lunes, 28 de febrero de 2011


III Vespalacón, Cuntis 13 de marzo

Xa está aquí a terceira edición dunha das citas ineludibles do calendario escuterista galego, o VESPALACÓN.

Cuntis volverá ser o próximo 13 de marzo, a capital galega das Vespas e Lambrettas, sazonadas cunha boa dose de Lacón con grelos e moito humor.


Nesta edición tiraron a casa pola fiestra e sortearán unha Vespa Primavera:

Ademais terán agasallos para os que vaian disfrazados e caracterizados para a ocasión... xa que van realizar un exorcismo colectivo para intentar sacar o demo escuterista, que todos levamos dentro.

+ info:

- Vespalacon.com

Vémonos en Cuntis....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 25 de febrero de 2011


Vespa en Stop Motion

Onte arrincou unha nova edición do Animac, Mostra Internacional de Cinema d'Animació de Catalunya, que converterá a Lleida en punto mundial da animación ata o vindeiro domingo.

Iso recordoume este vídeo realizado coa técnica de stop-motion, que vira fai un tempo:



Eiquí tendes aos protagonistas:

Tamén encontreime en Flickr esta foto dun posible protagonista dun corto de animación.... todo será cuestión de comezar a facer movela plastilina ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 24 de febrero de 2011


Anticipándonos ao entroido

Xa que temos aquí á beira o entroido, que vos parece esta proposta para un posible disfrace vespero:

Teño que recoñecer que a ilustración é unha preciosidade....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 23 de febrero de 2011


Royal Store, moda distinta no corazón da Coruña


Xa vos mencionara aos amigos de Royal Store no post sobre lomografía, pero hoxe tráioos novamente eiquí, para recomendalos como punto de encontro de marcas de roupa un pouco máis alternativas.

É o caso da marca Ben Sherman, de orixe londinense, que pode presumir de ser a cuarta marca de roupa de home máis popular do Reino Unido.

E, xa como vedes, acompañando ao seu nome, a escarapela típica mod, xa que foi unha marca típica deste colectivo.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 22 de febrero de 2011


Motobic Stela, unha escúter "exclusiva" no Retro Auto Galicia

Dentro das curiosidades que poidemos gozar durante o Retro Auto Galicia, foi este raro exemplar de escúter traida polos amigos do Motoclube Compostela, da que me insistiron que era unha Lambretta a pesares de saber dabondo que non o era, pero para que imos discutir....

É unha Motobic Stela (supoño que o modelo de motorización de 100 cc), que foi fabricada en Eibar e as súas últimas unidades en Matiena, a mediados dos anos 60, e das que segun parece fabricáronse só 200 unidades:

A posición central do motor supoño que lle achegaría máis estabilidade que a outros modelos de escúter:

Chamoume moito a atención a transmisión por cadea:

Que vos parece este anuncio da época?:

Nunca che deitarás sen saber algo máis, non??

Encántame ver e descubrir estes raros exemplares, e profundar un pouco máis na historia do escuterismo...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 21 de febrero de 2011


Fotos do Retro Auto Galicia

Onte uns poucos valentes acercamonos ao Retro Auto Galicia, I Salón do Vehículo Clásico e de Época de Galicia e digo o de valentes, porque soportarla auga e o pedrizo que nos chupamos polo camiño era digno de ver:

Pero bo, como eu son dos de sarna con gusto non pica, alí presentamonos e disfrutamos do gran e compreto salón.

Fotos fixen unhas cantas (coma sempre) e disfrutei dunha boa xornada entre ferros vellos, mercadiño de diversos productos de interese e marabillosas restauracións:

Escúteres non habia moitas, pero eso si, de interese:




Tendes tódalas fotos neste album Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 19 de febrero de 2011


Música ska dende oriente

Dende Xapón, o estilo Mod triunfa...

Oi Skall Mates co seu tema Sadness:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 18 de febrero de 2011


Boneco en Vespa

Atopeime esta foto en Unha de Vaqueiros e pareceume moi curiosa:

Non sei se a vós pasaravos, pero a min os bonecos de ventrílocuo provocanme unha mestura de medo e desconfianza....

Paranoias miñas supoño...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 17 de febrero de 2011


Unha ninfa en Vespa

Esta preciosa ilustración foi realizada por un tal Francesco Spinelli, para presentar ao concurso "Época", no que tiña que "vestir" ao personaxe de cómic erótico Giunchiglia co estilo dunha época pasada.

Para iso escolleu esta estampa que nos devolve á Italia dos anos cincuenta.

+ info:

- Galhad en DeviantArt
- Giunchiglia.it

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 16 de febrero de 2011


Calendario 2011

Teño que recoñecer que cada vez sorprendome menos, pero agradezo os detalles máis ca nunca.

Fai uns días un amigo agasalloume con este calendario, que lle deran nun bar:

O único que me dixo foi: "Cando o vin, o primeiro que pensei foi en ti".

Jajjaajajaj, aledame comprobar que o meu frikismo escuterista é máis que coñecido e aledame igualmente ter amigos así.

Grazas Xoan Anxo!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 15 de febrero de 2011


Plano de acceso ao Retro Auto Galicia

Recordovos que o próximo venres arranca Retro Auto Galicia, I Salón do Vehículo Clásico e de Epoca de Galicia e a organización facilitoume o plano de acceso para as distintas concentracións que se van facer ao longo das tres xornadas:

Recordovos tamén a todos, que o domingo día 20 será o Día da moto:

e a I concentración de Vespas e Lambrettas:

O domingo .... ¡¡¡Vémonos en Santiago!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 14 de febrero de 2011


Scooter in Love

Hoxe é San Valentín, e a pesar de que eu amo igual todo o ano, hoxe quería facerlle unha pequena chiscadela ao amor...

Aínda que a mensaxe do cartón non é tan amoroso que debese (Entón, que pensas da scooter?), a imaxe dio todo...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 11 de febrero de 2011


Un, dous, tres ... as tres mellizas

É o que ten ter nenos pequenos, que ao final acabas vendo os debuxos animados con eles (bo é unha escusa barata porque á min de sempre gustáronme, jeje).

E velaquí que o outro día estaba vendo As Tres Mellizas e mira ti por onde, xa nos títulos iniciais:

Siii unha pantasma en Vespa, jajajjaja, vino pasar e fíxome unha graza barbara.

Atopeia tamén este debuxo (colorear.info) para poderes pintar As Tres Mellizas, nunha Vespa con sidecar:

pero o bo é que vexo que os animadores pensaron en engadir as nosas queridas escúteres en máis ocasións:

Así me gusta, para que os nosos peques véxano como un vehículo habitual e poidan seguir os nosos pasos neste mundo escuterista....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 10 de febrero de 2011


Fisiograma Vespa & Lambretta Culleredo

Dende fai un tempo estame encantando descubrir o apaixonante mundo da fotografia e onte deume por probar a facer Fisiogramas (en inglés Light-painting) e a verdade que é un efecto moi curioso:

Estas fotos non están modificadas, sácanse así directamente, "debuxando" con luz mentres o obturador da cámara está aberto.

Fixarvos que eu xa sabía que era un pouco pantasma, pero de aí a que apareza nas fotos de xeito espectral...

A próxima vez levareime unha das miñas escúteres para pola en primeiro plano...

Se queredes saber máis sobre os Fisiogramas:

- Fisiogramas.com
- LightPainting.org

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 9 de febrero de 2011


Vespa Arado

A verdade é que a rede está chea de fotos curiosas, pero en Facebook tamén atopanse outras imaxes, non tan extendidas, pero si moi pero que moi curiosas.

Iste é o caso do uso que lle dá este paisano a unha Vespa, a "Vesp-Arado":

Como dise no meu pobo: "Iso si que é ir polo rego"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 8 de febrero de 2011


Unha Vespa no despacho

Iso foi o que fixo Rafael Blanco no despacho da sua casa de Cambados (Pontevedra).

Meteu unha preciosa Vespa L como elemento da decoración, pero non de calquera maneira senon colgada nunha parede e, a verdade é, que é unha obra de arte:

Unha marabilla a verdade...

Isto si é compaxinala vida particular coa laboral.....

Unha aperta Rafael, vemonos en Cuntis ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 7 de febrero de 2011


Retro Auto Galicia -Concentración Vespa e Lambretta

Como vos contaba o pasado venres, o vindeiro domingo día 20, dentro das activades programadas polos organizadores do Retro Auto Galicia, I Salón do Vehículo Clásico e de Época de Galicia, festexarase o "Día da moto".

Pois ben, coincidindo con este acontecemento, os amigos de Eventos del Motor, pensaron en nós, os escuteristas, e convócannos para celebrar a I Concentración de Vespas e Lambrettas Retro Auto.

Non sei que pensaredes vós, pero eu non vou deixar pasar a oportunidade que nos brindan e, sigo pensando que, para unha vez que se interesa alguén por facer un salon de vehículos antigos en Galicia, que menos que entre todos apoiémolo en maior ou menor medida.

Así gañamos todos ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 6 de febrero de 2011


L'Italiano na Coruña

L'Italiano é un novo local de restauración, que se inaugurou o pasado 28 de outubro, e que se atopa na zoa de Riazor na Coruña.

Dentro das súas actividades organiza cursos de cociña alternativa para amantes do xantar sá e polo seu nome, enténdese, que son pratos da gastronomía italiana.

O cartel ten algo que me chamou (non sei que será, jaja):

Abren, fóra dos Luns e os Domingos pola tarde, todolos días cun horario de 13:00 h a 16:30 h, pola mañá e de 19:30 h a 23:30 h, polas tardes.

Está situado en:

Rua Mª Luisa Durán Marquina 12 baixo (Riazor)
A Coruña, Spain 15011

E para porvos en contacto con eles:

981268053
litaliano.coruna@gmail.com

Seguideos en Facebook: L'Italiano A Coruña

Co que me gusta a min a comida italiana creo que non tardarei demasiado en visitalos...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 5 de febrero de 2011


The Who - The Real Me

Para a noite do sábado, un poquiño de musica.

E que millor que a canción de The Who "The Real Me", que é coa que comeza a película Quadrophenia:




Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 4 de febrero de 2011


Retro Auto Galicia - Dia da moto

Do 18 ao 20 deste mes, celebrarase no recinto feiral de Amio, en Santiago de Compostela, o I Salón do Vehículo Clásico e de Época de Galicia, Retro Auto Galicia.

A organización corre a cargo da empresa Eventos do Motor, S.L., que é tamén a organizadora do maior certame de clásicos da Península Ibérica, AutoClássico Porto, Salón que desde fai oito anos celébrase anualmente na cidade portuguesa do Porto.

É de agradecer que, dunha vez por todas, óptese tamén por Galicia para a organización dun salón relacionado cos vehículos clásicos, xa que a afección cada vez é maior e non todo o mundo pódese desprazar a grandes salóns como o xa mencionado do Porto, Madrid ou Barcelona.

Ademais da exposición de grandes xoias da automoción, haberá un pavillón do recinto dedicado ao mercadillo de pezas e vehículos.

E dentro das actividades paralelas que se van a celebrar durante o Retro Auto Galicia, o domingo 20 festexarase o "Día da Moto", polo que todos os afeccionados que se despracen ata o Salón nas súas clásicas terán un desconto de 2 € na entrada. Ademais, habilitarase un Parking na zona de entrada para estacionar os vehículos.

+ info:

- Eventos del Motor

Vémonos alí!!!!!!!!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España