lunes, 30 de abril de 2012


5.000 grazas a tod@s

Pois si, téñovos que dar as grazas aos 5.000 amigos de Facebook porque grazas a tod@s conseguín chegar a esa cifra.

Dende a creación do perfil, o 8 de xuño de 2009, e en menos de tres anos, o chegar a esta cantidade de amig@s sorprendeume gratamente. Nunca pensei que un blogue dedicado aos escúteres clásicos puidese ter tanta repercusión e interes. Agora o único que se me expón para continuar con todos vós (e os novos interesados neste proxecto) é habilitar un perfil tipo páxina en Facebook, xa que non se permite superar os 5.000 amigos nun perfil tipo persoa. Así que repito (cheo de orgullo e satisfacción): 5.000 GRAZAS A TOD@S, POLO VOSO APOIO!!!! Espero seguir achegando as miñas paranoias e divagacións ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 27 de abril de 2012


VI Ruta internacional de motos antigas "Terras de Padrón"

Chega a primeira das concentracións de motos clásicas do calendario galego.

O próximo 1 de maio, celébrase en Padrón (A Coruña), a VI Ruta internacional de motos antigas "Terras de Padrón".

+ info:

- A.A.C.C. Motos Antigas Terras de Padrón

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 26 de abril de 2012


Pódense unir as aficións: Vespa e Kayal

Está claro que o reducido tamaño dunha Vespa non é excusa suficente para alguns para transportar obxetos dunha gran lonxitude. Neste caso atopeime a este vespeiro, que uniu o uso da sua Vespa, con outra afición, o Kayak:

+ info: - Ocean Kayak Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 25 de abril de 2012


Outra tacada de tatuaxes escuteristas

Outras fotos das tatuaxes que se fai a xente, ao longo de todo o mundo, para sentir o seu escuterismo a flor de pel.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 23 de abril de 2012


¡Agora! Non mañá

Xa que hoxe celébrase o Dia do Libro, preséntovos un que, persoalmente, pareceume moi interesante:

¡Agora! Non mañá, Os Mods na nova onda española (1975-1985)

 

¡Agora! Non mañá é un traballo minucioso e ameno, repleto de detalles históricos sobre xente e iniciativas que, no seu maior parte, foron esquecidas a través do tempo. Neste libro o xornalista asturiano Pablo Martínez Vaquero desentraña os recunchos do lustro que ata agora recibira menos luz dentro do movemento Mod en España. Trata de dúas xeracións de mozas (as aparecidas entre os períodos 1979-1980 e 1982-1983) que conviviron coa nova onda do pop español, pero coa estética e a forma de vida Mod como guí.a referencial. O autor dá a palabra a gran parte dos principais protagonistas daquela época, contrastando o dito onte coa visión que estes manteñen hoxe. Nestas páxinas recórdase, desmente e desmitifica á vez que se reverencia e reivindica. Ponse os puntos sobre as íes sobre un período fundamental do pop español que o autor considera tergiversado. É a crónica dun xornalista obxectivo que, desde o seu punto de vista adulto, fala dunha mocidade non estrañada, pero tampouco esquecida. Os Mods como fío condutor da nova onda. Bos tempos? Pasen e vexan.

Espero ir sacando tempo, de onde poida, para poder rematalo...

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 17 de abril de 2012


Unha Vespa na boneca

Para poder lucir o noso orgullo escuterista, que millor que lucir este precioso abelorio de Morellato nunha pulseira:

É unha frikada, seino, pero eu son así ....

+ info:

- Web de Morellato

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 14 de abril de 2012


Para ambientar un pouco este sábado chuvioso, que mellor que un pouco de música.

Daystar é unha banda de rock indie procedentes de Manchester, que parece que non ten nada que ver coas nosas queridas escúteres, ata que ves este vídeo:




Preciosas imaxes inspiradas nos famosos Mii ...



+ info:

- Web oficial de Daystar

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 13 de abril de 2012


Outra de tatuaxes escuteristas

Eiquí tendes unha nova tacada de tatuaxes escuteristas para a colección:

Dentro de pouco mostrareivos o que me fixen eu ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 12 de abril de 2012


Fotos da 2ª Vesparraiada

O pasado sábado 7 de abril, gozamos dunha boísima 2ª edición da Vesparraida en Portonovo (Pontevedra).

E ata alí desprazámonos unhas 70 escúteres e 12 coches clásicos, para compartir unha boa xornada, un bo xantar na Festa dá Raia, un paseo en barco ata a Illa de Ons e unha estupenda xornada de vesparranda nocturna.

Eiquí tendes un claro exemplo das preciosas máquinas das que poidemos gozar:

E nesta ligazón tender o resto de fotografias dos vehículos asistentes.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 11 de abril de 2012


3º Burgos Scooter Fest

Este venres comeza o 3º Burgos Scooter Fest, Camiño do Desterro e pretende ser unha boa alternativa ao fin de semana.

Eu particularmente paseimo en grande o ano pasado, aínda que nesta edición creo que me resultará imposible pasarme por alí.

Amigos do Scooter Club Burgos, pasadeo en grande!!!!!!!!!!!

+ info:

- Web oficial 3º Burgos Scooter Fest

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 10 de abril de 2012


Un cafeciño vespeiro

Esta claro que con esta baixada das temperaturas e o regreso das choivas, o que máis apetece é un cafeliño.

E se é coma este, pois moito millor.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 5 de abril de 2012


Un ovo para facernos a pascua

Este sería o ovo perfecto para regalarlee a miña afillada:

Disfrutade destes dias que, agardemos, faga bo tempo.

Lemosnos ao retorno da Vesparraida ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 4 de abril de 2012


Unha xogueteria moi vespeira

O pasado verán, na miña visita a Roma, topeime con esta tenda de xoguetes na Piazza Venezia, na que vin este valo publicitario:

Roma + Vespa = Icono italiano.

+ info:

- Little Big Town

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España