viernes, 29 de agosto de 2008


Nova sección (dibuxos scooteristas)

Comezo hoxe unha nova sección sobre os debuxos, acuarelas, mosaicos, banda deseñada e todo tipo de impresións gráficas realizadas, tendo como común denominador os scooters.

Tituleina tan orixinalmente como:

ou como non matar moito á neurona.

E para empezar esta nova sección, tócame a min tirar a primeira pedra.

Non son un bo debuxante (iso nin de cerca) e moito menos gráfico, pero creo que todos facemos trazos co Paint algunha vez, así que atrevinme cunha especie de logo do blog e saíume algo así:


Se houbese unha votación popular creo que tería menos puntos que o Chiki Chiki en Eurovisión.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 26 de agosto de 2008


Fotos III concentración de Vehículos Clásicos Concello de Miño

Pasou o dia, pasou a romeria, como se adoita dicir.

Moi boa a concentración de Vehículos clásicos na Praia Grande de Miño, sempre loce mellor cando o sitio ten moito espazo como era neste caso.

Tedes todas as fotos no seguinte album Picasa:

III concentración de Vehículos Clásicos Concello de Miño

Pero coas que eu me quedei, coma sempre, é cos scooters, comezamos coa Vespa 125 L de Ricardo, unha preciosidade:





Esta Vespa Sprint 150 con side era unha marabilla, o meu fillo non puido resistir a tentación de montarse en, como o chamou, "descapotable pegado a la moto", dous anos e medio dan para moita imaxinación, aquí a tedes:






E esta Vespa 160 apareceu pouco despois de acabar de facer case todas as fotos na concentración, así que dínme a volta e fun a sacarlle estas instántaneas:





E despois de sacar as fotos púxenme a falar co dono, Fernando, un mozo de Fene, que me dixo que a tiña en venda.

Logo de darlle voltas durante unhas horas, que vos parece? acabei comprandolla, así que xa sabedes,

¡¡¡ XA ESTOU MOTORIZADO !!!

e teño que dicirvos que, tras facerlle os primeiros 100 kms, estou encantado.

E agora, a rodar e gozar.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 20 de agosto de 2008


III Concentración Vehículos Clasicos en Miño

Non saímos dunha e metémonos noutra.

Cando aínda estamos degustando a experiencia do domingo pasado, coa celebración do I Encontro de Motos Clásicas de Oleiros e o XIX Rally Teresa Herrera de Automóbiles Clásicos e Históricos, agora preséntallenos a III concentración de Vehículos Clásicos Concello de Miño, para este sábado 23 de Agosto.


Este ano, a organización, abre a convocatoria tamén para as motocicletas clásicas. Moitas, moitas grazas.

Pero non só iso, senón que ademais, ao longo de toda a xornada, celebrarase un MERCADILLO CLÁSICO, con múltiples casetas de recambios novos, usados, maquetas, revistas, libros, roupa, cromados, son... (tal e como citan no cartel da concentración que podedes descargar aquí)

O programa que nos propón é o seguinte:

10,00 h. Apertura de inscricións
12,30 h. Ruta turística polo Concello
14,30 h. Comida
16,30 h. Exhibicións de coches radiocontrol e Karts.
19,00 h. Entrega de premios.

A continuación haberá exhibicións de Javier García (Opel Ascona 2000) e de Pedro Burgo (Kart-Cros)

E ata as 20,30 horas calculan que permanecerán todos os vehículos concentrados, momento no que se dará por finalizada esta III edición.

Así que xa sabeis, este sábado 23 de agosto, na contorna da Praia Grande de Miño, a III Concentración de vehículos clásicos espera congregar a máis dun centenar de vehículos, e para iso eu propoño que nos vaiamos

¡¡¡ TODOS A MIÑO !!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 19 de agosto de 2008


Fotos I Encontro de motos clásicas de Oleiros

Celebrouse con exito o I Encontro de motos clásicas de Oleiros e teño que dicir que, para ser o primeiro, a verdade é que me encantou.

Chapó pola organización, o lugar elixido e o ambiente.


Moi bos detalles, como o pirograbado co nome do certame e a moto metálica:

ou o café con madalenas para todos os asistentes.

No lugar congregáronse medio centenar de clásicas cunhas restauracións moi boas.

Entre tanta Bultaco, Montesa u Ossa tiña que haber, por suposto, algunha Vespa.

Preciosa esta Vespa 125 de faro baixo:







Ou esta Vespa 125 Primavera, cun verde, valla a redundancia, moi primaveral:




Tambien polo lugar achegouse esta Vespa TX 200, que, aínda non habendo adquirido a condición de clásica, pouco lle falta:



E xa que era unha festa de motos clásicas, que menos que levar unha atracción tambien clásica, as inconsumibles lanchas:



O único que botei de menos foi a aparición dalgunha Lambretta, pero bo, que se lle vai a facer, espero levala eu o ano que vén.

Tedes todas as fotos do encontro no seguinte albúm Picasa:

1º ENCONTRO MOTOS CLASICA OLEIROS

Pero non só de motos vive o home, ese mesmo día o Coruña Veteran Car, organizou o XIX Rally Teresa Herrera, tedes todas as fotos dos coches participantes no seguinte albúm Picasa:

XIX Rally Teresa Herrera

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 14 de agosto de 2008


I Encontro de motos clásicas de Oleiros

O domingo 17 !!! TODOS A OLEIROS ¡¡¡


Os amigos do Motoleiros, na súa rama de Clásicas, organizan este Domingo 17 de Agosto o 1º ENCONTRO DE MOTOS CLÁSICAS DE OLEIROS.

Os actos empezasen a partir das 11, na Praza da Rabadeira (no lateral do Concello) e prometen sorteos, agasallos e petisco de despedida.

Parabéns pola iniciativa e espero que se reunan moitos amantes das clásicas.

Sorte.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 9 de agosto de 2008


Hasta sempre Pininfarina

Onte, mentres lía La Voz, sorprendeume a noticia da morte de Andrea Pininfarina, presidente e conselleiro delegado do máis famoso carrocero de automóbiles da historia, e aínda por riba ía tan tranquilo pilotando unha Vespa cando o embistió un Fiesta, xa vos digo, o colmo dun deseñador de bólidos.

Sempre o teremos presente.

Aquí tedes unha foto do accidente:


Noticia en La Voz de Galicia

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 2 de agosto de 2008


Outra máis de canciños

Despois de Vaia puntazo y de Ves-caN, chega outro capítulo da saga canScooter, o dedicado á roupa:

Xa no post Ves-caN, faleivos de Zoomer Gear, unha empresa especializada en roupa e complementos para os can-bikers, pero creo que tanto coiro e tachuelas, é máis apropiado para unha chopper que para unha scooter.

Pero a vestimenta perfecta para o can-scooterista é esta camiseta de tirantes para os canciños:


Mirade como queda posta:



Pódense adquirir, entre outros sitios, en Mascota Planet ou en Agri Caldes.

Tamén en Scooter Baby, teñen varios modelos de camisetas:




E esta e de cafepress:

É un bo nome para un can, Scooter, anotado queda.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España