viernes, 31 de diciembre de 2010


Feliz aninovo



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 25 de diciembre de 2010


Bo Nadal!!

Pois si, para os que no vos enterastedes hoxe é o día de Nadal, así que eiquí tendes a derradeira imaxe dun Papa Noel escuterista do ano.

E agora a preparala entrada do novo ano ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 23 de diciembre de 2010


Another Lambretta for Santa

Isto si que é a perfecta expresión gráfica do que é unha Lambretta do Nadal:







Pasáronse a verdade, jajjajaja.

BO NADAL!!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 22 de diciembre de 2010


O video da Papanoelada en Vigo

Xa sei que non é gran cousa, pero é o que puiden grabar.

Eiquí tendes o video da Papanoelada o pasado sábado en Vigo:



E insisto:

BO NADAL!!!!!!!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 21 de diciembre de 2010


Felices Pascuas by Serveta

Eu sigo coas felicitacións de nadal, aproveitando as imaxes antigas.

Este valo de principios dos sesenta, resumeo perfectamente:

Preciosa LD ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 20 de diciembre de 2010


Fotos da Papanoelada en Vigo

Tal e como vos contei fai uns días o pasado sábado 18 funme ata Vigo a participar nunha Papanoelada moteira.

E alí xuntámonos unhas 200 motos cuns 300 papanoeles rodando sobre elas, entre eles, os amigosVespeinados:

Eiquí tendes máis fotos desta marabillosa xornada en vermello e branco:

Se ata puidemos gozar dunha preciosa Vespa Sprint con sidecar do amigo Ginés:

Tendes todalas fotos desta Ves-Papanoelada neste album Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 18 de diciembre de 2010


A Lambretta for Santa

Empezamos coa colección de post navideños así que:

¡¡¡ BO NADAL !!!


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


viernes, 17 de diciembre de 2010


Un pouco de música: Oasis

Para hoxe tráiovos un pouco de música ....

En concreto este tema da banda británica Oasis, titulada "Be here now":



Que dá titulo a un dos seus albumes, que ten esta portada:

Que pensabades?? que non ía haber escúter neste post?

Curiosamente lin nalgún sitio que a escúter que aparece na foto é unha Lambretta e é dun dos intregantes(Noel Gallagher).

É o que ten o descoñecemento deste mundo... realmente a escúter é unha Zündapp Bella, e eiquí podedes vela de novo noutra foto do "making of" da portada, onde estaban metendo o Rolls na piscina:

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 16 de diciembre de 2010


Ves-Papanoelada en Vigo

Este próximo sábado día 18, os moteiros e clubes motoristas de Vigo e arredores organizan unha Papanoelada.

O lugar de saída será o parking de castrelos en Vigo ás 15:00 horas.

Os requisitos seran: IR VESTIDOS DE PAPANOEL e levar caramelos.

Non é necesario apuntarse, só con aparecer é suficente...

Así que, se cadra, aparecer aparezo...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 15 de diciembre de 2010


O importante levase por dentro...

Si, xa sei o que ides dicir.

Vivimos nunha sociedade en que a imaxe é moi importante, pero, a pesares de todo, eu sigo crendo niso que se di, casí coma se fose unha frase feita:

"O importante é o que se leva por dentro".

E para iso que millor que aproveitalas fotografías que nos propón o artista Nick Veasey, que fai instantáneas con raios X, mostrándonos, dende outro punto de vista, ás persoas, animais e obxetos cotiáns.

E como non, unha Vespa:

Neste caso si que se pode afirmar que, o retratado, "non ten nada que ocultar".

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 14 de diciembre de 2010


Jessica

Para deleitarnos o día que mellor que gozar da banda sonora da comedia italiana Jessica.

The Vespa Song, interpretada por Maurice Chevalier.

Moi orixinal a canción, acompañada do clásico pitido dunha Vespa.



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 13 de diciembre de 2010


¿Cambio climático? .. Non, que va ...

Despois do frio polar que pasamos, impropio desta época do ano, agora o tempo sorpréndenos con estas temperaturas primaverais en pleno decembro, así que eu aproveitei o domingo para ir á praia:


É que parece increible que podamos rodar coas nosas escúteres e case sen abrigar.

Non acabo de entendelo, somos só os cidadáns do montón os que nos damos conta do que xa é evidente?? Os dirixentes mundiais non saen á rúa?

Pero bo, o cambio de mentalidade e de comportamento debería tambien partir de cada un de nós e, eu, recoñézoo, son un dos maiores culpables do cambio climático... xa que as miñas queridas escúteres clásicas, contaminan demasiado.

Moito máis que os millóns de turismos, furgonetas, camións e autobuses que circulan polas nosas estradas.

Así que, recoñézoo, o cambio climático é culpa miña ...

Pero tambien é de todos ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 11 de diciembre de 2010


Speedza, ou de como modernizar unha fábula

Fai uns días descubrín este vídeo, onde se moderniza a fábula da tartaruga e a lebre, que o disfrutedes:



Ou de como as grandes cadeas de comida rápida, non poden competir coa cociña tradicional, jeje.

Esa tortuguiña, montada nunha Vespa, siiiii ... lenta pero segura.

+ info:

- Web oficial Speedza
- Blog Speedza

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 10 de diciembre de 2010


Dende cativo aforrando para a Lambretta

Así me gusta, que dende pequenos se vaian concienciando do valor que teñen estes vellos cacharros.

A campaña deAllianz Pensiónsdéixao ben clariño, e a Lambretta Li serie 2 que ensinan... unha preciosidade:

mira que listo o rapaz, que vai recollendo todas as moedas que atopa por casa e ao final, a Lambretta sera para el ...jajja

Para os que non víchedes o anuncio:



Pero percorrendo a web de Allianz non é a única escúter que me atopei, xa que para promocionar os seus seguros de motos ¿que moto aparece?:

Seguen estando máis de moda cada día...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 9 de diciembre de 2010


♪♫♪ Vesspá, vesspá, a mi me gusta, me gusta ... ♫♪♫

Todo o que anda neste mundo das escúteres e internet, algunha vez, topouse con esta melodía e viu este vídeo dunha moza Conchita Velasco cantando, montada nunha Vespa:


Pois ben, onte buscando outra cousa (como adoita pasar) atopeime con esta imaxe:

pertencente ao programa de la Sexta Se lo que hicisteis ..., e grazas a eles, descubrín que o vídeo pertence á revista de 1985 "El águila de fuego".

Logo de buscalo eiquí tendes o vídeo dese programa (para un día que non o vexo), onde Patricia Conde dalle envexa esta escea e acaban repitíndoa, xunto con Berta Collado e unha xa non tan moza Concha Velasco, montadas nunhas Vespas do Scooter Club Madrid:


Momentazo....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 8 de diciembre de 2010


Un graffiti moi fotográfico

Fai uns días posteei sobre uns cantos grafitis escuteristas e entre outro, mostrábavos esta obra de arte:

Poi ben, curiosamente grazas a un amigo de Facebook, descubrín a "orixe" deste marabilloso grafiti:

Que vos parece???

Calquera dos dous son boas demostracións de que, un vello patinete Lambretta, pode adaptarse perfectamente aos novos soportes artísticos e publicitarios.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 7 de diciembre de 2010


Só unhas liñas ...

Hoxe non teño ganas de esprimirme moito o cerebro así que só serán unhas liñas....

E non unhas liñas de texto, senón simplemento iso ... unhas liñas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 6 de diciembre de 2010


Herrete Vespa

O qué ó? preguntarédevos.....

Onte quedeime como un tonto, mirándome para os cordóns dos meus praieros, e, seguindo coa actitude de lelo, fixeime nas pezas plásticas do final dos mesmos intentando recordalo seu nome.

Non sabedes que dia pasei ata que sentei diante do todopoderoso Google para buscalo seu nome.

HERRETE, ahhhh ... claro.

se ata lle dedicaron un capítulo os de Phineas e Ferb!!!!

Espero non esquecerme de novo (aínda que mañá o mesmo teñoo que pensalo dúas veces).

Xa vedes, se ao final este blog vai ser ata instructivo...jajaja

O sei, o sei, isto é o que provoca o que haxa tantos días festivos e con mal tempo...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 4 de diciembre de 2010


Frio, neve e ... Vespa??

Teño que recoñecer que eu son bastante atrevido para saír a rodar con calquera clase de climatoloxía, pero tamén hai que ser realista e estes dias están as cousas MOOOII mal para andar pola estrada.

E se a iso sumámoslle a operación saída da ponte da Constitución, tradúcese en que:

Por favor, tede coidado se tendes que desprazarvos pola estrada.

Xa sei que nolo repetiron ata a saciedade, pero

O IMPORTANTE É CHEGAR.


Mentres tanto podedes deleitarvos, na calor do fogar, con estes vídeos de colgados pilotando a vespa sobre neve:


Somentes con velos da frio ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 1 de diciembre de 2010


Purple Weekend - León 2010


Mañá comeza unha nova edición do Purple Weekend en León, o consolidado como festival Mod de inverno en España.

Eiquí tendes o valo de actuacións:

E eiquí o mapa das distintas localizacións:



Pero o "importante" é o sábado 4, co Scooter run organizado polos amigos do Leon Scooter División.

Recordade, o sábado 4 a partir das 11.30 na praza de San Isidoro, tendes como límite para apuntarvos ata mañá día 2 neste post no blog do LSD

Eiquí tendes as fotos do ano pasado na que mo pasei de vicio:



+ info:

- Leon Scooter Division
- PurpleWeekend.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España