miércoles, 30 de diciembre de 2009


O derradeiro post do 2009

Este é o derradeiro post deste ano que remata, pero tamén podería selo primeiro do ano que comeza.

A todolos que seguistedes este humilde blog (e aos que non), mil grazas, non sabía que as miñas paranoias e divagacións poderían ter algún interese para alguen máis ca min.

Desexo que para o ano que comeza se cumpran todolos vosos obxetivos e, que o máis bo do 2009 convertase no peor que vos aconteza no 2010.


Un saúdo a tod@s.

Fas

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 28 de diciembre de 2009


Máis agasallos para reis

Non só importa ou agasallo en si, senon que moitas veces é máis importante que ou emboltorio non desvele o que contén, xa sexa con cartón:


ou con plástico:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 26 de diciembre de 2009


Video "A Vespa Christmas in Seoul"

Hai que vela cabalgata de Papa Noeles que se montaron en Seul:


Eiquí tédela ligazón.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 25 de diciembre de 2009


Bo nadal



FELICES FESTAS A TOD@S!!!


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 16 de diciembre de 2009


Outro agasallos vespeiros

A incombustible Barbie, que cumpreu xa os 50, ten entre os seus accesorios, coma non, unha Vespa en varias cores:






A substitución xeracional, as My Scene, tamén dispón deste bo medio de transporte:


Pero o que máis me chamou a atención é o Baby Born:

E pregúntome eu, que deseñador de Zapf Creation ocurriouselle a idea de montar a un bebe nunha vespa? Porque o do boneco bebe o máis realista posible está ben, pero mellor que queden co de tomar o bibe, facer pipí e popó e deixen o de montar en escúter para cando sexan mozos.


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 14 de diciembre de 2009


Algunhas ideas para agasallar en Nadal

Xa cada vez falta menos para o Nadal, esa época tan consumista do ano, asi que, que menos que comezar a mirar que agasallos interesantes podemonos atopar.

Hoxe traiovos un balancín vespeiro a mar de logrado:



A verdade é que non lle falta detalle:



Vino en Motoblog.it, e segundo din, esta Vespa Rocking Horse está feita de fibra de vidro, metal e coiro de imitación para o asento, o traballo dun artista certamente.

Que sorte que ten o pequeno Diego:

e que contento que se lle ve.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 13 de diciembre de 2009


Video da escuterada en León

Como non so de fotos vivimos os escuteristas, permitínme grabar estes videos, no xantar e nas carreiras de lentos (e non tan lentos) que fixemos despois, nos postres.



Moi divertido si, e dificil tamén, hai que recoñecerlle o mérito os que son capaces de montar tan despacio nas escúteres.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 12 de diciembre de 2009


Os Golfos Artabros en "Un año de Voz"

Hoxe pasexando polo centro da Coruña vín os cubos coas fotografías, que forman a exposizón Un año de Voz, que instalou La Voz de Galicia coas "imáxes máis impactantes do último ano".

Son 44 lámias de máis de dous metros de alto, que, coma a propia nova do xornal dicía: "Estas fotos captan a alma da Coruña".

E entre elas, cal foi a miña sorpresa, encontreime esta marabilosa foto de César Quian:



Como diría a sua Maxestade, "cheame de orgullo e satisfación".

Grazas, mil grazas a La Voz de Galicia por considerar que, o noso pequeno graniño de area, no gran apoio que se lle deu á Torre de Hércules a convertirse en Patrimonio da Humanidade, sexa para eles unha das imáxes do ano.

Eiquí tedes a ligazón á nova en La Voz.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 10 de diciembre de 2009


Fotos da escuterada en León

A escuterada organizada polos amigos do Leon Scooter División esta fin de semana, co motivo do festival internacional Purple Weekend, foi todo un éxito.

Alí fumos catro Golfos Artabros (duas Vespas) a acompañar aos leoneses, pucelanos (Vesperdidos) e demáis asistentes e teño que dicir que foi unha marabilosa experiencia. O ambente mod era total e había unha boa xente en xeral que o convertiu nun finde perfecto.

Eiquí tedes unhas cantas fotos para abrila boca:




Tedes o resto de fotos que saquei, neste albúm Picasa

+ info e fotos:

- Blog do Leon Scooter División
- Album Picasa dos Vesperdidos Valladolid
- Album Picasa das fotos do sabado 05 do Leon Scooter Division
- Album Picasa das fotos do domingo 09 do Leon Scooter Division

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 1 de diciembre de 2009


Purple Weekend 09 - León

Un aNo máis celebrase en León, o festival internacional Purple Weekend, do 4 ao 7 de Decembro, na que será a sua vixésima primeira edición.

O xa considerado estandarte do movemento mod sixtie en España, celebrase coma anos atrás, coincidindo coa ponte da Constitución e xunto a él desarrollanse outras actividades paralelas relacionadas, coma son o mercado de discos, exposicións sobre a música e o movemento mod e .... como non, unha scooter-run.



Esta escúter-run está organizada polos amigos do León Scooter División - LSD, e desarrollarase, tal e como recolle o seu blog, co seguinte programa:


Sábado 5
Scooter run e xantar de fraternidad con actividades.
O xantar e as actividades son no Campus de Vegazana.
Cita á 12,30 h no MUSAC - Museo de arte contemporáneo de Castela e León

Domingo 6
Scooter run e tapeo polo centro de León, co Clube do mini.
Cita a 12,30 h na Praza de San Marcelo

Martes 8
Despedida e peche, si o tempo e as ganas o permiten.

Os scooter run faranse en función do tempo.

+ info:
- Web do festival Purple Weekend 2009
- Blog do León Scooter División - LSD
- Ligazón a Google Maps con todolos puntos de interesse do Purple Weekend 2009

Por certo, a non ser que se produza unha desgraz ¡¡¡ VEMONOS ALÍ!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España