebaixes, un á beira do outro, porque un está axustado á medida da barra de direción e a llanta e o segundo (o máis externo) está pensando para si teño que suxeitala moto a algún elemento fxjo (aparca bicicletas, suxeita colectores, sinais, etc) e tener un pouco máis de folgura.

A ventaxe do sistema é que ocupa pouco, e podese levar en calquera lugar:

Desexo que realmente sexa efectivo e non me leve ningunha sorpresa cando aparque a moto, pero isto é como o dito
"Máis vale prevenir, que curar"


Modificazón do post o 29-10-09.

E iste é o resultado final:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 20 de octubre de 2009


Ti e o teu escúter: Consellos de condución

A Motorcycle Safety Foundation, ten colgada na sua web unha guía de condución segura dos escúteres (You and Your Scooter: Riding Tips), que é moi interesante, xa que vai dende que levar cando vaise circulando, pasando polo coñecemento do propio escúter, a condución en grupo e con pasaxeiros e propoñendo ao ultimo uns exercicios para facer, co fin de mellorala condución e/ou habilidade no uso das nosas escúteres.

Unha lectura máis que recomendable, que, a pesares de estar en inglés, non é demasiado compricado de entender (so é neceesario un mímino nivel de coñecemento do idioma).

Ademáis está cheo de viñetas de Glenn Reid, que son as que acompañan este post.


Podedess descarregar o manual na seguinte ligazón.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 15 de octubre de 2009


Vespelliño, vespelliño, cal é a escúter máis boniquiña?

Despois dun título tan cenicento, hoxe traiovos un obxeto de decorazón para os máis fanáticos dos escúteres.

O espello ideal, isto é, o VESPELLO:

Podédelo mercar en Send me a mirror ao "asequible" precio de 34,99 £ o tamaño máis grande e 4,99 £ o máis pequeno.

Haberá que buscar unha parede na casa para colgar esta frikada.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 8 de octubre de 2009


Vespulpada en Lugo o domingo das mozas


Os Golfos Artabros ímonos este domingo (11 de outubro) a Lugo coa escusa de ir comer o famoso polbo, unha escusa como outra calquera para facerlle quilómetros ás escúteres.

Estais todos invitados a acompañarnos tanto na ruta como na comida.

Sairemos puntuais ás 11 horas da rotonda do paraguas no Temple - Cambre, xuntándonos cos da zona de Ferrolterra no cruzamento de Guisamo, circulando sempre pola N-VIN ata chegar a Rábade, onde encheremos e unirállenos outro grupo de amigos.


Os que vingan do sur, vémonos na gasolineira que hai na entrada de Lugo, pola estrada de Santiago.

Despois irémonos a comer á Pulpeira MACIÑEIRAS que está na ROLDA DAS FONTIÑAS Nº 89-91, sobre as 14:00 h.

Despois de comer daremos unha pequena volta por Lugo, procurando rodear polo menos a muralla, xa que o noso son os monumentos Patrimonio da Humanidade.

¡¡¡Imos acabar con todo o polbo de Lugo!!! e a procurar que ningún veña de volta de polisón



+ info:

- Gol-Foro

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 6 de octubre de 2009


Bye bye Vespa??

Fai un tiempo chegoume esta viñeta da cal descoñezo o idioma, pero coma soese dicir, unha imaxe vale máis que mil palabras.

Ao seres a únion de dúas cousas do meu agrado, a banda deseñada e as escúteres, non me importan moito os diálogos.

Eso si, se alguén dispón da traduzón ao galego, por favor que ma faga chegar.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 1 de octubre de 2009


Paolo e Xulietta en Vespa

Atopeime este debuxo no blog Viajes Morrocotudos que me pareceu unha boa representación da italia dos sesenta.

O Paolo coa camisa remangada e gorra, a Xulietta con vestido e pano a xogo e sentada como viaxaban antes a mulleres, de lado, xa que ao carricho e con vestido debía ser un pouco incómodo.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España