miércoles, 29 de agosto de 2012


5º Encontro Motos Clasicas de Oleiros

Este fin de semana, celebrase en Oleiros (A Coruña), a xa tradicional concentrazón de Motos Clásicas

O sábado abrirase a exposición e o mercadiño a partires das 12 da mañá no pabellón do instituto Miraflores Pola tarde celebrarase unha exhibición de trial e velocidade con motos clásicas. Será a partires das 5 nun circuito pechado no polígono de Iñas. O domingo realizarase unha ruta duns 70 km rematando nun xantar e sorteo de agasallos para todolos participantes. Este ano irei de mirón ;e non de participante, pero alí estarei ... Vespa & Lambretta deNde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 14 de agosto de 2012


I Encontro Vespa Clube Galicia

Por fin!!!! Isto ponse en movemiento.

Para dar a coñecer este novo club, o Vespa Clube de Galicia invita a tod@s a coñecelo no I Encontro Vespa Club Galicia.
Terá lugar o próximo 19 de agosto en Cerdedo (Pontevedra), no restaurante O' Comareiro (calle Ourense, 12), onde farese a presentación do orixe, os obxetivos e os fins esenciais do VESPA CLUBE DE GALICIA. + info: - Vespa Clube de Galicia no Facebook - Evento o encontro no Facebook - Localizazón do traieto previsto do I Encontro Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 8 de agosto de 2012


XV Concentración Motos Vellas do Salnés

Os amigos do Club Motos Vellas do Salnés, organizan o vindeiro domingo 12, a súa 15ª concentración "Motos Vellas do Salnés" en Cambados (Pontevedra).

Esta é a carta de presentación do evento: Estimado/a Amigo/a: Comprácenos invitarche, un ano máis á nosa concentración "Motos Vellas do Salnés". Este, é un ano especial para nós, xa que celebramos QUINCE ANOS de vida do noso Club. Por tal motivo e a petición de moitos de vós, volveremos á Carballeira de Ribadumia, onde se celebrará a comida de confraternidade. Será o día 12 de Agosto, e comezará na Praza de Fefiñans en Cambados ás 9:00 da mañá, teremos un marabilloso percorrido por Cambados, Vilanova de Arousa e a Illa de Arousa, facendo varias paradas para tomar diversos aperitivos. O percorrido será duns 40 km. Ao final da comida teremos entrega de premios e agasallos. Como vimos facendo ultimamente só admitiremos motos fabricadas antes do ano 1970, é unha decisión tomada por todo o Club, intentando evitar o que se empeza a ver nalgunhas reunións, que se enchen de motos dos anos 80, desvirtuando o que cremos que debe ser unha concentración de motos antigas. Gustaríanos contar coa túa presenza para dar maior realce á nosa reunión, e animámosche a que vingas co teu mellor maquina. Debido a que temos un aforamento limitado de 200 persoas na Carballeira de Ribadumia, pedímosche que realices unha preinscrición, segundo o modelo que che achegamos, que servirá para saber o número exacto de persoas que asistirán, e poder organizalo todo con maior perfección. Aconsellámosche así mesmo visitar o noso blog para obter máis información: http://motosvellasdosalnes.blogspot.com/ Recibe un cordial saúdo de todo o Club "Motos Vellas do Salnes". Eiquí tendes a folla de inscrición, por se queredes levala cuberta:

+ info: - motosvellasdosalnes.blogspot.com Desgraciadamente eu este ano non poderei asistir, pero procurade pasalo en grande.... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 1 de agosto de 2012


O sábado 4, VI Concentración Moto Clásica de Arteixo

Este sábado celebráse a 6ª edición da Concentración de Moto Clásica Concello de Arteixo....

Ala estaremos .... Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España