jueves, 27 de septiembre de 2012


Vespaña

Encontreime con esta curiosa imaxen, realizada por Alen Lauzan para o xornal El Gráfico de Chile, para representala victoria da selección española de futbol contra a de Italia na pasada Eurocopa.

Eu quedome có curioso, e atinado, concepto de Vespaña Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 21 de septiembre de 2012


V Memorial José Ramallo "Pequecho"

Mañá, sábado 22, celebrase en Culleredo a 5ª edición do Memorial José Ramallo "Pequecho". A concentración comezará ás 12 horas no centro social "O noso lar" (eiquí tendes a ligazón a Google Maps) e a partires de ahí, unha boa xornada sobre duas rodas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 20 de septiembre de 2012


Ata sempre Rafa...

Onte partíuseme a alma ao recibir a desafortunada nova do falecemento dun gran home e un gran amigo. Todolos que o coñeciamos creo que só podemos dicir cousas boas del. Que lle imos a facer, as enfermidades non elixen con quen ensañarse e pódenos tocar a calquera, iso non quita que me foda que lle toque a unha boa persoa coma el.

Ata sempre Rafa, terémosche sempre presente ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 19 de septiembre de 2012


Wheels. Disfruta sobre rodas!

O pasado día 9, con motivo da 1ª Concentración Vespa Paseo Marítimo do Amorne, tiven a posibilidade de coñecer a un dos integrantes deste interesante proxecto: Wheels Tv.

Segundo definense eles mesmos: "Wheels é un proxecto audiovisual para compartir sensacións sobre rodas. Vivir coma de un diferentes experiencias da cultura do motor. Ofrecer perspectivas do que para algúns é un simple medio de transporte, pero que para outros é unha forma de entender o mundo e aproximarse á sensación de liberdade." Eiquí tendes o vídeo que realizaron da concentración do Temple:

Unha auténtica maravilla a verdade. Moitas Grazas amigos de Wheels, seguide así, estaremovos observando ... + info: - WheelsTv.tk - Wheels en Facebook Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 17 de septiembre de 2012


Quen é Vespa???

Recoñezo que son un apaisonado da música hip-hop e el rap en castelán, e rematei de descubrir a un rapeiro ecuatoriano que, segundo din, "é un gran expoñente urbán, o quen demostrou que ten o respeto e apoio ben gañado", o cal chamoume moito a atención ...

Chámase Vespa e parece ser un referente no seu pais. Non están mal os seus temas, boas bases, rima clara e direta e a tematica... pois coma todolo mundillo, falando dos probremas que o rodean. Xuzgade vos mesmos:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 15 de septiembre de 2012


Cualquier Tiempo Pasado

Con este nome dáse inicio a unha nova web que é a continuación a un proxecto iniciado fai dous anos, a "CAMPAÑA DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA FOTOGRÁFICA DAS VESPAS E LAMBRETTAS EN GALICIA", da que xa vos falou fai un tempo.

Onte despraceime a Vigo á presentación da web Cualquiertiempopasado.es, no Museo MARCO (Museo de Arte Contemporaneo), onde os seus responsables, deron a coñecer como se expuña a web e os propósitos para a mesma.
Tal e como se definen eles mesmos: Cualquiertiempopasado.es un magazín para visitar en Vespa ou en Lambretta no que recompilamos historias con reminiscencia Vintage. En calquera lugar, pasaron e pasarán, momentos que merecen a pena ser recordados. Nós empezamos aquí coa nosa recompilación. Pero somos ollos, oídos e escaparate, de todas esas historias que merecen seguir sendo contadas. Na presentación non estiveron sólos, xa que foron arroupados por uns incondicionais vespistas chegados desde distintos puntos da xeografía galega e, especialmente de Vigo, representados polos Vespeinados e o Vespa Club de Galicia.
A partir de hoxe xa se pode consultar a web, na que, de momento, só subiron 100 fotografías, pensando en non emborracharnos. Nas próximas semanas iran subindo aos poucos as 5oo restantes. Non olvidedes esta web cualquiertiempopasado.es, xa que dará moito que falar .... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 5 de septiembre de 2012


1ª Concentración Vespa paseo marítimo do Temple

O próximo domingo día 9, o Golfos Artabros Escuter Clube, en colaborazón con La Terraza e Bon Vivant, organizan a 1ª Concentración Vespa Paseo Marítimo do Temple - Cambre (A Coruña).

A apertura de inscripcións comezará as 11:30 horas, no paseo marítimo do Temple-Cambre (A Coruña), entre La Terraza e o Bon Vivant. As 14 horas iniciarase a ruta polo concello de Cambre. As 15 horas poderemos degustar, todolos participantes, unha churrascada. Ao rematarlo xantar, farasela presentazón da reinterpretación dun antigo Vespa cocktail, en colaborazón coa web cua lquiertiempopasado.es, que o localizou nunha antiga revista do Vespa Clube de Vigo, de febreiro de 1.958 e que servíase na cafetería americana Pedro, na praia de Samil - Vigo.
Tamén presentarase un novo Vespa Coctel a cargo de Hector, dono cocteleiro do Bon Vivant. O prezo da inscripción será de 5 euros e incrúe o xantar e a degustación do coctel Vespa. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España