martes, 31 de mayo de 2011


Chega o bo tempo e destapanse as tatuaxes

Pois si, agora que comez o bo tempo, empiezase a usar menos roupa (ou ao menos con menos tea jeje) e deixanse ver obras de arte coma estas tatuaxes:










Tatuaxes escuteristas claro.

Vou tomando ideas para o que teño pensado facerme, o que pasa é que agora creo que xa é moi tarde e o mejor será que o deixe para despois do verán.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 30 de mayo de 2011


Fotos III 6 horas de resistencia scooter Clásico

O sabado paseime polo cirtuito da Magdalena, en Soutelo de Montes, para gozar dun intre das 6 horas de resistencia en scooter clásico.

Unha boa carreira a pesar de haber poucos participantes:

Houbo ata reivindicacións e todo:



E ao final, o podio conformárono:
1º Posto: Estevez/Mendez
2º Posto: Vasco/Mosquera
3º Posto: Robles/Miranda

Unhas cantas fotos máis:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 27 de mayo de 2011


Outro xoves Golfo no Creedence Rock

Como xa vos comentara nun anterior post, os membros do Golfos Artabros Escúter Clube quedamos todos os xoves (21 a 21:30 horas) no Creedence Rock (rúa manuel Murguía 32 - A Coruña, xusto enfronte do estadio de Riazor), e onte aproveitamos para facer unhas fotos á fachada do local coas nosas vespas.

Desexo que vos gusten:









Un saudo ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 26 de mayo de 2011


RIBERESCUTERADA 2011

Este próximo fin de semana os amigos do Escúter Club de Valladolid, organizan unha nova edición da súa Riberescuterada:

Esta é a información que teñen no seu blogue:

Desde o Escuter Cub Valladolid, proponvos un bo fin de semana entre vespas, lambrettas e amigos.

DATA: 27-28-29 de maio de 2011
LUGAR: Simancas - Valladolid.

PROGRAMA

Venres 27 de maio
22:00 Incripciones e benvida. Petisco na praza de touros e ruta nocturna por Simancas.
23:00 Concerto de Robert e os optimistas.

Sabado 28 de maio
10:00 Entrega da bolsa de inscrición na "Pérgola", Praza Maior de Simancas.
12:00 Saída Ruta Escuterista
13:30 Ruta polas rúas de Valladolid. Petisco en Bar Vitoria (Xunto Gasolineira da Ponte Maior)
15:30 Xantar no Restaurante O Barrio (Valladolid)
17:00 Xogos Autóctonos e Deportivos na Praza Maior de Simancas. Ruta por cultural por Simancas.
22:00 Cea na Praza de Touros de Simancas.
24:00 Concerto na Cova da Moura (Simancas)

Domingo 29 de maio
10:30 Almorzo, petiscos e despedida de amigos.

CONTACTOS
SANDRA: sandra@escuterclubvalladolidcom 607 38 32 76
DAVID: daviddemanuel@ya.com 607 38 32 64

PRE-INSCRICIÓNS: 40 euros a ingresar en conta CAIXA ESPAÑA 2096 0220 12 3350477804 . Data limite 25 de maio de 2011. 45 euros en mesa. Posibilidade de media inscrición 30 euros.

ALOXAMENTO
O concello de Simancas cede o polideportivo para poder durmir gratuitamente o venres e o sabado, con duchas.

Ademais, na propia vila hai diversos hostais.

CASA DE HOSPEDES ARRABAL
C/ Arrabal, 9 SIMANCAS
info@casadehuespedesarrabal.com
645 357 956

HOSTAL
Estr. Burgos-Portugal Km 132.7
983 59 03 75

HOSTAL AS TERZAS
C/ As terzas SIMANCAS.
983 59 04 82

Un saúdo,
ESCUTER VALLADOLID

Un saúdo a vós amigos pucelanos!!!!

+ info:

- EscuterClubValladolid.com

Vespa & Lambretta deNde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 25 de mayo de 2011


Escúter Clásica
Unha nova revista escuterista en castelán

Pois xa decidinme e iste é o meu novo proxecto, unha nova revista dixital para todolos escuteristas:

O primeiro número espero telo preparado para o próximo mes de XULLO, e no que vou incluir diversas reportaxes e novas das que non vou adelantavos nada máis.

Haberá un apartado dedicado aos clubes escuteristas e as concentracións, co que, se queredes que o voso clube e/ou concentración apareza, non dubidedes en porvos en contacto comigo para incluilo na pubricación.

Esta vai ser a primera portada, espero que vos guste:

En canto vaia desarrollando máis revista, ireivolovo contando ....

Uyyyy que medo, ilusión e emoción me entra !!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 24 de mayo de 2011


Inicio do Campionato galego de clásicas

Este sábado (día 28) celebrarase no circuíto de velocidade de Forcarei (Pontevedra), o 3ro 6 horas de resistencia en Scooter clásicas, , arricando os entrenamientos as 10:00 horas e a carreira as 12:00 horas:

Esta proba é a antesala do inicio do Campionato Galego de Clásicas - Categoria Scooter e clásicas.

Eiquí tendes o calendario:

Ao ser este campionato organizado por unha empresa privada, nunhas condicións por ela ditadas, resérvome a miña opinión persoal e limítome a informarvos diso para o voso coñecemento.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 20 de mayo de 2011


A Coruña nos sesenta

Dos miles de powerpoint que recibimos todos en cadea dia tras dia, puiden extraer estas dúas fotos da Coruña nos anos sesenta, onde puiden ver, como non, Vespas:

Recordade que segue en marcha a Campaña de recuperación da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia, e que esperamos que, en breve, convértase nunha mostra fotográfica que podamos montar ao longo da xeografía galega.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 19 de mayo de 2011


Vespa World Days 2011

Hoxe comeza en Oslo (Noruega) a cita máis importante do calendario vespero mundial, o Vespa World Days 2011.

Logo da experiencia que tiven o ano pasado en Fátima (Portugal) esta edición era moi tentadora para asistir, pero os 3500 quilómetros de ruta botáronme un pouco para atrás.

Parabéns a todolos valentes que se achegaron e van gozar dun fin de semana con máis de 120 Vespa clubes chegados de máis de 20 paises, de todos os puntos do planeta...

+ info:

- Vespa World Days 2011

E aproveitando a iniciativa que arrincou o ano pasado, por parte da marca, este ano vólvese a dispor do Vespa Trophy, para premiar a todos aqueles incondicionais da marca que fagan as súas distintas escalas por todolos concesionarios que se atopen polo camiño.

Pola miña banda xa vos digo, o ano que vén xa se verá, Londres 2012 alá imos ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 18 de mayo de 2011


Lambretta cromada

Hoxe estou vago e non me apetecia matarme moito á hora de postear algo así que, aproveitando unhas fotos que teño de fai un tempo, dunha hucha dunha lambretta cromada:

En principio era unha forma de aforrar para a restauración dalgunha das lambrettas que teño en proxecto (sobre todo a LD), pero nunha mudanza que fixen hai pouco cargueima.

Descanse en paz a miña querida hucha-lambretta ...

Teño que aproveitar para actualizar este post con esta verdadeira Lambretta cromada:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 17 de mayo de 2011


II Clandestino Scooter Run Oviedo

Os amigos do Clandestino Scooter Club de Oviedo organizan para o próximo fin de semana a 2ª edición do Clandestino Scooter Run

O programa é o seguinte:

VENRES 20 DE MAIO 2011
Día da receción de Clubes amigos, en LA CARTA DE AJUSTE.

20:00 h. Festa 2º ANIVERSARIO RUN.
Festa Scooterista.


SÁBADO 21 DE MAIO DE 2011
12:00 h. Inscripcións de Clubes e participantes. Entrega de bolsa con agasallo, Camiseta, Cartel, Chapa, entradas a concertos e festas e algo máis ;-)

13:30 h. Saida RUTA CLANDESTINA. Como é costue, a Ruta darase a coñecer no momento da Inscripción.

Agasallo y Xantar na Ruta. Restaurante Sidrería ARBESÚ.

Tarde no Casco Antigu. Festa RedBull.

Noite de Concertos e Festas
22:00 h. Bar LA ANTIGUA ESTACIÓN. Concerto en Directo de Stanley Road + Also Starring.

00:00 h. Festa All nighter. Rocket Bar.
Pinchas: ERNI-E. Valladolid - Adolfo GÉMINIS. Sevilla - Manolo W. León, Jandro Forever...

DOMINGO 22 DE MAIO DE 2011
Ruta turística pola cidade.

Xantar en Pola de Lena (non incluida na inscripción).

Despedida de Clubes e peche.

INSCRIPCIONES
PREZO 32 Euros. Inclúe Festas, concertos, camiseta, chapa, cartel e Bolsa de agasallos, ademáis de Premios e Festa, mooooita Festa!

+ info:

- II Clandestino Scooter Run.

Sorte curmáns-irmáns e que vos saia todo ben, se poido acercareime pero non podo prometer nada ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 16 de mayo de 2011


Video da 1ª Vesparraida

Máis vale tarde que nunca pero acabo de rematar de editar un video sobre a 1ª Vesparraida celebrada o pasado 30 de abril en Portonovo (Pontevedra).

Que o disfrutedes:


Enlace

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 13 de mayo de 2011


XVII Ruta Rosaliana de Motocicletas Clásicas

Como ven sendo costume, os amigos do Moto Clube Compostela, organizan o próximo 17 de Maio (Dia das Letras Galegas), a 17ª edición da Ruta Rosaliana de Motocicletas Clásicas

O comezo das inscripcións sera ás 9:30 horas na Praza Roxa de Santiago de Compostela, dende onde arrancará a seguinte ruta sobre das 10:30 horas.

(Pincade sobre el mapa para vela detallada):

Se queredes levalo traballo por adiantado, eiquí tendes para descarregar a Ficha de Inscripción

Non sei se este ano irei ou non, pero tentareino....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 12 de mayo de 2011


Lola Bunny en Vespa

Onte nun hipermercado atopeime con este conxunto de roupa interior coa imaxe de Lola Bunny montada nunha Vespa.

Tanto na camiseta:

Coma no sostén:


Como, a elexir, na braga ou no tanga:


Buffff, xa me gustaría ver a algunha con este modeliño..... así que se algunha se anima, que quite unhas fotos e envíamas (que prometo colgalas)... jeje

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 11 de mayo de 2011


1º meeting Vespa Club Zamora

O Clube Vespa Zamora , organiza unha quedada esta fin de semana (14 e 15 de Maio) en Toro.

Esta é a información que facilitaron:

Non habra cota de incripcion. E todo a prezos anticrisis!!!

Para a xente que se queira quedar a durmir,hai varios establecementos que lles ofrecen aloxamento e almorzo desde 25 € por persoa, para o que podedes contactar por mensaxe privado coa organización.

Haberà posibilidade do que queira de gardar as motos.

O punto central de chegada sera a praza maior de Touro a partir das 11 da mañá.

Sobre as 12:30 ou 13:00 salirase cara á adega TorreDuero onde nos ensinaran a adega e obsequiásennos cunha degustacion de viño e produtos da terra.

Cando rematemos daremos un rule ata a praza ,onde os bares da devandita praza e os compoñentes do moto club de touro "RODAS RARAS" compartiremos un"petisco moteiro" que nos prepararan a todos os asistentes ,en cada bar distinto e ao prezo especial de 1.50 € cun viño novo ou unha cana. Cada un dos bares colaboradores disporá na súa porta dun distintivo colaborador.

Pola tarde ofrecéronnos unha visita á recien restaurada praza de touros de Toro,unha autentica xoia!,para acto seguido facer unha rutilla ata o pobo da Santa Espina,de ahi ao pobo "amurallado" de Urueña,facendo paradas en ambas as segun nos apeteza para goce de ambas.

De regreso a Toro espéranos unha churrascada no restaurante " A Colexiata" cun prezo por cabeza de 16€!!

Unha vez acabemos na discoteca "Q" ofrécennos unhas copas a 3.5 € na mellor compañia e con algunha sorpresa mais....

E o Domingo para os sobreviventes.....seguiremos informando.


+ info:

- Evento Facebook

Mágoa que nesta ocasión non poida achegarme, porque ten unha pinta bárbara.

Saúdos e pasádeo ben.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 10 de mayo de 2011


3ª Feira do Val Miñor de Vehículos Clásicos

Para ir facendo plans para o fin de semana, o sábado e domingo celébrase no pavillón de Gondomar (Pontevedra), a 3ª edición da Feira do Val Miñor de Vehículos Clásicos.

Segundo a organización din na súa web que haberá todo tipo de recambios tanto para coches como para motos.

Disporán de venda de vehículos clasicos, se hai alguén interesado en vender o seu clásico contacta con eles (info@clasicosvalminor.com)

A entrada será totalmente GRATUÍTA e disporán dun aparcadoiro reservado para clásicos.

Se algún recambista quere pór unha caseta ou se alguén necesita buscar aloxamento ou calquera información contacta con eles, que estarán encantados de axudarvos.

+ info:

- Club de Clásicos e populares Val Miñor

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 9 de mayo de 2011


Marypaz on Vespa

O outro día, mentres esperaba que se me cargase un vídeo, vin este anuncio das zapaterías Marypaz que se apuntan á moda de utilizar unha Vespa como reclamo publicitario, no seu novo anuncio da colección primaveira/verán 2011:




+ info:

- Marypaz.com



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 6 de mayo de 2011


65 anos de historia da escúter máis famosa do mundo

Este é o título do seguinte artigo, publicado o pasado domingo 1 maio no suplemento Extra Voz de La Voz de Galicia.

Podedes picar nas imaxes seguintes para velas máis grandes:

---

Hai que aplaudir a Oscar Ayerra, autor dos textos e a infografía polo laborioso traballo de investigación que realizou (e teño noticias de que foi moi laborioso), para poder plasmar tan claramente os 65 anos de Vespa.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España