jueves, 28 de junio de 2012


Outro anuncio vespeiro

Nesta ocasión a sido Orange a que utilizou as vespas para dar unha imaxe estival no seu novo anuncio. O anuncio, gravado en Rolda (Malaga), móstranos un par de vespas laranxas, cor da compañia telefónica

Que o disfrutedes: Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 27 de junio de 2012


Fotos do VWD London 2012

Non todo ia a ser malo no Vespa World Days, tamén aproveiei, como non, para sacar unhas cantas fotos das máquinas que alí deronse cita, eso si, nesta ocasión non fixe moitas polo cabreo que tiñía poa mala organización, pero algunha hai jajajajjaj....

O resto tendelas nesta ligazón. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 26 de junio de 2012


Crónica do Vespa World Days London 2012

Xa acabou (e menos mal) a edición longuinense do Vespa World Days 2012, e digo menos mal por que en resumo foi unha auténtica porcallada. O primeiro e máis grave fallo, baixo o meu parecer, foi o organizalo nunha megaciudad como Londres, onde, calquera con dous dedos de fronte, sabe que se vai a atopar graves problemas de circulación, como así foi.

Eu cheguei o xoves pola tarde pero ata o venres pola mañá non me achegue ao Ou2 Area, sede da concentración, que se, é un lugar extraordinario pero queda niso, unha preciosidad de sitio. Non vin un só cartel que indicase que alí se celebraba a máis importante concentración anual, a nivel mundial, de vespas, e non só é porque eu non os vise, é porque non había nin un. Cando cheguei á zona de estacionamento das vespas (apartado nunha esquina preto dunha zona de obras) preguntei a un membro da organización (perfectamente identificados polos chalecos reflectores) onde se atopaba a mesa de inscricións onde poder recoller a miña acreditación, e díxome que nin idea. O segundo ao que preguntei indicoume que creia que estaba dentro do Ou2. Unha vez ía acceder ao Ou2 retivéronme os gardas de seguridade e dixéronme que sen a acreditación non podía pasar, e que tiña que solicitala nunha carpa na zona de estacionamento. Logo de regresar a esa zona e xa que non ví ningunha carpa de inscricións, volvín preguntar a un membro da "organización" e díxome que estaba dentro do Ou2. Volvín de novo a dentro, esquivando aos gardas de seguridade que dependendo como lles apetecese parábanche ou non e conseguín, por fin, chegar á mesa de inscricións (logo de percorrerme todo o Ou2 xa que esta tampouco estaba indicada). Alí, non atoparon a referencia da miña pre-inscrición e tiven que estar esperando un bo intre (xa que tiven que inscribirme a través do Vespa Club Portugal xa que o Vespa Club de España, é ben sabido que non funciona). Xa farto de esperar incorporeime a unha ruta "organizada" que saía pola tarde, que, tras preguntarlle a un madrileño por onde ía ser, díxome o que lle dixo un membro da organización ao que o preguntoulle o mesmo, obtendo como resposta, "Surprise". E tanto que foi unha sorpresa, xa que nos incorporamos a unhas tremendas retencións de tráfico que non vexas. No medio da ruta tiven que parar a respostar (como outros) e xa perdín ao resto, así que volvín ao Ou2 de novo. Xa farto de esperar que non houbese nada preparado, funme só a gozar do centro de Londres eu só, onde observei que moitos outros pensaran o mesmo, xa que se vían vespas por todas as esquinas, cada un ao seu aire. Afortunadamente ao regresar a última hora ao Ou2 me encontre cuns amigos valisoletanos (Vesperdidos), cos que me fuí a cear e gozar un intre da noite longuinense. O sábado, día central da concentración, xa recollida (non sen demora) da miña acreditación, dispuxémonos a realizar a ruta oficial, á que, por culpa do que nos atrasaron na inscrición, perdemos e non puidemos unirmos ao groso do grupo. Menos mal que cando ibamos a coller ao Vespa vimos a un membro da organización cun grupiño dunhas vinte motos, ás que nos unimos con intención de dar alcance á ruta. Ás dez millas de sortear vehículos nas aglomeradas estradas de Londres, o noso guia nativo, parouse á esquerda e díxonos que era imposible pillalo. Creo que ao final foi o mellor, xa que segundo o que me comentou xente que se habia intentado facer a ruta oficial, tiveron problemas de circulación, xente que quedaba descolgada por culpa dos atascos, e ata a policia detívoos e díxolle que non era posible circular un grupo tan grande de motos e que se dispersasen. Pola nosa banda gozamos dunha fántastica ruta polo centro de Londres cun guia de excepción, que encima nos estivo ensinando os sitios turísticos desta gran cidade e dando explicacións dos distintos monumentos. De regreso ao Ou2, a gozar da "cea de gala" foi xa o colofón dunha "fantástica" organización. Para empezar cando recollín a miña bolsa de recordos incluídos na inscrición a sorpresa foi tremenda. Unha camiseta, talla XL, porque era a que quedaba (Pero imos ver, para que indique eu a talla de camiseta que quería o dia que fixen a inscrición oficial??? Como pode ser que se pechasen as 2000 inscricións fai máis de dous meses e teñan que montarme unha bolsa no momento para o meu, non tiñan preparadas e reservadas esas 2000 bolsas??? Bo realmente para a merda camiseta pois é o de menos, pero fode igual. Outra cousa non, pero o que se que había era seguridade e iso xa foi esaxerado. Na mesa de inscrición, dentro do Ou2, o primeiro control de seguridade. Saímos de novo por outra porta ao exterior (nunha zona valada e pechada) o segundo. Na zona onde estaban instaladas unhas carpas, valado en todo o seu perímetro, o terceiro. Na porta da carpa da cea, o cuarto. En fronte da carpa da cea, había outra pequena carpa, onde había un pequeno bar, que no seu exterior había unha pequena terraza duns 2 m2 (se, sen esaxerar) onde había outro segurata para evitar que se sacase a bebida fóra. Ahhhhhh e a zona de fumadores, bufffff, no exterior da zona perimetrica que abarcaba todas as carpas, encerrados entre uns valos. A cea foi esperpéntica. O de gala debía de ser polas cadeiras pintadas de dourado e a cubertería digo eu. Un entrate a base de salmón (frio claro, que para o día xeado que facía era o mellor), un higado con guarnición de prato principal e unha torta xeada (ideal tambien coa temperatura que facía) completo o "banquete". O mellor foi a bebida, onde se que había variedade, podías escoller entre auga con gas ou sen gas. Buffffffffffffffffffffffffff, así foi que segundo a xente ía terminando o ágape, empezaban a desfilar e nin discursos nin hostias. O domingo xa non me molestei nin en achegarme ao Ou2, para o meu xa terminara o deplorable VWD 2012 e arranque temperán dirección Brighton á espera que este fose un exemplo do que nunca se debe facer nunha concentración e, menos aínda, nunha da importancia que ten un Vespa World Days. En resumo, que foi o que máis escoite ao longo do fin de semana en boca de todo o mundo, o VWD Londo 2012 foi: "Shit, shit, shit" Eu só me quedo coa agrabable recompensa do que foi a experiencia en se da viaxe de ida e volta a Londres na miña TX, onde se que pode gozar de paisaxes e estradas dignas de mención, así de poder gozar desta afección con xente chegada de distintos paises. Esperemos que as seguintes edicións sexan mellores que esta, pero bo, non será moi dificil de superar. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 22 de junio de 2012


2ª Xuntanza Motos Históricas de Sanxenxo

Esta fin de semana, celebrase en Sanxenxo (Pontevedra), a II edición da Xuntanza de Motos Históricas, organizada poos amigos de Motoreina (Peña de amigos da moto clasica). + info: - Motoreina. Vemonos alí o domingo... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 7 de junio de 2012


Fotos da V Scooterada Ourensana

Eiquí tendes, recen saidas do forno, as fotos da V Scooterada Ourensana, que puidemos disfrutalol pasado fin de semana:

O resto das fotos neste ligazón. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 1 de junio de 2012


Iste si que é un saúdo moteiro

Despois de ver este video, no que aparece unha curiosa escúter checoslovaca, unha Cezeta, teño máis claro que este debería selo saúdo moteiro por excelencia:

Fantástico o final, porque, obviamente, o saúdo moteiro faise con TODOLOS moteiros jajajjajajajajaja
E continuando con esta serie de anuncios para a compañia telefónica T-Mobile, estos outros dos videos, son iguais de graciosos: Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España