martes, 30 de noviembre de 2010


Preparando os regalos do nadal en: Pirusca.com

Empeza decembro e todos afanámonos en atopar ese agasallo ou detalle especial para dar a sorpresa (e saír un pouco da rutina do perfume ou gravata...).

Para iso preséntovos hoxe unha web dunha boa amiga: Pirusca.com, que é o alter ego dunha ilustradora pontevedresa.

Fai tempo que merquei unhas chapas da colección recortables e son unha preciosidade:

E agora que vexo este novo, de nome Celia (como a miña filla) dáme que vou ter que facer un novo pedido, jejeje.

Pero á espera da proposta que lle fixen de facer unhas chapas con motivos escuteristas, quédome con esta ilustración orixinal titulada Vespa rosa:

Mirade que preciosidade de faciana:


E xa que como pon na súa web, é unha reprodución dixital sobre papel con textura lenzo de 250 gr., sendo unha edición limitada a 10 exemplares, asinada e numerada, paréceme unha magnífica idea como agasallo do Nadal...

+ info:

- Pirusca.com
- Shop Pirusca
- En V Television no programa Xente Emerxente:



Un saúdo Natalia...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 28 de noviembre de 2010


Accidente en Ourense no cafe Sil

O pasado xoves produxose un accidente no centro de Ourense, onde un coche estrellouse contra un bar e lesionou de gravidade a un peón.

Isto non pasaría de ser unha nova máis de tráfico se non fora porque o bar en cuestión é a cafetería Sil, "sede" dos amigos Avispados (Clube Vespa-Lambretta Clásica) de Ourense.

Casualidades da vida, fai dous domingos estiven alí tomando café e a dona estívome ensinando e preguntando que me parecía o novo vinilo que acababa de por nunha das fiestras:

Ánimo e tranquilos, que os danos materiais arránxanse...

Tendes a noticia compreta nesta ligazón de La Voz de Galicia.

Un saúdo a tod@s eses amigos Avispados.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 25 de noviembre de 2010


Mis comics favoritos me "representan" en Facebook

Ao longo deste mes extendeusa unha iniciativa moi curiosa en Facebook.

Propuexeron o trocala la foto de perfil, por unha imaxe de banda deseñada, debuxos animados ou os xoguetes da nosa cativez.

¿Cal é o obxetivo final?

Non ver ningunha cara no Facebook, senón unha verdadeira invasión de recordos da infancia.

Pois para iso, ¿que mellor que ver a estas persoaxes, montados nunha escúter?







¿Quén non recorda á "entrañable" Arale??

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 24 de noviembre de 2010


A miña nova montura ...

Non é tan antiga coma o resto dos meus "ferros" pero podese considerar unha clásica oitenteira igualmente.

A miña noa montura é .... unha Vespa TX 200:

Si, xa o sei, é unha "cachola cadrada" pero o mesmo ca outros vehículos da sua época, marcou un estilo distinto e, có handicap de "cadralas" líñas clásicas redondeadas da Vespa, para adaptala á moda oitenteira, creo que o resultado final estivo bastante logrado.

Seguirei mostrándovos a sua evolución...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 23 de noviembre de 2010


Graffitis escuteristas

De sempre gustoume a cultura hip-hop, en todas as súas variantes, tanto no musical, como no baile, como na arte pictórica (graffitis) e se a iso súmaslle un tema relacionado coas miñas queridas escúteres, o resultado final é ... apoteósico.

E para mostra un botón:








Este último, de gran formato, constitúe unha decoración estupenda para un edificio, pero o seguinte, se que se pode considerar unha obra de arte...

Preciosa a reprodución deste patinete Lambretta.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 22 de noviembre de 2010


A Vespa e o cine

"La Vespa e il Cinema" é unha exposición que se inaugurou o pasado 5 de novembro no Museo Piaggio e estará aberta ata o próximo 15 de xaneiro de 2011.

Tal e como a presentan é "Unha viaxe apaixonante entre películas, publicidade, fotografías e carteis que se basean neste mito sen igual"

Dende a oscarizada Vacaciones en Roma, pasando por outras coma Good Morning Vietnam ou as máis actuais Alfie e A Interprete.



Xa sabeis, se teneis pensado pasar por Pontedera (Italia) non dudeis en visitar esta exposición, que fará as delicias dos máis escuteristas.

+ info:

- Web oficial LaVespaeilCinema.it
- Web Museo Piaggio

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 20 de noviembre de 2010


Gañadores do 1º sorteo V&L Culleredo en Facebook

Non pensedes que me esqueceu.... só que non tiven tempo.

O xoves pasado, o número agaciado no sorteo diario da ONCE foi o 28672, así que o gañador do 1ro sorteo V&L Culleredo en Facebook, foi o número 672, que correspondeulle ao amigo de Facebook .......

Piaggio Vespa Motoneta Lambreta

habendo sido agraciados igualmente cun detallito os números anterior e posterior que corresponden a:

Phillip Harford

Pianeta Vespa

Parabén a todos eles, xa mesmo póñome en contacto para enviarlles os seus premios.

E para min .....

MOITAS FELICIDADES POR ESTES TRES PRIMEIROS ANOS DO BLOG

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 16 de noviembre de 2010


Seguimos co sorteo

Xa está preparado a listaxe dos participantes no 1ro sorteo V&L Culleredo en Facebook, que podedes consultar neste evento.

Só recordarvos que o sorteo celebrarase en combinación co número agraciado no sorteo da ONCE do xoves 18 de novembro.

Sorte a tod@s ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 12 de noviembre de 2010


Un paseo pola capi...

Por motivos laborais a partir do domingo postearéi dende a capi ..., Madrid para os mais "puristas" jeje, así que imos comezando con algunhas das imaxes coas que me espero atopar:



Un saúdo e vémonos ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 11 de noviembre de 2010


Outras fotos artísticas...

Xa que onte ensínevos a foto que vou regalar no 1er sorteo V&L Culleredo en Facebook, do logo dunha Vespa Faro Basso que fotografara nunha exposición, hoxe preséntovos outras dúas fotos artísticas da mesma exposición, xa que non só de Vespas vive o escuterista....

Xa falta menos ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 10 de noviembre de 2010


Mil grazas aos amigos do Facebook

Como se adoita dicir, "é de bo nacido o ser agradecido".

Así que seguindo esa premisa e ante a proximidade de alcanzar os 1000 amigos que engadiron a este blog nas súas lista de amizades, valla a redundancia, quero correspondervos organizando o

1ro sorteo V&L Culleredo no Facebook

Para iso non tedes que facer nada, xa que o mecanismo é moi sinxelo.

Cando se alcancen os 1000 amigos (e só aos 1000 primeiros) asignareivos un número de catro cifras (do 0001 ao 0000) por orde alfabética segundo a listaxe que facilita o propio Facebook.

O gañador do sorteo será aquel que o seu número asignado corresponda coas catro últimas cifras do número premiado no sorteo da ONCE do xoves día 18 de novembro, data na que celebramos o 3º Aniversario do nacemento deste blog.

E que hai de premio??? pois como este é un blog humilde non vos podo prometer gran cousa, así que se me ocorreu que como premio o gañador recibirá unha ampliación enmarcada desta fotografía que saquei fai tempo nunha exposición:


A min, persoalmente, encántame, pero claro, a gustos...pintan cores.

Tamén recibirán un detalliño os que teñan o número anterior e posterior ao premiado.

Espero que vos guste esta iniciativa tanto como á min e, senón, non problem ... tan amigos...

Só unha última cousa, a día de hoxe xa hai 990 amigos na miña listaxe... e a piques de chegar ás Mil grazas....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 9 de noviembre de 2010


"Miña foto Favorita" - Museo Marco de Vigo

Continuando coas actividades organizadas polo bo amigo Vespeinado PABLO OSORIO e como continuación a la campaña de recuperación da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia, envioume este mail:

"Con motivo do V Aniversario do MUSEO MARCO de Vigo, o seu Departamento de Comunicación (coñecedores da nosa iniciativa de recuperar a memoria fotografica das Vespas e Lambrettas en Galicia) invitáronme a participar na actividade A miña FOTO FAVORITA.

Durante 15 minutos e diante dunha foto dun Seminarista pousando coa Lambretta de VirxiLio, falarei de como as historias que ata a data fun recompilando sobre estes Scooters e as persoas que os conducían: Curas que exercían o seu oficio en dúas rodas, carreiras na dársena de Bouzas, fotografos itinerantes, viaxes de noivos a distintos puntos de España, saídas conxuntas do Vespaclub Vigo e Vespaclub Pontevedra o día do Apostol a Santiago, entre moitas outras...

Máis que á miña intervención, invítovos a que vos paseis a ver esta impresionante EXPOSICION antes do 24 de abril de 2011, que se irá cara á Sede da Fundación Telefónica en Madrid
"

Anímovos a todos a achegarvos ata Vigo a gozar desta presentación e acompañar a Pablo neste momento tan escuterista.

Un saúdo...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 6 de noviembre de 2010


O A-Z de Vespa

Non, non se trata dunha nova "enciclopedia" sobre a Vespa, nin de información de todos os seus modelos ao longo da historia, nin nada polo estilo, é, soamente iso, un archivador A-Z de Vespa.

Concretamente cunha preciosa Vespa CL que vin na papeleria America, que está na Praza de Vigo na Coruña.

Grazas Victor pola pista...

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 5 de noviembre de 2010


¿Apetécevos un Nes-Café?

Teño que recoñecer que non son moi cafetero (aínda que o fuí) e hoxe en día limítome a tomar unha cafelito de cando en vez evitando, se é posible, o café das máquinas expendedoras.

Aínda que logo de ver este anuncio estoumo reformulando....



Noooooooonnnnnn.....

Xa que si como din "o café pode ser un clásico ...", que hai máis clásico que o tomarse un bo café nunha cafetería de toda a vida.

Gustoume esta idea de integrar como "un clásico" unha imaxe ao Vacacións en Roma.

Vexo con satisfacción como os creativos publicitarios seguen botando man das nosas queridas Vespas para integralas nos seus novos anuncios.

Campaña de Nescafe Dolce Gusto

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 4 de noviembre de 2010


Mercadillo de motos antigas en Goian (Pontevedra)

O próximo fin de semana (6 e 7 nov), os amigos do Moto clube Dalle Gas organizan a 7ª edición do seu xa tradicional Mercadillo e Exposición de Motos Antigas en Goián (Pontevedra), na que, como noutras ocasións, poderemos encontras unha gran feira de recambio, venda e exposición de motos clásicas.

O lugar de celebración será (como nas anteriores edicións) o pavillón polideportivo de Goian, en horarios de:

  • 10:00 h a 14:00 h e de 15:30 h a 20:30 h o sábado día 6
  • 10:00 h a 14:00 h o domingo día 7.

Invítovos a tod@s a ir e gozar dun día entre ferros vellos e repostos de época, onde sempre é posible atopar algo interesante....

Vémonos...

+ info:

- Moto club Dalle Gas

- mcdallegas@mcdallegas.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 3 de noviembre de 2010


SalonAuto A Coruña, saímos en "El Ideal Gallego"

Eiquí tendes un recorte aparecido o pasado luns (1 nov) en El Ideal Gallego:

Hai que recoñecer que saímos moi juapiños....



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 2 de noviembre de 2010


Novidades Vespa no EICMA

No 68º salone internazionale del ciclo e motocliclo (EICMA), que arrinca hoxe en Milán preséntanse as novidades de Vespa para o ano 2011, que son estas:

· Vespa LX Touring:

· Vespa Vie della moda GTV:

· Vespa S Sport:

· Vespa GTS SuperSport:

Pero obviamente a novidade que máis me chamou a atención (e supoño que a todos vós) é a "nova" Vespa PX:






Podedes picar sobre as imaxes para velas con máis detalle.

O resto da información supoño que a ofrecerá o grupo Piaggio, a partir de mañá e non vola reproduzo aquí xa que é moi extensa, só dicirvos que a motorización será de 125 cc e 150 cc, cun motor monocilíndrico e portarán un novo escape con catalizador adaptándose así ás máis severas e modernas normativas Euro3.

Por fin déronse conta do erro que cometeron fai un par de anos, a ver agora como fan coa súa competidora, a xa máis fiable LML.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 1 de noviembre de 2010


Halloween 2010 (Mellor dito, Samaín)

Menos mal que xa pasou a noite de Halloween porque, pase que nos americanicemos celebrando esta festa (con orixe na festa celta do Samaín, por certo), pero a moda esta de disfrazarse de zombies xa me supera...

Imos ter que deixar de chamalo Halloween e vai pasar a ser "a noite de Thriller".

Bo ... ao que imos, escúteres en Halloween.

Esta Vespa co faro-cabaza:

e esta dunha pantasma de condutor é total:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España