Mostrando entradas con la etiqueta Roupa e complementos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Roupa e complementos. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de marzo de 2013


Unha escúter para encender pasións

Unha nova frikada que me regalaron, un precioso chisqueiro tipo zippo, da marca Italian Scooter, coa imaxen dunha Lambretta. Precioso!!!! Grazas Tony pola sorpresa ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 1 de marzo de 2013


Zapatillas Vespa by 919 pasos

Acabo de ver estas preciosas zapatillas pintadas a mán obra de 919 pasos. Unha auténtica preciosidade!!!! + info: - Blog 919 pasos - Facebook 919 pasos Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 28 de febrero de 2013


Morriña Retro

Morriña Retro é unha tenda situada en Vilagarcía (Pontevedra), onde se poden atopar artigos de agasallos de estilo Retro. Ata alli achégueme recentemente para saudar aos seus propietarios e ver que curiosidades podía atopar e, a verdade é, que teñen un bo arseal de frikadas escuteristas: E, como non, púidome a miña paixón e regáleme unha preciosa reproduccion dunha Lambretta patinete: Así que xa sabedes, tendes un novo punto de encontro para localizar ese obxecto de agasallo distinto que, cun estilo retro, abarrota as suas estanterías e escaparete Alí teredess a Susana, que vos atenderá en todo o que necesitedes (Un saúdo Su) E aproveitando, para que a xente de Morriña Retro descríbanse, utilizarei as súas propias palabras: "Afirman as biblias do noso tempo, que non son outras que as revistas e os blogs de tendencias, que o máis en grao sumo en cuestión de moda é o retro, a estética vintage. En Vilagarcía, desde fai un par de meses funciona unha tenda de agasallos e complementos orientada claramente, e desde o seu propio nome, a esa tendencia. Morriña Retro, que así se chama, é o paraíso do vintage e da originalidad. A súa propietaria, Susana Moreira, afánase por descubrir aquí e alá, en exclusivos catálogos e en distribuidores internacionais, pezas en grao sumo orixinal que, chegadas estas datas, convértense nunha máis que interesante opción para este ano eludir a manida gravata ou o inevitable perfume á hora de suscitarse un agasallo navideño. O abanico de posibilidades é en grao sumo variado, para todo tipo de públicos e idades e difícilmente descriptible, tal é a cantidade de sorprendentes opcións que desde Morriña Retro ofrécense. Bolsos de viaxe ao máis puro estilo retro, reloxos de parede sobre vinilos ou sobre bólas de espellos, espertadores con iconos do mundo do cine ou da música, felpudos con inscripciones en grao sumo simpático, huchas de mil formas, originalísimas cuncas, replicas de coches e de motos antigas, caixas de metal? calquera obxecto pode ter cabida sempre que evoque con gusto ou con humor aqueles marabillosos anos. A pesar do pouco tempo que leva aberta a tenda, Morriña Retro xa ten os seus ?grandes éxitos?, como a cunca en forma de cubo Rubik, o cenicero iPhone, os posavasos de vinilo, os robots articulados ou os juguetes de Star Wars. O establecemento tamén conta cunha sección dedicada ao textil, cunha oferta de camisetas decoradas con ilustracións e motivos setenteiros e ochenteros así como chubasqueros coa mesma estética, e outra dedicada á bisutería. Morriña Retro incorporou recientemente á súa oferta a venda de discos en formato de vinilo, así como algúns instrumentos musicais de segunda man. Ademais dos artigos expostos os clientes teñen tamén a posibilidade de realizar pedidos a partir dunha serie de catálogos especializados en agasallos e complementos retro. Unha visita a Morriña Retro é algo así como un divertido salto no tempo, o que garante unha boa dose de sorpresas e seguro que tamén algúns sorrisos." + info: - Morriña Retro en Facebook Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 17 de abril de 2012


Unha Vespa na boneca

Para poder lucir o noso orgullo escuterista, que millor que lucir este precioso abelorio de Morellato nunha pulseira:

É unha frikada, seino, pero eu son así ....

+ info:

- Web de Morellato

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 23 de noviembre de 2011


Neceser escuterista


Xa me van coñecendo e saben o friki que son coas cousas escuteristas, así que o outro dia, un bo amigo, regaloume este neceser:

Moitas grazas Tony, que grande es !!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 19 de octubre de 2011


Vintage & Coffee na Coruña

Qué é Vintage & Coffee? Tal e como din na sua web:

"Vintage & Coffee

É unha tenda de roupa e mobiliario vintage na Coruña.

Un espazo singular que conta cun ambigú exclusivo para clientes.

Un desafio ao copy/paste actual cun proxecto innovador e diferente.

Con pezas orixinais desde os anos 50's en diante e tamén complementos.

E, ademais, moble auxiliar e pezas decorativas con carácter, para petos intelixentes.
"

E, eu engado, que con moi bo gusto, sobre todo con este cartel que fixeron:

+ info:

- Na sua web Vintage & Coffee
- No seu perfil no Facebook

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 8 de junio de 2011


Zapatillas D.A.T.E.

A compañia italiana de zapatillas deportivas D.A.T.E. lanzou esta campaña publicitaria para a sua colección Primavera/Verán 2011:

D.A.T.E. - New Spring Summer 2011 on Vimeo.

Como non, roupa italiana publicitada cunha Vespa ... tan vixente como sempre e á vez efectiva.

+ info:

- DATE-Sneakers.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 12 de mayo de 2011


Lola Bunny en Vespa

Onte nun hipermercado atopeime con este conxunto de roupa interior coa imaxe de Lola Bunny montada nunha Vespa.

Tanto na camiseta:

Coma no sostén:


Como, a elexir, na braga ou no tanga:


Buffff, xa me gustaría ver a algunha con este modeliño..... así que se algunha se anima, que quite unhas fotos e envíamas (que prometo colgalas)... jeje

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 9 de mayo de 2011


Marypaz on Vespa

O outro día, mentres esperaba que se me cargase un vídeo, vin este anuncio das zapaterías Marypaz que se apuntan á moda de utilizar unha Vespa como reclamo publicitario, no seu novo anuncio da colección primaveira/verán 2011:




+ info:

- Marypaz.com



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 13 de abril de 2011


Chaveiro Vespa by Salvador Bachiller

Paseando o outro día por Coruña atopeime este chaveiro no escaparate dunha tienda de Salvador Bachiller:

Cal foi a miña sorpresa cando días despois recibín este fabuloso regalo:

Grazas Lucía...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 4 de marzo de 2011


Cervexa, Vespa e Mod

Poderíase dicir que é unha magnífica mestura (e iso que a cervexa non mestura ben con case nada), pero esta camiseta condensou perfectamente estes tres conceptos:


Pero se queres ser máis sibarita e beber unha cervexa 100 % Mod, tómate unha Spitfire:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 23 de febrero de 2011


Royal Store, moda distinta no corazón da Coruña


Xa vos mencionara aos amigos de Royal Store no post sobre lomografía, pero hoxe tráioos novamente eiquí, para recomendalos como punto de encontro de marcas de roupa un pouco máis alternativas.

É o caso da marca Ben Sherman, de orixe londinense, que pode presumir de ser a cuarta marca de roupa de home máis popular do Reino Unido.

E, xa como vedes, acompañando ao seu nome, a escarapela típica mod, xa que foi unha marca típica deste colectivo.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 22 de enero de 2011


Xente guapa, xente Vespa

Hoxe a imaxe do día é esta:

Na que a Vespa do fondo, destaca tanto como o resto de xoias e complementos destas mozas tan elegantes.

Só fáltalles, para completar a estampa, un casco coma este:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 30 de noviembre de 2010


Preparando os regalos do nadal en: Pirusca.com

Empeza decembro e todos afanámonos en atopar ese agasallo ou detalle especial para dar a sorpresa (e saír un pouco da rutina do perfume ou gravata...).

Para iso preséntovos hoxe unha web dunha boa amiga: Pirusca.com, que é o alter ego dunha ilustradora pontevedresa.

Fai tempo que merquei unhas chapas da colección recortables e son unha preciosidade:

E agora que vexo este novo, de nome Celia (como a miña filla) dáme que vou ter que facer un novo pedido, jejeje.

Pero á espera da proposta que lle fixen de facer unhas chapas con motivos escuteristas, quédome con esta ilustración orixinal titulada Vespa rosa:

Mirade que preciosidade de faciana:


E xa que como pon na súa web, é unha reprodución dixital sobre papel con textura lenzo de 250 gr., sendo unha edición limitada a 10 exemplares, asinada e numerada, paréceme unha magnífica idea como agasallo do Nadal...

+ info:

- Pirusca.com
- Shop Pirusca
- En V Television no programa Xente Emerxente:



Un saúdo Natalia...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 13 de octubre de 2010


De San Froilán por Lugo

Onte, do mesmo xeito que moitos forasteiros, achegueime a gozar do fin das festas de San Froilán en Lugo e teño que dicir que acabei ata os "webs" de tantísima xente.

O único que saquei de beneficioso foi este par de escaparates que ví.

Este, na Rua da Raiña, é da tenda de Titto Bluni:

Pero grazas ao paseo que me dí polas rúas de Lugo, descubrín, na tenda Diez - Hombre Sport, a marca Backslide que non coñecía e da que, posiblemente, acabarei adquirindo algunha peza:

Entendedes porque, verdade??

E que dicir ten que a presentación do escaparate con esa preciosa Vespa Sprint laranxa déixame sen palabras.

Desculpade pola calidade das fotos pero xa era de noite e só levaba dispoñible a cámara do móbil e non se pode dicir que sexa unha gran marabilla.


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España