jueves, 18 de agosto de 2011


3ª Golfo-Escuterada.
Asalto ao centro comercial máis grande de España

O próximo 27 de Agosto celebraremos a nosa 3ª Golfo-Escuterada na Coruña.

O programa de actos será o seguinte:

11:30 horas recepción de participantes na praza exterior do centro comercial Marineda City
Disporemos de casetas de Vespa, LML e A Enerxía Verde, onde se poderán probar os diversos escúteres das marcas e un escúter eléctrico

14:30 horas Xantar no parque de Monticaño - Arteixo (Ver en Maps)
Con
o seguinte menú:

1º Entrantes: Mexillóns ao vapor, croquetas, empanada e ensalada de polo.
2º Jarrete asado

Sobremesa e café.

Viño da casa, refrescos e auga.

17:00 horas inicio da ruta
(O percorrido será duns 50 km, pasando por Arteixo, Praia de Barrañan, Pastoriza, O Portiño, Paseo marítimo da Coruña facendo unha parada aos pés de La Torre de Hércules para foto grupal)

18:30 horas chegada a María Pita
Realizaremos unha pequena merenda no pub A Fvndación.

20:00 horas inicio ruta regreso a Marineda City

21:00 horas finalización da 3ª Golfo-Escuterada



O prezo da inscrición será de 20 € (15 € Socios Golfos Ártabros Escúter Clube) e a mesma inclúe: bolsa de recordos, xantar, merenda e participación nos sorteos.

Para formalizar a inscrición debe ingresarse o importe da incripción na conta número 0031-0001-28-1011006441 do Banco Etcheverría, indicando como concepto do mesmo: INCRIPCION e NOME COMPLETO.

PRAZO MÁXIMO DE INSCRICIÓN 22 DE AGOSTO DE 2011

Ese fin de semana, coincide na Coruña, cunha concentración do IPA (International Police Association), que realizará, o sábado 27, sobre as 23:30 horas, un desfile de Fachos en honra aos motoristas falecidos na estrada, á que nos invitaron a unirnos. (Tendes o programa de actos eiquí)

Para os que desexen quedar a durmir, xestionouse un aloxamento alcanzable, co que debereis porvos en contacto coa organización da 3ª Golfo-Escuterada.

Do 16 ao 27 de agosto vaise a realizar unha exposición dentro do centro comercial Marineda City con modelos de distintas épocas de Vespa, Lambretta, Iso e algunha outra escúter antiga.

+ INFO:
- GolfosArtabrosEC.org
- golfosartabros@gmail.com
- Telefono: 674 763 671

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: