miércoles, 31 de diciembre de 2008


Hoxe, como non, Feliz Aninovo a tod@s

Pois iso, que millor maneira de rematar o ano que brindando polo ano que maña comeza.

Dende V & L Culleredo deséxovos:


FELIZ ANINOV-O

FELIZ ANINOV-E

FELIZ ANINOV-ESPA e LAMBRETTA




Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 29 de diciembre de 2008


Remata o ano e estreamos ... calendario

Efectivamente, remata o 2008 e o primeiro que estreamos no ano novo son ... os calendarios.

Xa sexa o da panadería, o da gasolineira ou, como non, o do bar de abaixo, un clásico entre os clásicos.

Sabes que no bar vaste atopar cuns tochos de calendarios dos temas máis variados (e sempre repetidos), estes son:

- O escudo do equipo de futbol, do dono está claro.
- Algunha ñoñería de fotos de osos, bebés ou parellas con mensaxes de "amor pra sempre".
- E, como podía faltar, a "tetona" de quenda, que curiosamente desta versión sempre teñen catro ou cinco modelos, e son os primeiros que se acaban.

E para que tanto calendario? se cando nos fai falta algún nunca o temos a man e acabamos "tirando de móbil".

Pois para unirme a esta "moda" eiquí ofrézovos o meu calendario, pero tranquilos, vén gratis coa cosumición:



Pero para calendario escuterista que marcou unha época foi o de Lambretta de 1970, que tiña como protagonista a unha novísima Raffaella Carrá ("♫♪♫Mexplomexplotamexplo..♪♫♪"), e, casualidades da vida, é perfectamente valido para o ano 2009, ao coincidir exactamente coa disposición dos días.








Podedes descarregar o calendario da Carrá, en formato pdf, dende eiquí

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 24 de diciembre de 2008


♫♪♫ Esta noite e Noiteboa e maña xa é Nadal ♪♫♪

Un día como hoxe non podía titular doutro xeito este post, xa se que o primeiro que se nos vén á mente é esta repetitiva panxoliña pero, a verdade, somos así de simples.

Como non podía ser doutro xeito tiven que relacionar o Nadal coas nosas queridas escúteres así que fixen un recompilatorio de "Vespanoeles".

Hai a típica figuriña:







Os entrañables debuxos do Nadal:




A fotos pubricitarias:




E finalmente, como non, os frikis que queren dala nota:






FELIZ NADAL A TOD@S

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 17 de diciembre de 2008


A Vespa, un regalo de moda??

Parece que regalar Vespas está de moda, fai pouco eran os Pelochos (mondopelocho.com) os que sorteaban unha por cada chamada ao seu número (11888):

e agora vin que Buitoni, quere facer o mesmo regalando 4 Vespa LX:

Moi bonito o deseño da sua web, por certo.

Hai que recoñecer que sempre son un bo recurso para os publicitarios, e para chamar a atenzón dos clientes, o ofrecer ou mostrar unha Vespa cos seus productos.

Tamén están os que a utilizan coma imaxen tipicamente italiana, coma no caso de easyJet, que dalle este sentido a sua publicidade, xa sea volando dende España:

coma dende Inglaterra:

Pero ata agora, a que me pareceu máis directa foi a dos xa típicos anuncios de Absolut Vodka, con todo tipo de obxetos coa forma da sua peculiar botella.

Neste caso unha "Absolut Vedkpa":


O máis curioso e que eu pensaba que o anuncio estaba feito con algún que outro retoque fotográfico, pero a "Absolut Vedkpa" existe de verdade:


Están tolos estes romanos!" que diría Asterix.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 16 de diciembre de 2008


Hoxe preséntovos unha nova web: Lambrettas.es

Pois sí, presentovos esta interesante web que está arrincando, na que xa aportei o meu graniño de area para que, entre todos, sexa o referente español desta entrañable marca.

Segundo di o autor todo comenzou coa restauración desta prezosa LD:


Recoméndovos que lle dedes unha miraxe e, se colaborades nela, tanto millor.

Eiquí tedes a ligazón a Lambrettas.es



Un saúdo Roger.


PD. Xa que comezan as festas do nadal permitinme engalanar o blog para a ocasión.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 15 de diciembre de 2008


Adiantándome aos regalos de nadal, un novo tema Lambretta

Pois sí, Felices Festas a todos (xa hai que comezar a desexalas, que estamos na época), hoxe vos traio un regalo adiantado, un novo tema para Nokia sobre a Lambretta.

As pantallas que veredes ao cargalo serán así:


Podedes descargalo dende esta ligazón.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 14 de diciembre de 2008


Un pouco de música: JDiggz

Atopei o que para min e a mestura perfeta, escúteres e hip-hop.

Son un apaixoado deste xénero musical dende pequeno e ao ver este vídeo, no que sae unha preciosa Lambretta Li Serie I e unha Vespa Tx, un rapeiro vestido estilo mod e cun bolso IGUAL a un que eu teño, simplemente alucinei.


Tedes eiquí a ligazón.

Se queredes saber máis sobre Jonathan Matthew Poirier, máis coñecido coma JDiggz, podedes consultar esta entrada da Wikipedia.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


Estafáronme

Efectivamente, estafáronme.

Todo empezou o venres da semana pasada (día 5), cando saín a facer uns recados coa Vespa e esta parouseme de súpeto. Tratei de arrincala, revisei carburante, electricidade, cambieille a buxía e nada. Como estaba no centro da cidade acordeime que na Praza de Orense hai unha tenda concesionaria Vespa (e Piaggio e Gilera, claro) AUTOAVIÓN, ata alí funme empuxando e cando chego dinme que alí non teñen taller, dígolle se me pode chamar ao taller que teñen na outra dirección, que lles diga que moto é e se lle poden botar unha ollada. Dime que si, que sen ningún problema así que a chamada seguitne foi ao guindastre e para o taller que teñen no Birloque.

Cando me recepcionan a vespa e despois de explicarlle o que lle pasa pregúntanme:
- e non será da bateria? - (¡Deus meu onde me metín!, penso eu)
- Batería? se esta moto non leva batería- dígolle
- Ahhh - dime todo estrañado, coma se descubriralle a pólvora.

Sen máis noticias da miña querida Vespa, chamo o martes pola mañá (pasara toda a ponte, que á miña fíxoseme eterna) e dinme que nin miraran para ela, que cando tivesen un ratiño xa verían. O mesmo martes, pola tarde, recibo unha chamada dos mecánicos, primeira pregunta:
- Tes que vir abrir o asento que está pechado.
- O asento está aberto, que xa o deixei aberto eu - dígolle - tes que xogar un pouco co peche que vai un pouco duro.
- Non, non, TES QUE VIR, que está pechado - insísteme con outro ton.
- Estouche dicindo que o asento ESTA ABERTO que o deixei aberto eu á mantenta - vaime a discutir a min, vai listo.
- Bo, bo, xa veremos que facemos.
Pois para iso non me chames, pensei e pásame a outro
- Oe, ISTO onde leva o número de bastidor?
Isto?? que che pensas, que é un vaca? - Pois mira abres o cofano dereito e xa o ves aí gravado.
- Que abro o que?? - dime.
Onde me metín!! - Abres o cofano dereito, a chapa que cobre o motor, as cachas, como lle queira chamar.
- Ahhh, vale, vale, xa te chamaremos e dirémosche algo.

O Xoves pola tarde, cansado de esperar a que me chamasen para dicirme algo, chamo de novo a Autoavión e dime:
- Mira, o fallo POIDA que sexa da bobina de alta, como non puidemos arrincar a moto... entón, puxémonos en contacto coa fábrica (Piaggio) e díxonos que non se fabrican pero nos remitiu a un concesionario en Barcelona que, se cadra teñen o reposto. Logo de falar con eles dixéronnos que non tiñan ese reposto, que non se fabricaba xa e que era IMPOSIBLE de conseguir, que probásemos nalgún despezamento e niso estamos. Pero bo, non sabemos se terá algo máis ata que a arrinquemos.
- Como que non se fabrica, como que non se conseguen, se sen pensalo moito a min ocórrenseme unha decea de páxinas en internet dedicadas aos recambios de Vespa, COMO QUE NUN DESPEZAMENTO, antes de buscar pezas de despezamento haberá que buscar no maior número de sitios posibles - lle digo eu, xa bastante encabuxado.
- Se ti sabes onde conseguir a bobina de alta e nola traee, nós póñemoslla.
Colgo o teléfono e póñome a pensar, primeiro sitio máis próximo que se me ocorre que podería ter= os amigos de Motomania en Vigo, chamo e, logo de presentarme e explicarlle o tema dime:
- Bobina de alta para unha 160?? espera que miro .... - 1 minuto despois - si, teño un par delas.
1 minuto!! tardei en atopala, 1 minuto e sen ser un concesionario, nin mecánico nin nada.
- O problema - dígolle - é que para ir ata Vigo a buscala é un batifondo ..
- Non te preocupes, enviámoscha contrarrembolso. Dáme a dirección - Alucinado quedeime.
Chamo de novo aos IMPRESENTABLES DE AUTOAVIÓN e flipou cun - "Como que xa a conseguiches?".
En vista da falla de COÑECEMENTOS que teñen en AUTOAVIÓN pensei a que outro taller podería levala e acordeime dos amigos de MANEL MOTOR (Fillo do retirado Motos Botana, clásico concesionario Vespa en Coruña) e dixéronme que estaban un pouco liados no taller pero o mecánico díxome de alguén que se dedica a restaurar Vespas que me podería botar unha ollada.
Localiceino e dime que si, chamo a Motomania para anulalo pedido e agradecerlles a sua interese e chamo de novo a AUTOAVIÓN, e dígolle:
- Oe, que xa non fai falla que lle fagades nada máis á moto, que a vou ir buscar.
- Pero... ISTO TEN UNS GASTOS E ... - xa o interrompín ao ver o ton subido que tiña.
- Non te preocupes que eu xa conto que ten uns gastos polo "traballo" que fixestedes.

Preséntome alí cun remolque xa preparado para levarme a moto e, logo de ensinarme os "trámites" que fixeran para localizar a peza, sacan a moto á rúa e pásanme a factura, co concepto:

- DESMONTAR REVISAR ACENDIDO - 2 x 32 € = 64 € e, aplicándolle a IVE:

¡¡¡ 74,24 Euros !!!

74 eurazos, se non lle fixeron nada!!!, nin pestañeou o paisano cando me deu a factura!! nin pestañeou, nin me mirou á cara, só me dixo:
- cóbrache aí a miña compañeira - e faltáronlle pernas.
Que opción che queda, pagar e xa está, vanche a dicir que tiveron que desmontar o asento e depósito para mirar... e tal e despois volver montar (isto remárcoo e agora saberedes o porqué).
Non tiveron as santos narices nin de axudarme a montar a moto no remolque, que, baixo unha choiva tremenda, tívenme que apañar eu só.

Cal foi a miña sorpresa cando chego ao taller onde SI ma van a arranxar, porque saben de que moto se trata, e vexo que:
· o cofano dereito está medio solto, con que podía haber caído no traslado no remolque co que iso podería levar (danos a terceiros, danos propios, etc)
· os tres parafusos de amarre do asento estaban case saídos do todo, menos mal que ía pechado e suxeitábase polo peche.
· A buxía estaba sacada e ía pegando botes solta, deixando un buraco para que entrase a auga perfecto.

Podédesvos imaxinar o meu cabreo, non só me estafan por dúas horas dun traballo que se pode facer en media, senón que pola neglixencia dos mecánicos á hora de "rematar" o seu traballo case se provoca unha desgraza maior.
Pero o cabreo non quedou aí, ao día seguinte, o venres, chámame o mecánico e dime:
- Oe, que isto non é da bobina de alta, que está perfectamente, isto é un pouco máis grave .....
Bo, resumindo, que era do aceso electrónico.
Que cara íame quedar cando logo de pagar 90 euros por unha bobina de alta traída de Vigo dixésenme os de AUTOAVIÓN que non, que non era diso que iso estaba ben, que agora "pode" que sexa do aceso electrónico que custa "só" uns 200 euros. INCRIBLE.

Por iso, e logo de darvos a chapa un bo intre, sigo insistindo para que quede ben clariño:

ESTAFÁRONME, AUTO AVIÓN MOTOS ESTAFOUME.

E digo Auto Avión Motos, porque curiosamente no concesionario de coches estou contentísimo, eu compreime ali un (Daewoo) e levei hai pouco á miña nai e comprou outro e xa vos digo, co concesionario de coches estou contentísimo, que hai que ser coherente e saber diferenciar.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 10 de diciembre de 2008


Manifestación moteira o sábado 13 de decembro

O sábado dia 13, de xeito coordinado en toda España convócase unha manifestación para solicitala eliminación dos valos gardarraís.

Eu recoñezo que sendo realistas isto é unha utopía, xa que ELIMINAR todos os valos gardarraís que existen no territorio nacional non se consegue nin en décadas, pero si considero que temos que facer forza para que se modifiquen e protexan tanto correcta como efectivamente, os elementos que resultan cortantes en caso de accidente cunha moto.

Eiquí temos o debate de sempre, de se os moteiros (e neste caso refírome aos de motos de gran cilindrada) circulan a velocidades inadecuadas nalgúns tramos e por iso, en caso de accidente, son tan lesivos os valos gardarraís, pero hai que pensar que nós, nas nosas escúteres, en caso de caída, circulando a 60 km/h, un impacto co soporte dun gardarrail pódenos provocar grandes lesións, chegando ata a amputacións de membros, e repito, non fai falla ir moi rápido.

Por iso é importante que todos e insisto TODOS os que utilizamos as dúas rodas como medio habitual de transporte, unámonos para esixir máis seguridade pasiva nas nosas estradas.

Aquí tedes o cartel da manifestación:

Convoca:


PLATAFORMA MOTERA PARA LA SEGURIDAD VIAL

Eu teño a moto no taller, pero espero tela a punto para ese día, a saída na Coruña e las 11:30 horas dende o Parking do Coliseum.

O percorrido será:

Saída do parking del Coliseum
C/. Alfonso Molina
C/. Linares Rivas
C/. Cantón Grande
Parada na Praza de Orense frente da Delegación do Goberno as 12 horas, coincidindo con toda España para a entrega do escrito solicitando a eliminación dos valos gardarraís.
C/. Cantón Pequeño
Avda de la Marina
Paseo del Parrote
Paseo Marítimo
Avda del Matadero
Avda. Pedro Barrié de la Maza
Avda Buenos Aires
C/. Manuel Murguía
Ronda de Outeiro
Avda Alfonso Molina
Fin do traxecto no Parking do Coliseum

+ info:

- PLATAFORMA MOTERA PARA LA SEGURIDAD VIAL
- Plano do recorrido

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


Listaxe de ligazóns escuteristas

Tal e como vos dixen no post anterior, fun recopilando ligazóns a distintos clubes escuteristas, tanto de Vespa, coma de Lambretta, coma de escúteres en xeral e aquí tedes, a recopilación destos derradeiros, organizados por provincias:


COMUNIDADE AUTÓNOMA OU PROVINCIAESCÚTER CLUB
VULCAN SCOOTER SECTA ESPAÑA

ANDALUCÍA


Almería
Cádiz
Córdoba
GranadaMOTO SCOOTER CLUB VESPACITO
Huelva
Jaén
MálagaCLUB SCOOTERISTA DE CAMPILLOS
SevillaMALDITOS ROEDORES SC
SCOOTER KLÁSICO ALJARAFE

ARAGÓN

Huesca
Teruel
ZaragozaFLAMINGO SC

ASTURIAS

AsturiasFORUM BIGAE SC

CANARIAS

Las Palmas
Santa Cruz de Tenerife

CANTABRIA

Cantabria

CASTILLA LA MANCHA

Albacete
Ciudad Real
Cuenca
Guadalajara
ToledoSCOOTER CLÁSICO TALAVERA

CASTILLA-LEÓN

Ávila
BurgosSC BURGOS
LeónLEON SCOOTER DIVISION
Palencia
Salamanca
SegoviaSC SEGOVIA
Soria
ValladolidESCÚTER CLUB VALLADOLID
Zamora

CATALUNYA

SC CATALUNYA
BarcelonaLA MORENETA SC
GironaGIRONA SC
Lleida
TarragonaPERFECTO SC - CAMBRILS

CEUTA-MELILLA

Ceuta / Melilla

COMUNIDAD VALENCIANA

AlicanteSC DÉNIA
ORIHUELA SC COSTA BLANCA

Castellón
ValenciaVALENCIA SC
3RODES SCOOTER CLUB DE CARCAIXENT

EXTREMADURA

Badajoz
Cáceres

GALICIA

A Coruña SC COMPOSTELA
Lugo
OurenseClub Vespa-Lambretta Clásica Ourense
PontevedraCS CLASICO VIGO
VESPEINADOS.COM - VIGO SCOOTER CLUB

ILLES BALEARS

BalearesBORINOS SCOOTER CLASSIC CLUB
SC MALLORCA

LA RIOJA

La Rioja

MADRID

MadridSC MADRID

MURCIA

MurciaLAGARTIJO SC - YECLA
THE PERPUTAS SC

NAVARRA

NavarraTUDELA SC

PAÍS VASCO

SC EUSKADI
ÁlavaSC VITORIA
Guipúzcoa
VizcayaAZKORRI SC - GETXO


Supoño que faltarán moitos máis, pero tempo ao tempo.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 6 de diciembre de 2008


Ligazóns a clubes escuteristas

Sempre que me poño a buscar información sobre clubes escuteristas encóntrome cun traballo moi tedioso e con moitas ligazóns repetidas, polo que, propoñome organizalos un pouco para poder ter a maior cantidade posibel de ligazóns a clubes escuteristas.

Xa que no lateral deste blog vos puxen, xa fai tempo, as ligazóns a algúns clubes galegos quero completalos incluindo pouco a pouco todolos que coñeza, encontre ou faganme saber.

Tamén quero incluir ligazóns destacados a aqueles clubes que, tal e como xa me pasou, abréronme os seus brazos acolléndome nos seus foros e actos organizados.

Este e o caso dos Vespeinados.com, Vigo Scooter Club, aos que coñecín no Vespeinando Galicia 2 (Volta a Galicia) deste pasado verán.

Podedes consultar:

- O seu blog
- O seu foro

Tamén quero facer unha mención a uns amigos do outro lado do charco, o Lambretta Club Chile:

Podedes consultar + info en:

- A sua web, na que me llamou moito a atención a imaxe que teñen de fondo.
- O seu foro

Un saudo e unha aperta a todos eles.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 4 de diciembre de 2008


A bolsa da compra

Agora que se achegan as festas do nadal, todos dedicamonos a comprar e comprar sen parar, xa sexa comida, agasallos, lotería ou o que se tercie, o caso e que vivimos nunha sociedade consumista e hai que asumilo.

E xa que enchemos bolsas e bolsas de cousas, que menos que estas teñan estilo propio, que digan por si mesmas o que nos gusta e apaixónanos.

Que vai ser? as nosas queridas escúters.

Mirade que bolsas de papel venden en Sketchbagz.com:

Na web din que son "EASY TO CARRY", "Sinxela de levar" e menos mal que o din porque só lles falta pór as instrucións de uso.

O que pasa é que o estilo ten un prezo, 7,99 ₤ibras concretamente, que veñen sendo uns 9,20 €uros, e barata, o que se di barata, para ser unha bolsa de papel como a que che regalan en Zara coa túa compra, pois realmente non é, pero é o prezo que hai que pagar para poder ter unha bolsa coa nosa querida Lambretta pintada no seu lateral.

Que digo eu, por ese prezo o estarcido estará polos dous lados, non si?

Pero bo, outra gran vantaxe que teñen é que son:

+ info:
- Sketchbagz.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 3 de diciembre de 2008


E agora un tema de... Lambretta

Despóis deste pequeno descanso que me tomei, volvo coas baterías carregadas e ofrecendo novos recursos, que espero sexan do voso interese.

Xa que nalgúns post pasados vos trouxen temas sobre a Vespa, agora tocalle a quenda dun tema para Nokia sobre a Lambretta.

Recoñezo que me quedou un pouco máis "pesado" que os anteriores, xa que aumentei a cantidade de configuracions personalizadas e imaxes (pouco a pouco vou aprendendo), pero o peso extra creo que vale a pena.

Eiquí tedes un par de imaxes do tema aplicado:



Podédelo descarregar dende esta ligazón.

Xa sabedes: descompremides o archivo zip, enviades o archivo nth ao teléfono e lle dades a "aplicar tema".

Desexo que vos guste e ¡¡¡ A disfrutalo !!!

Tamén as vellas Lambrettas teñen dereito a encher as novas tecnoloxías:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España