miércoles, 31 de agosto de 2011


IV Encontro de Motos Clásicas de Oleiros

Este fin de semana, o concello de Oleiros (A Coruña), acolle un novo encontro de motos clásicas.

Da man dos amigos de MotOleiros, esta cita chega xa á súa 4ª edición, co seguinte programa de actos:

Sábado 3 de setembro:

- A partir dás 17:00 h, exibición de motos clásicas de velocidade e trial en circuíto pechado.

Domingo 4 de setembro:

- A partir das 09:00 h, inscrición e almorzo, ruta aproximadamente de 70km, entrega de trofeos e xantar.

Haberá un mercadillo e exposición de motos, que estarán abertos desde o sábado no instituto "Miraflores" de Oleiros (A Coruña)

+ info:

- Facebook
- Telefono: 626 703 220

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 18 de agosto de 2011


3ª Golfo-Escuterada.
Asalto ao centro comercial máis grande de España

O próximo 27 de Agosto celebraremos a nosa 3ª Golfo-Escuterada na Coruña.

O programa de actos será o seguinte:

11:30 horas recepción de participantes na praza exterior do centro comercial Marineda City
Disporemos de casetas de Vespa, LML e A Enerxía Verde, onde se poderán probar os diversos escúteres das marcas e un escúter eléctrico

14:30 horas Xantar no parque de Monticaño - Arteixo (Ver en Maps)
Con
o seguinte menú:

1º Entrantes: Mexillóns ao vapor, croquetas, empanada e ensalada de polo.
2º Jarrete asado

Sobremesa e café.

Viño da casa, refrescos e auga.

17:00 horas inicio da ruta
(O percorrido será duns 50 km, pasando por Arteixo, Praia de Barrañan, Pastoriza, O Portiño, Paseo marítimo da Coruña facendo unha parada aos pés de La Torre de Hércules para foto grupal)

18:30 horas chegada a María Pita
Realizaremos unha pequena merenda no pub A Fvndación.

20:00 horas inicio ruta regreso a Marineda City

21:00 horas finalización da 3ª Golfo-Escuterada



O prezo da inscrición será de 20 € (15 € Socios Golfos Ártabros Escúter Clube) e a mesma inclúe: bolsa de recordos, xantar, merenda e participación nos sorteos.

Para formalizar a inscrición debe ingresarse o importe da incripción na conta número 0031-0001-28-1011006441 do Banco Etcheverría, indicando como concepto do mesmo: INCRIPCION e NOME COMPLETO.

PRAZO MÁXIMO DE INSCRICIÓN 22 DE AGOSTO DE 2011

Ese fin de semana, coincide na Coruña, cunha concentración do IPA (International Police Association), que realizará, o sábado 27, sobre as 23:30 horas, un desfile de Fachos en honra aos motoristas falecidos na estrada, á que nos invitaron a unirnos. (Tendes o programa de actos eiquí)

Para os que desexen quedar a durmir, xestionouse un aloxamento alcanzable, co que debereis porvos en contacto coa organización da 3ª Golfo-Escuterada.

Do 16 ao 27 de agosto vaise a realizar unha exposición dentro do centro comercial Marineda City con modelos de distintas épocas de Vespa, Lambretta, Iso e algunha outra escúter antiga.

+ INFO:
- GolfosArtabrosEC.org
- golfosartabros@gmail.com
- Telefono: 674 763 671

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 17 de agosto de 2011


XIV Concentración Motos Vellas do Salnés

O vindeiro domingo 21 de agosto, os amigos do Club Motos Vellas do Salnés, organizan a súa 14ª concentración en Cambados (Pontevedra)

Esta é a información que facilitan na súa blogue:

"Como cousas especiais, este ano os que vingades en motos anteriores ao ano 1945, non teredes que pagar nada, teredes inscrición gratuíta. Intentamos con iso, fomentar que todos os que teñades algunha moto que cumpra ese requisito, traiádela, aínda que non sexa a máis cómoda para facer o percorrido, e conseguir así realzar máis a concentración.

O prazo de preinscrición, que é obrigatoria, termina o dia 18 de Agosto.

A admisión de participantes sérá na Praza de fefiñanes, desde as 9 da mañá ata as 10:30, para saír todos de alí ás 10:45. Rogamos puntualidade, xa que salvo causas de forza maior, non admitiremos a ninguén fóra deses horarios.

En canto ao percorrido, cambiamos de zona e ímonos a ir á Illa de Arousa, a percorrer un pouco o seu municipio, pasaremos despois por Vilanova, parando para tomar un petisco no Pazo de Vista Real, desde alí volveremos a Cambados, para tomar outro aperitivo na Praza de Alfredo Brañas, e xa desde esa praza faremos un pequeno percorrido por Cambados, para aparcar as motos na Praza de Fefiñanes e irnos a comer.
A inscrición será como o ano pasado de 30 euros, o que inclúe comida, os dous petiscos e algúns recordos, aparte de entrar no sorteo de agasallos logo da comida. Os que só queirades vir ao percorrido, por 15 euros tedes os dous petiscos e os recordos.
Mantemos o requisito xa tradicional, de que as motos sexan anteriores ao ano 1970.
"

+ info:

- MotosVellasdoSalnes.blogspot.com

Vémonos en Cambados o domingo ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 16 de agosto de 2011


Número 2 da revista Escúter Clásica

Xa está disponible ol número 2 da revista dixital e gratuita Escúter Clásica:



Ligazón para leer a revista

Ligazón para descarregala revista

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 9 de agosto de 2011


VI Concentrazón Clásicos Miño

O próximo domingo chega unha cita clásica do verán, a sexta edicion da concentrazón de vehículos clásicos de Miño (A Coruña):

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 4 de agosto de 2011


Os Pitufos ... escuteristas

O pasado venres estrenouse unha nova versión de Os Pitufos e, os que medramos con eles, aledounos este remake.

Co friki que son hoxe traiovos a un pitufo escuterista, como non jajajja:

Eiquí tendelo trailer da nova película, eu espero ir vela en breve:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 3 de agosto de 2011


As fotos da 4ª Scooterada Vilagarciana

O pasado sábado xuntamonos en Vilagarcia de Arousa (Pontevedra) uns cantos escuteristas para disfrutar da 4ª edición da Scooterada Arousana.

Eiquí tendes as fotos que saquei do evento:



O resto das fotos tédelas eiquí:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 1 de agosto de 2011


Euroyeye 2011, mod & 60's rally

Este fin de semana, do 4 a0 7 de Agosto, Gijón acollera unha nova edición do festival Euroyeye:





+ info:

- Euroyeye.es

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España