Este é o derradeiro post deste ano que remata, pero tamén podería selo primeiro do ano que comeza.
A todolos que seguistedes este humilde blog (e aos que non), mil grazas, non sabía que as miñas paranoias e divagacións poderían ter algún interese para alguen máis ca min.
Desexo que para o ano que comeza se cumpran todolos vosos obxetivos e, que o máis bo do 2009 convertase no peor que vos aconteza no 2010.
Un saúdo a tod@s.
Fas
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 30 de diciembre de 2009
lunes, 28 de diciembre de 2009
sábado, 26 de diciembre de 2009
Video "A Vespa Christmas in Seoul"
Hai que vela cabalgata de Papa Noeles que se montaron en Seul:
Eiquí tédela ligazón.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 25 de diciembre de 2009
miércoles, 16 de diciembre de 2009
A incombustible Barbie, que cumpreu xa os 50, ten entre os seus accesorios, coma non, unha Vespa en varias cores:
A substitución xeracional, as My Scene, tamén dispón deste bo medio de transporte: Pero o que máis me chamou a atención é o Baby Born:
E pregúntome eu, que deseñador de Zapf Creation ocurriouselle a idea de montar a un bebe nunha vespa? Porque o do boneco bebe o máis realista posible está ben, pero mellor que queden co de tomar o bibe, facer pipí e popó e deixen o de montar en escúter para cando sexan mozos.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 14 de diciembre de 2009
Algunhas ideas para agasallar en Nadal
Xa cada vez falta menos para o Nadal, esa época tan consumista do ano, asi que, que menos que comezar a mirar que agasallos interesantes podemonos atopar.
Hoxe traiovos un balancín vespeiro a mar de logrado:
A verdade é que non lle falta detalle:
Vino en Motoblog.it, e segundo din, esta Vespa Rocking Horse está feita de fibra de vidro, metal e coiro de imitación para o asento, o traballo dun artista certamente.
Que sorte que ten o pequeno Diego: e que contento que se lle ve.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
domingo, 13 de diciembre de 2009
Como non so de fotos vivimos os escuteristas, permitínme grabar estes videos, no xantar e nas carreiras de lentos (e non tan lentos) que fixemos despois, nos postres.
Moi divertido si, e dificil tamén, hai que recoñecerlle o mérito os que son capaces de montar tan despacio nas escúteres.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
sábado, 12 de diciembre de 2009
Os Golfos Artabros en "Un año de Voz"
Hoxe pasexando polo centro da Coruña vín os cubos coas fotografías, que forman a exposizón Un año de Voz, que instalou La Voz de Galicia coas "imáxes máis impactantes do último ano".
Son 44 lámias de máis de dous metros de alto, que, coma a propia nova do xornal dicía: "Estas fotos captan a alma da Coruña".
E entre elas, cal foi a miña sorpresa, encontreime esta marabilosa foto de César Quian:
Como diría a sua Maxestade, "cheame de orgullo e satisfación".
Grazas, mil grazas a La Voz de Galicia por considerar que, o noso pequeno graniño de area, no gran apoio que se lle deu á Torre de Hércules a convertirse en Patrimonio da Humanidade, sexa para eles unha das imáxes do ano.
Eiquí tedes a ligazón á nova en La Voz.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 10 de diciembre de 2009
A escuterada organizada polos amigos do Leon Scooter División esta fin de semana, co motivo do festival internacional Purple Weekend, foi todo un éxito.
Alí fumos catro Golfos Artabros (duas Vespas) a acompañar aos leoneses, pucelanos (Vesperdidos) e demáis asistentes e teño que dicir que foi unha marabilosa experiencia. O ambente mod era total e había unha boa xente en xeral que o convertiu nun finde perfecto.
Eiquí tedes unhas cantas fotos para abrila boca:Tedes o resto de fotos que saquei, neste albúm Picasa
+ info e fotos:
- Blog do Leon Scooter División
- Album Picasa dos Vesperdidos Valladolid
- Album Picasa das fotos do sabado 05 do Leon Scooter Division
- Album Picasa das fotos do domingo 09 do Leon Scooter Division
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 1 de diciembre de 2009
Un aNo máis celebrase en León, o festival internacional Purple Weekend, do 4 ao 7 de Decembro, na que será a sua vixésima primeira edición.O xa considerado estandarte do movemento mod sixtie en España, celebrase coma anos atrás, coincidindo coa ponte da Constitución e xunto a él desarrollanse outras actividades paralelas relacionadas, coma son o mercado de discos, exposicións sobre a música e o movemento mod e .... como non, unha scooter-run.
Esta escúter-run está organizada polos amigos do León Scooter División - LSD, e desarrollarase, tal e como recolle o seu blog, co seguinte programa:
Sábado 5
Scooter run e xantar de fraternidad con actividades.
O xantar e as actividades son no Campus de Vegazana.
Cita á 12,30 h no MUSAC - Museo de arte contemporáneo de Castela e León
Domingo 6
Scooter run e tapeo polo centro de León, co Clube do mini.
Cita a 12,30 h na Praza de San Marcelo
Martes 8
Despedida e peche, si o tempo e as ganas o permiten.
Os scooter run faranse en función do tempo.
+ info:
- Web do festival Purple Weekend 2009
- Blog do León Scooter División - LSD
- Ligazón a Google Maps con todolos puntos de interesse do Purple Weekend 2009Por certo, a non ser que se produza unha desgraz ¡¡¡ VEMONOS ALÍ!!!
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España