miércoles, 31 de octubre de 2012


Happy Halloween!!!!

Pois non sei que dicir do Halloween que non dixera xa noutros anos, pois que é unha festa máis e haberá que aproveitar o festivo ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 30 de octubre de 2012


I'm one (21st Century Mods)

"Un mod real non elixe ser un mod, descobre que é un mod. Non é só unha simple moda, é o camiño que che fai sentir, actuar e expresarche a ti mesmo. O Mod está na alma" Con estas palabras, arrinca I'M ONE (21st Century Mods), un libro de máis de 160 páxinas sobre a escena Mod, no que se recolle unha colección de impresionantes instantáneas do fotógrafo, de orixe alemá, Horst A. Friedrichs.

O libro ofrece un retrato sensible da comunidade Mod de Gran Bretaña da década pasada e unha visión única da diversidade da escena Mod contemporánea.
Friedrichs captura unha sección transversal dos que son escravos de todalas cousas con estilo modernista ou sesenteiro. En I´m One: 21st Century Mods, revélase unha próspera subcultura británica que abarca a moda, a música e os medios de transporte da época, pero cunha tinguidura contemporánea.
Como un dos protagonistas do libro dixo: "O pasado xa pasou, pero o espírito Mod nunca morre"
Podedes botarlle unha ollada ao libro neste pequeno resumo colgado en Issuu:
Así que xa sabedes: Se queres lucir coma un Mod, posar coma un Mod ou bailar coma un Mod, este é o libro que precisas. Sede benvidos, Mods do século XXI... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 29 de octubre de 2012


The Unlovables

The Unlovables (Os antipáticos), son unhas viñetas con aventuras escuteristicas post-apocalipticas incruidos na banda deseñada "The two percent solution". Bonitos gráficos e ilustracións coas escúteres de co-protagonistas..

+ info:
The two percent solution
Unha curiosidade escuterista máis... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 26 de octubre de 2012


Miabueloteniaunaigual.es

Por diversos motivos que non vos vou a explicar, comunícannos este cambio no referente ao achivo fotográfico das Vespas e Lambrettas en Galicia:

"Estimados amigos, o motivo deste comunicado é indicarvos que a partir de hoxe o ARQUIVO FOTOGRAFICO DAS VESPAS e LAMBRETTAS DE GALICIA desvincularase completamente tanto do dominio CALQUERA TEMPO PASADO como das súas redes sociais e contidos. Aqueles que esteades interesados no proxecto de RECUPERACION DA MEMORIA FOTOGRAFICA destes scooters en Galicia, podedes seguir facéndoo no novo dominio www.miabueloteniaunaigual.es (que estará activo nuns días) e tamén nos estes perfís de Facebook: www.facebook.com/Miabueloteniaunaigual e Twitter: bit.ly/RFASrT (xa operativos), onde vos esperamos cos brazos abertos. Informarvos tamén que desde mañá sábado 27 de outubro, CALQUERA TEMPO PASADO terá un novo administrador de contidos. Neste sentido, pedirvos desculpas polos inconvenientes ocasionados." Pois estaremos atentos a este novo dominio e perfil no Facebook, que esperamos continuen coas noticias e artigos de interese ao que nos tiñan afeitos. Moita sorte Pablo e sabes que no que che poida axudar eiquí tesme. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 18 de octubre de 2012


Outro lenzo escuterista

Hoxe traiovos outro bonito cadro cunha escúter, non xa coma protagonista, senon facendo conxunto con todolo contexto.

O autor en Leandro Lamas e podedes ver mais obras suas no seu blogue. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 16 de octubre de 2012


Vespop-Art

Encontrei esta preciosa foto dunha obra da ilustradora xordana Rasha Eleyan.

Na miña opinión, ao creala ao máis puro estilo Lichtenstein, combina perfectamente a beleza atemporal da moza e da Vespa. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 15 de octubre de 2012


Unha Vespa branca

Aproveitando que este pasado fin de semana realizouse a VI Volta a Galicia en escúter,e foron visitala mariña lucense, desde Viveiro (Lugo), o grupo musical Teléfono rojo, presentannos o seu novo videoclip do seu sencillo "Una Vespa blanca."

Podedes seguir a Teléfono rojo en: - Facebook - Twitter
Curiosas as imáxes, vespeando o paseo marítimo de Covas e aa praia de Area ... Eiquí tendes lo video: Ver en Youtube Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 11 de octubre de 2012


VI Volta a Galicia en Escúter

Os próximos días 12 e 13 de outubro, celebrase a VI Volta a Galicia, organizado polo Escúter Club de Galicia.

O percorrido deste ano,é aproximadamente o seguinte: 1ªetapa venres 12 de outubro: Xantar en Lugo (onde todos agruparemonos)-Vilalba-Viveiro-Burela (cea, vesparranda nocturna e durmida) 2ªetapa sábado 13 de outubro: Burela-Foz-Mondoñedo- Vilalba (xantar y remate da volta) Non existe cota de inscripción e estanse xestionando os xantares en sitios económicos. O prezo do aloxamento é de 30 € a habitación dobre e a cea saledrá en uns 10 € no Hotel Sargo de Burela. As reservas correrán por conta de cada un. Teléfono: 982 581079 Os amigos do Clube Avesporas da Mariña están organizando unha recepción na que incluén varias visitas programadas, e por suposto, unha noite de festa garantizada na capital da Mariña Lucense + info: - Foro Vespeinados Vigo - Foro Avispados Ourense - Gol-foro Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 5 de octubre de 2012


6 horas resistencia en scooter clásico - Memorial Rafa Blanco

Mañá celebrase no circuito da Magdalena, en Soutelo de Montes - Forcarei, as 6 horas de resistencia en Scooter clásico. Organizado polo Clube Motos Vellas do Salnés, esta edizón ten un caracter máis emotivo, xa que aproveitase para facelo Memorial Rafa Blanco, amigo e compañeiro recentemente falecido.

A carrera comeza ás 12 horas e remata ás 18:00. Non sei se poderei achergarme pero tentareino... Vai por tí, RAFA!!!! Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 1 de octubre de 2012


Vespolvada en Lugo

Como xa vai sendo habitual, cheega unha cita clásica na axenda do Golfos Artabros Escuter Clube, a nosa Vespolbada en Lugo. Será o próximo domingo dia 7 de outubro.

Faremos a salida desde El Temple-Cambre sobre das 11 horas. Camiño a Lugo pola N-VI, con parada en Guisamo ou Betanzos para xuntarnos coa xente que ven da zoa de Ferrol. Ao chegar, xantar nunha pulpeira. E ao rematar, paseo e sobremesa en Lugo. Espero que o tempo acompañe ... e senon, traxe de auga ... + info: - Gol-foro Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España