sábado, 14 de enero de 2012


Queres unha Vespa gratis??

Non sei que terá que ver a Vespa co ketchup, pero Heinz regalache unha.

Só tes que participar na promoción que teñen colgada en Facebook para elixir a "Escala Heinz" de dosificación de ketchup do novo tapón. (Xa vedes o que se inventan).

Eu xa o intentei, que mira, se me gaño unha Vespa polo morro, só con xogar cun boteciño de ketchup, pois mellor que mellor...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 13 de enero de 2012


Unha LD con Cameron Diaz

Preciosa a verdade....

Unha belísima Lambretta LD, sobre da que posa Cameron Díaz (menos mal que estaba maquillada), nunha foto aparecida na revista Telva.

Que queredes que vos diga .... quedome coa LD e non coa modelo ... O que é friki é friki jajajajja

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 12 de enero de 2012


IV Invernovespa. 28 e 29 de Xaneiro en Melide

Esta é a nota informativa que facilitaron os clubes galegos, ante a celebración da IV Invernovespa.

"Como moitos xa sabedes, dende o ano 2008,cada derradeiro fin de semana de xaneiro, celebramos a xa tradicional Invernovespa que este ano celebrarala súa IV edición. Debido ao gran éxito da última Invernovespa, os Clubes de Escúteres de Galicia decidimos repetir a edición 2012 en Melide (A Coruña).

É importante comunicar antes do próximo martes día 24 a vosa asistenza, ao xantar do Domingo día 29 - Plan "A" - para poder axustala reserva do número de comensais. O prezo da comida será de 10-12 € e o menú está aínda por negociar.

O Plan "B" inclúe ademais a saída cara a Melide o día antes, sábado 28, facendo noite, para xantar alí ao día seguinte. A reserva de habitación correrá por conta de cada un. Para iso facilitámosvos o teléfono do Hotel do ano pasado, Hotel Carlos 96, telf. 981-507633.

Para todos nós, os prezos serán de 20 € a habitación sinxela e 30 € a dobre. Recomendámosvos chamar para reservar canto antes,sobre todo se queredes individual, porque non quedan moitas dispoñibles.

Abrimos xa as listas de inscrición en todolos foros. Ao apuntarse tedes que sinalar o plan que queredes ("A" ou "B"). Recordade que ademais debedes chamar ao Hotel se o voso plan é o "B"

Esperamos vervos a todos en Melide

A Organización
"

+ info:

- Foro Golfos Artabros Escúter Clube
- Foro Avispados
- Foro Vespeinados
- Foro Vespagalaicos Ferrolterra
- Web Scutre Clú
- Facebook As aVespas do Lérez

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 11 de enero de 2012


Isto si que é arte. Unha Vespa de bronce

Para arrincar ben o ano, comezaremos cunha imaxe dunha obra de arte. Unha Vespa de bronce.

Xa vedes que non so de "ferro" viven os escuteristas ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España