jueves, 31 de mayo de 2012


Novo spot de San Miguel

Eu son de ver pouca televisión, pero onte sorprendeume cando empecei a escoitar a nova canción, dos Cidadáns dun lugar chamado Mundo, "Everything you didnt do", para o novo anuncio da cervexa San Miguel. Primeiro pola aparición de Jamie Cullum, que me parece moi bo, pero en canto vin aparecer a Frank T xa o flipei. Pero xa para rematalo, nos cambios de imaxe que fan, ver a Jamie Cullum pilotando unha Lambretta e cambiando despois a unha Vespa, a verdade que foi o apoteose.

Parabéns aos creadores do anuncio por que, na miña opinión, é fantástico. Aqui o teneis, para que podais gozalo como eu: "A cantante Nita de Fuel Fandango, o rapero Frank T e o músico Carlos Sadness, capitaneados por Jamie Cullum crearon xuntos a nova canción dos Cidadáns dun lugar chamado Mundo, que leva por título, 'Everything you didn't do'. O obxectivo deste proxecto colaborativo era demostrar que as fronteiras non existen e que son máis as cousas que nos unen que as que nos separan. Jazz, flamenco, rap... danse a man na nova canción do anuncio de San Miguel para este verán 2012, a canción dos Cidadáns dun lugar chamado mundo. Ano II" + info: - Facebook San Miguel E Eiqui tendelos pasos previos a como pariuse todolo proxecto/anuncio: Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 30 de mayo de 2012


Unha vespa "pra cagarse"

Se fai un tempo vos ensinara un baño-lambretta, agora traigovos unha curiosa foto dun baño-vespa:

O dicho, pra cagarse!!! Si é que hai xente que se aburre demasiado ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 29 de mayo de 2012


Que facer esta fin de semana (1, 2 e 3 de xuño)

A verdade é que esta fin de semana está completiño de concentracións, así que ao menos teremos onde elexir: 4ª SUBIDA AL FITU EN VESPA & LAMBRETTA (1 e 2 de Xuño)

+ info: - Evento en Facebook XI SCOOTER RALLY COSTA BLANCA (1 e 2 de Xuño)
+ info: - Evento en Facebook III SCOOTER RALLY CIUDAD DE LEBRIJA, (2 de Xuño)
+ info: - Evento en Facebook E recordade tamén que temos en Galicia a V Scooterada Ourensana, á que euo asistirei ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 28 de mayo de 2012


V Scooterada Ourensana

Este próximo fin de semana (2 e 3 de xuño), os amigos Agudos de Ourense, organizan o seu xa tradicional Scooterada, chegando nesta ocasión á 5ª edición.

O programa será o seguinte: SÁBADO 2 DE XUÑO 18:00 ? 20:30 hs: INSCRICIÓNS No local social do club: Café Bar Sil (Bedoya, 6) 20:30 hs: RUTA POLA CIDADE 20:45 hs: PARADA PARA UN REFRIXERIO: ?PINCHOTEO? Na TAPERÍA DO PANCHO (Greco, 4) Coa presenza de Raúl García, un dos mellores na arte de cortar xamón. 22:00 hs: RUTA POLA CIDADE Achegarémonos ata a zona das Burgas onde gozaremos dun espazo termal inigualable en pleno corazón do Casco Histórico. (Imprecindible bañador e toalla) 23:00 hs: CEA Próxima á zona termal, gozaremos dunha agradable cea nunha carpa habilitada para a V Scooterada (Xentileza da Concellería de Termalismo do Concello de Ourense) 00:30 hs: SAÍDA NOCTURNA Para os que queiran gozar do bo ambiente nocturno na contorna do Casco Histórico. Locais como "Miudiño", "Pop" e "Trinta e Tantos" colaboran coa Scooterada e teremos sorpresas para os asistentes. DOMINGO 3 DE XUÑO 10:30 - 12:00 hs: INSCRICIÓNS e EXPOSICIÓN Terán lugar na Praza Maior de Ourense. 12:00 hs: FOTO FAMILIAR Praza Maior de Ourense. 12:15 hs: RUTA POLA CIDADE:?Coñece Ourense?. Percorrido urbano visitando os lugares máis representativos da cidade mostrando aos ourensáns o colorido e vistosidade das nosas Vespas e Lambrettas. 13:00 hs: VISITA GUIADA A Parque MONTEALEGRE. Visitaremos un espazo cheo de natureza, de relevancia para todos os ourensáns e que constitúe unha fabulosa atalaia natural para contemplar toda a cidade (Tomaremos un aperitivo xentileza da Concelleria de Medio Ambiente) 14:00 hs: EN RUTA Desprazarémonos ata a veciña localidade de Cudeiro onde gozaremos dunha agradable comida. 14:30 hs: COMIDA XANTAR Restaurante SanMarcos, en Cudeiro. 16:30 hs: ENTREGA DE OBSEQUIOS , AGASALLOS E ALGO MÁIS...
Así que se che queres unir ao Clube da Vespa, só tes que cumprir coas normas do Clube da Vespa:

+ info: - Blogue da V Scooterada Ourensana - Facebook da V Scooterada Ourensana Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 15 de mayo de 2012


Fotos do Fegaclasic 2012

Xa sei que non vai sen tempo, porque fai máis dunha semana que pasou, pero por fín eiquí tendes as miñas fotos:

Tendes o resto das fotos nesta ligazón. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 4 de mayo de 2012


Fegaclasic 2012

Este fin de semana xa teño plans .... Arrinca unha nova edición de Fegaclasic en Pontecesures (Pontevedra), e xa van seis.

Segundo informan desde a web oficial: "Automóbiles, motocicletas, vehículos industriais, exposición de recambios, trial indoor, xincana moto clásica... Ademais este ano contarán cun parque de seguridade viaria da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, para que os máis pequenos familiarícense coas condutas adecuadas para circular polas vías públicas. Na parte divulgativa, inaugurarase unha exposición sobre as antigas Feiras do Automóbil de Ocasión de Pontecesures. E moito máis...." O devandito, alí estarei este finde ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 2 de mayo de 2012


Un can nunha vespa, nun templo???

A verdade é que non deixo de asombrarme dia a dia, coas cousas que me atopo relacionado coas nosas queridas escúteres. Nesta ocasión, deixoume bastante perplexo, a visión desta foto:

Foi tomada en Nong Khai, que é unha pequena cidade, ás beiras do río Mekong, principal punto de comercio entre Laos e Tailandia. A imaxe está sacada no Templo Keaw Ku, onde as esculturas van máis aló da crenzas. Unha colección que vai desde a máis clásica representación dos avatares hindús a un desfile de "cans antropomórficos", onde se inclúe o can da fotografía montando unha Vespa, á entrada do complexo. + info: - SPIRITUALITY IN NORTHEAST THAILAND O devandito, velo para crelo ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España