O último fin de semana de xaneiro, como xa é habitual estes últimos anos, os clubes escuteristas galegos organizan a súa concentración conxunta invernal, sendo esta a 3ª edición da InvernoVespa, celebrándose, nesta ocasión, na localidade coruñesa de Melide, cerne de Galicia.O domingo 30, que será o día grande da concentración, convócase a todos os asistentes ás 12 da mañá, para xuntarse en Melide e facer unha pequena ruta polos arredores do pobo, finalizando a xornada cunha comida de confraternización no hotel restaurante Carlos 96 da devandita localidade.
Para os máis "ousados", haberá unha avanzadiña escuterista o sábado 29, para ir quentando motores, cunha cea na pulpería Ezequiel e o seu posterior goce da zoa de marcha melidense.
Todo aquel interesado en asistir, non duvidedes en porvos en contacto con calquera dos clubes organizadores e anotarvos nos seus respectivos foros:
- Foro Golfos Ártabros Escúter Clube
- Foro Avispados de Ourense
- Web Scutre Clú
- Foro Vespeinados de Vigo
Se queredes ir adiantando traballo, logo de anotarvos en calquera deles, podedes levarvos xa cuberta a folla de inscrición:Espero vervos a todos alí, pasaremos lista e poremos falta!!!!!!!!!!!!!
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 19 de enero de 2011
III Invernovespa - Melide 30 de xaneiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario