lunes, 31 de octubre de 2011


Halloween??? Non, hoxe millor celebramos o Dia de Mortos...

A tradición do Halloween (que naceu do Shamaín celta) foi importada poo vistoso que nolo pintan os estadounidenses, pero eso non quita que noutras culturas se siga celebrando as suas propias tradiciós.

"O Día de Mortos é unha celebración mexicana de orixen prehispánico que recorda aos defuntos o 2 de novembro, comeza o 1 de novembro, e coincide coas celebraciós católicas do Día dos Fieis Defuntos e Todolos Santos"

Así que este ano prefiro facer mención a esta Vesp-celebración:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 29 de octubre de 2011


Bruno Mars vespeando

Curioso este video de Bruno Mars con Travie McCoy no que pregoan : " ♪♫♪ ... Quero ser millonario, deséxoo moitísimo ... mercarme todo o que nunca tiven ... ♫♪♫ "


e dentro das cousas que lle gustaría mercar, como non, unha Vespa:

Xa vedes, artigo de luxo reservado a millonarios jajajjaja

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 19 de octubre de 2011


Vintage & Coffee na Coruña

Qué é Vintage & Coffee? Tal e como din na sua web:

"Vintage & Coffee

É unha tenda de roupa e mobiliario vintage na Coruña.

Un espazo singular que conta cun ambigú exclusivo para clientes.

Un desafio ao copy/paste actual cun proxecto innovador e diferente.

Con pezas orixinais desde os anos 50's en diante e tamén complementos.

E, ademais, moble auxiliar e pezas decorativas con carácter, para petos intelixentes.
"

E, eu engado, que con moi bo gusto, sobre todo con este cartel que fixeron:

+ info:

- Na sua web Vintage & Coffee
- No seu perfil no Facebook

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 14 de octubre de 2011


Terceira e derradeira etapa do Camiño de Santiago

O mércores pasado realicei a derradeira etapa do Camiño de Santiago, desde León ata Santiago.

Esta etapa pódoa definir como preciosa, e non só porque discorra case completamente pola miña terra senón porque as estradas son con multitude de curvas o que lle confiren un caracter máis divertido á ruta.

Non se pode deixar de parar en Astorga (León) para gozar da súa catedral e do Palacio Gaudí:

Outra bonita estampa podémola atopar no alto do Cebreiro (Lugo), lugar comeza o tramo galego do camiño, no que podemos gozar dunhas tradicionais pallozas:

E o destino final, Santiago de Compostela, coa súa espectacular catedral:

Conseguido!!!!

Foi toda unha experiencia totalmente recomendable...

Noutro momento fareivos un balance resumen do que foi esta marabillosa viaxe...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 11 de octubre de 2011


Segunda etapa do Camiño de Santiago

Hoxe a xornada foi percorrendo un pouco máis de distancia, a etapa foi Logroño - León.

Poderiamos dividila en duas partes, a primeira bastante boa e entretida que me levou desde Logroño ata Burgos

A segunda parte foi un pouco máis monótona, xa que as tremendas rectas da N-120 perdíanse no horizonte, do mesmo xeito que os campos de cultivo que había aos seus lados, e, xa non sei se foi beneficioso ou non, pero encima ía só pola estrada.

Unha preciosidade o mosteiro de San Zoilo en Carrión de los Condes:

Esta segunda etapa fíxena coincidir con 11 etapas a pé:

Logroño - Nájera - Sto. Domingo de la Calzada - Belorado - Agés - Burgos - Hontanas - Boadilla del Camino - Carrión de los Condes - Terradillos de Los Templarios - El Burgo Ranero - Mansilla de las Mulas - León

Bo pois mañá última etapa e espero chegar a Santiago sen ningún contratempo.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 10 de octubre de 2011


Primeira etapa do Camiño de Santiago

Superada!!!

Comezando en Roncesvalles:

e rematando en Logroño:

A etapa de hoxe foi curta pero intensa, pero tendo en conta que saín de Logroño pola mañá ao final fíxenme o camiño dúas veces, total máis de 300 kms.

A N-135, que é a que leva de Pamplona a Roncesvalles, é unha auténtica pasada, curvas e máis curvas para gozar da estrada e encima o ter que pasar dous portos de montaña foi unha gozada.

O resto do camiño foi pola NA-1110, que é unha boa estrada para gozar, sen nada de tránsito e pasando por pequenos e peculiares pobos.

A etapa de hoxe foi coincidindo coas 6 primeiras do camiño que se fai a pé:

Roncesvalles - Zubiri - Pamplona - Puente la Reina - Estella - Torres del Rio - Logroño

Pois nada, mañá máis ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 7 de octubre de 2011


Camiño de Santiago en Vespa

Aproveitando uns dias de vacacións voum facer o Camiño de Santiago na miña TX 200, desde Roncesvalles.

Mañá arranco para pasala noite en Santander, para facer escala para o domingo poder chegar a Roncesvalles e comenzalo camiño de retorno a Santiago.

Xa vos irei contando dia a dia que tal vai a ruta...

Vemonos ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 6 de octubre de 2011


Vespa ou caracol??

O pasado sabado, os amigos do Vespa Club de Lleida organizaron a sua 2ª Vespacaragolada (caracolada) e iso recordoume esta imaxe que tiña almacenada fai un tempo:

Unha mutación de Vespa a caracol, curioso verdade???

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 5 de octubre de 2011


Fotos da 3ª Vespapulpada

O pasado domingo 2 de outubro o Golfos Artabros Escuter Clube, fómonos a Lugo a gozar en grao sumo típico das festas de San Froilan, degustar un suculento polbo.

27 famentos escuteristas na 3ª Vespapulpada, que aguantamos as altas temperaturas con máis ou menos alegria e ao final, un baño no Miño, sempre senta ben.

Eiquí tendes o resto das fotos:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 4 de octubre de 2011


Colección de miniaturas Vespa

Despois de un tempo na que esta colección de miniaturas de varios modelos de Vespa, foi regalada por distintos xornais de España, chega a Coruña, da mano de La Opinión, esta colección de 14 modelos.

A partires deste Xoves día 6 ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España