jueves, 30 de septiembre de 2010


DaisyMarket 2010

O pasado fin de semana, celebrouse no ExpoCoruña, a segunda edición do showroom de moda urbana e emerxente Daisy Market , e ata alí funme para ver "o que se cocía".

A verdade é, que para estar cheo de tocados, crochet?, comprementos e demais historias, gustoume bastante xa que a posta en escea, simulando unha paisaxe luar (ou iso dicía a organización) foi moi curioso:

Pero claro, eu como sempre íame fixando no que me ía fixando, ata que vín isto adornado un panel:

e para alí funme.

Era a caseta de Onuri, uns mozos vascos que fan uns deseños con retais cosidos a man, que quitan o senso:

E está claro, a miña Vesp-frikada non se puido conter e agora son o orgulloso posuidor desta camiseta:

Pero non foi a única Vespa que vin polo Daisy Market xa que cando saín do ExpoCoruña encontreime con esta:

Tendes o resto das fotos que saquei no Daisy Market 2010 nesta albume Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 29 de septiembre de 2010


Folga Xeral

Como?? Que non vos decatastes?? Pois si, si, hoxe celébrase unha xornada de Folga Xeral en España, que, á miña forma de ver, paréceme máis un acto político publicitario que unha posible presión para buscar solucións á crise, porque..... bo ..... mellor non sigo xa que isto é un blog de escúteres e non de politica.

O que pasa é que tiven que mencionalo porque o que máis me preocupa dunha Folga Xeral son os piquetes, que nalgunhas ocasións son máis activos que informativos, e esta imaxe resume á perfección o posible resultado da acción dun piquete para evitar que "traballase" hoxe no blog:

Esta Vespa está na Rua Alberto Pinto, de Barreiro-Setubal, Portugal.

Eiquí tendes a ligazón ao Street View de Google Maps

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 28 de septiembre de 2010


2ª Vespulpada - Buscando- a Paul desesperadamente - Nova data

TROCO DE DATA: Vendo o mal tempo que se prevee, polo momento cambiase para o próximo 10 DE OCTUBRE


O vindeiro domingo 3 de Outubro, o Golfos Ártabros Escúter Clube, xunto co resto de escuteristas galegos que se queiran sumar, arrincaremos cara a Lugo, para estrear como se merecen as súas festas do San Froilan 2010.

E que mellor xeito de celebralas, que ir facer o máis típico nelas: ir comelo polbo.

E a suma está máis que clara, celebraremos unha Vespulpada, que este ano celebra a sua 2ª edición, na que temos que facer mención ao polbo máis famoso deste ano, o xermano Paul.

Imaxe adaptada da vista no blog Viendo al interior.

Invítovos a todos os que querade unirvos a esta Vespulpada, a que vos pasede polo foro do Golfos Ártabros Escúter Clube (Gol-Foro), onde encontraredes todala información do evento.

Vémonos en Lugo......

Eiquí tendes as fotos do ano pasado:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 27 de septiembre de 2010


III Memorial Jose Ramallo "Pequecho" - As fotos

O pasado sábado, tal e como xa vos adiantara, celebrouse o III Memorial Jose Ramallo "Pequecho" en Culleredo.

A pesar da choiva que caeu minutos antes de comezar a concentración de motos o ambiente en xeral foi moi bo.

Ata alí achégueime para ver aos participantes e a saída da ruta da maña polos distintos lugares do concello de Culleredo.

Unha moto que me chamou poderosamente a atención foi esta Vespa PK 125 XL Elestart do propio Concello de Culleredo, que era a que se utilizaba antes para repatir os bandos oficiais polas distintas parroquias.


Pódese dicir que esta é a auténtica Vespa Culleredo.

Tamén se puido ver unha Maxiscooter Ventrix, 100% electrica:

Pero non foron as únicas Vespas da xornada, xa que por alí apareceron varias máis (e como non, a T5 tiña que ser dun Golfo Artabro, jeje)

Pola tarde achégueime a vela exhibición que estaba prevista de Trial, pero despois de ver durante un bo intre ao un rapaz facendo bike-trial, non me quedei para ver o trial en moto así que non vos podo ensinar nada dese momento.

Podedes ver todalas fotos que saquei durante a xornada neste album Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 25 de septiembre de 2010


Acabouse o veraniño, benvido Mr. Outono

Pois si, acabou o veraniño e o ir "pelados" de roupa na escúter

a partires de agora, traxe de auga, cazadora ou calquera outro sistema, serán compañeiros inseparables das nosas saídas

porque, dá o mesmo que chova, trone ou neve, rodar rodaremos igual....

Vemonos polas estradas ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 23 de septiembre de 2010


I ♥ WC Vespa

Se fai un tempo ensineivos un inodoro dentro dunha Lambretta (post Unha Lambretta "pa'cagarse"), agora atopeime, no blog I ♥ WC Spanish, esta imaxe de natureza similar:

Vai ser que as nosas queridas escúteres tamén axúdannos a eliminar ... iso que o organismo non quere.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 22 de septiembre de 2010


Tremendo Vespa-Trike

A verdade é que, grazas ao internete, podemos velas cousas raras que fan polo mundo adiante e este é un exemplo diso.

Mirade que Vespa-trike atopeime:

Baixo o título Balinese Dancers on Vespa Trike (Bailarinas Balinesas nun Vespa Trike), vino en roundshot360.de.

Preciosa foto en xeral, por certo.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 21 de septiembre de 2010


III Memorial Jose Ramallo "Pequecho"

O vindeiro sábado (25 de setembro), celébrase no centro social "O noso Lar" de Culleredo, unha concentración moteira para celebrar o III Memorial Jose Ramallo "Pequecho".

Durante toda a xornada aberá unha exposición de motos antigas e motos de "Pequecho".

Se alguén queira saber algo máis sobre "Pequecho" recoméndovos que leades esta entrada na web do concello de Culleredo onde explica quen era esta brillante figura das dúas rodas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 20 de septiembre de 2010


Viñeta escuterista

Hoxe non teño o día para moitas gaitas e prefiro intentar alegrámelo con algunha que outra coña, así que eiquí tendes unha viñeta "comica" escuterista:

Vén pór algo así comA:

"Isto si que é aceleración, non??"

Dá igual, eu hoxe tampouco lle atopo a graza.....

Vespa & Lambretta deNde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 19 de septiembre de 2010


A Xacovespa - 2º Video

Hola a todos, eiquí vos traio o segundo video que fixen da pasada IV Volta a Galicia en Vespa e Lambretta - A Xacovespa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 17 de septiembre de 2010


A Xacovespa - Primeiro video

Hola a todos, eiquí traiovos hoxe o primeiro video da Xacovespa, ou de como chegamos os membros do Golfos Artabros Escuter Clube ata Pedrafita do Cebreiro (Lugo), para comezar, xunto co resto de escuteristas galegos, o camiño a Santiago.



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 16 de septiembre de 2010


XIII FEIRA INTERNACIONAL DO VEHICULO CLASICO "CIDADE DE OVIEDO"

O próximo fin de semana (18 e 19 de setembro), vaise a celebrar en Oviedo (Asturias), concretamente no Palacio Municipal dos Deportes sito na rúa Río Caudal, unha nova edición da Feira Internacional do Vehículo Clásico "Cidade de Oviedo", sen dúbida o certame máis importante do sector de cantos teñen lugar no norte de España.

Ademais do mercadillo de pezas de reposto, material de Automobilia e compravenda de vehículos de colección, cuxos numerosos expositores terán unha caseta gratuíta, o salón asturiano vai ofrecer un atractivo conxunto de actividades.

Entre elas destacarán unha concentración Ferrari, o homenaxe póstuma ao piloto Xullo González Pola, que correu cun Ferrari 125 a finais dos anos corenta, o funcionamento continuo dun motor V12 Rolls-Royce empregado nos cazas británicos Bristol Beaufighter, unha exposición fotográfica sobre o Concurso de Elegancia de Amelia Island 2010 ou a presentación do libro Historia do Automóbil en Asturias (1890-1965).

Tamén terán lugar a novena Arrancada de Motos Clásicas, o tradicional Revoltijo de Clásicos Populares e festexarase a chegada en 1890 do primeiro automóbil a Oviedo, mentres que calquera visitante poderá participar nas carreiras de Scalextric.

Aberto ao público en horario de 10 a 21 horas, os menores de 16 anos e os maiores de 75 terán acceso gratuíto.

Máis información e reservas de espazo no teléfono 985 20 11 44 - Fax: 985 22 78 67.

info:

- Na web do evento www.cochesclasicosasturias.com
- A traves do e-mail recepcion@centroempresarial.es

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 14 de septiembre de 2010


Fotos da Xacovespa

Como ben saberedes (non será que non o repetín veces) o pasado fin de semana celebrouse a IV Volta a Galicia en Vespa e Lambretta - A Xacovespa e eu estiven alí.

Desafortunadamente nesta ocasión asistín como acompañante en vehículo de apoio en lugar de facelo como participante, xa que a 160 o sábado dixo que non acendía e non acendeu.

En lugar diso dediqueime toda a xornada do domingo a sacar centos de fotos (xa que son de gatillo fácil, jeje) e este é o resultado:


O resto das fotos neste album Picasa:



O relato de como foi a IV Volta a Galicia en Vespa e Lambretta - A Xacovespa podédelo ler na web do amigo Damián, Vespadicto.es, xa que eu co das fotos e a edición do vídeo que estou elaborando, xa teño bastante.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 13 de septiembre de 2010


III Encontro de Motos Clásicas de Oleiros - Fotos do Sábado

O pasado sábado asísti ao III Encontro de Motos Clásicas de Oleiros a ver a exposición de motos clásicas, o mercadillo e as exhibicións de Trial e velocidade en motos clásicas e, a verdade, encantoume.

Parabéns á organización (MotOleiros) polo bo intre que nos fixo pasar, mágoa non poder asistir á ruta o domingo, pero a Xacovespa pesaba máis.

Aquí teneis unhas fotos das exhibicións primeiro as de trial:

e as de velocidade:

O resto neste album Picasa:



Eiquí unhas fotos da exposición e mercadillo:



O resto nestoutro album Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España