domingo, 29 de marzo de 2009


Calendario de Clásicas galegas 2009

Hola a tod@s, despoiss duns cantos días afastado do blog por motivos de saude, recollo o mesmo mirando cara aos acontecementos que se van realizar nos próximos meses.

É o calendario de actividades e concentracións de motos Clasicas de Galicia 2009.

Para o mes de ABRIL:

DIA 4.- CAMPEONATO PORTUGUÉS DE CLÁSICAS no CIRCUITO DE BRAGA
DIA 12.- EXPOSICION DE FERRARIS e MOTOS CLÁSICAS DE CARREIRAS EN CAMARIÑAS, a partires do mediodía, dentro das actividades paralelas da XIX MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS
DIA 25.- 6 HORAS DE RESISTENCIA EN SCOOTER CLÁSICO no circuito de SOUTELO DE MONTES - FORCAREI (Pontevedra)

Para o mes de MAYO:

DIA 1.- IV RUTA DE MOTOS ANTIGAS "TERRAS DE PADRÓN" - Organizada polo A.C. MOTOS ANTIGAS TERRAS DE PADRÓN
DIAS 16 Y 17.- FEGACLASIC (FEira GAlega do automóbil CLASICo) EN PONTECESURES
DIA 17.- XV RUTA ROSALIANA DE MOTOCICLETAS CLÁSICAS organizada polo MotoClub Compostela
DIA 31.- 1º ABRAZO ESCÚTERISTA Á TORRE DE HERCULES, organizada polo Golfos Ártabros Escúter Clube


Para o mes de JUNIO:

DIA 7.- CONCENTRACIÓN VETERANAS DEZA - SILLEDA
DIA 14.- V SCOOTERADA COMPOSTELANA organizada polo MotoClub Compostela
DIA 21.- CONCENTRACION DE CALO organizada polo MOTO CLUB TEO
DIAS 27 Y 28.- CONCENTRACION DE SCOOTERS AVISPADOS, organizada polo Club Vespa Lambretta Clásica de Ourense

Para o mes de JULIO:

DIA 7 CLASICAS OURENSE
DIA 18 III SCOOTERADA VILAGARCIANA, organizada polo Lambretta Club Vilagarcia

Para o mes de AGOSTO:

DIA 23 MOTOS CLASICAS DO SALNES, organizado polo Club Motos Vellas do Salnés
DIA 30 VAL DO DUBRA

Para o mes de SEPTIEMBRE:

DIA 6 CLASICAS DE BOQUEIXON
DIA 12 Y 13 PRAIA DE CABÍO - POBRA
DIA 18,19 Y 29 CONCENTRACIÓN DE TOMIÑO – organizada polo MOTO CLUB DALLE GAS

Para o mes de OCTUBRE:

DIA 7 Y 8 MERCADILLO Y EXPOSICION EN GOIAN – organizada polo MOTO CLUB DALLE GAS

Espero que non se me escapara ningunha, así como espero veros en (case) todas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 18 de marzo de 2009


Estiven no Vespalacón e acordeime de ti

Hoxe quixen titular esta entrada con este slogan tan de souvenir, porque cumpre perfectamente a sensación que tiven o domingo pasado en Cuntis, onde o único que botei en falla foron aos familiares e amigos que, por os seus distintos motivos, non poideron vir.

130 escúteres, máis de 300 persoas, unha auténtica tolería, e todos quedámonos cun aire de boa satisfación nunha concentración que se organizou pouco a pouco, entre catro amigos, e na cal, finalmente, rematamos reunidos escúteristas de toda Galicia.

O mal sabor de boca que nos deixara o Invernovespa, por culpa do trato recibido por parte do Concello de Santiago, quedou no olvido polo recibimiento e apoio que nos deron en Cuntis o Concello, Policía Local, Gardia Civil, Protección Civil e todolos seus veciños.

GRACIAS, MIL GRACIAS A TODOS

Esta imaxe reflexa perfectamente a que se liou en Cuntis, con todos estes "tolos" enrriba das suas monturas polas ruas dunha pequena vila que se converteu, por un día, na capital do escuterismo galego.

Graciñas a todala organización, que a pesares de selo primeiro "embolado" no que se metían, tiveron bos detalles, coma por exemplo o photocall polo que case todos pasamos(anque eu prefiro chamalo porcocall):

Pinchade na seguinte imaxe para ver máis fotos do evento:

+ info e fotos en:

Vespalacón.com
Blog de Vespadicto
Foro de Vespeinados.com
Foro de Golfos Ártabros Escúter Clube

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 13 de marzo de 2009


A frase do día, aille que botar humor á vida

Despois dos millares de mails que todos recibimos chegoume esta frase, que a verdade chamoume a atención, xa que pensándoa ben, resume perfectamente a sociedade na que vivimos:

"No mundo actual estase invertindo cinco veces máis en medicamentos para a virilidade masculina e silicona para mulleres que na cura do Alzheimer.
Nalgúns anos teremos vellas de peitos grandes e vellos con carallo
duro, pero ningún deles acordarase para que serven". Dr. Drauzio Varella


E aproveito para recordarvos que o Domingo imos todos ao Vespalacón en Cuntis (Pontevedra).

No sei se teredes de agasallo un colgante para o mobil de recordo:

Ou un colgante para a cadea:

Ou algo con esta imaxen dun porco montado nun Ape:



Pero se non tedes Vespa, non vos preocupedes, sempre podedes acudir nunha Porconda:



E se ti xa eres de alto standing, podes vir neste Porcedes:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 11 de marzo de 2009


5 anos despois


Hoxe non puedo máis que sumarme ao escalofriante recordo dos cruentos atentados de Madrid e condenar dende eiquí calquera clase de violencia.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 9 de marzo de 2009


Nova Lambretta: A 150 Special

Con este titular saía a rúa este número 234 da revista Velocidad, fai 33 anos, concretamente o 5 de marzo de 1966.

Segundo dicía o artigo: "LAMBRETTA Locomociones, S.A., presentou oficialmente o seu novo modelo de scooter: a 150 Special.
A presentación tivo lugar na sede social do edificio Lambretta, en Madrid, cun acto íntimo, sinxelo, de confraternidad, ao que foron invitadas numerosas personalidades do mundillo industrial e económico do motor, prensa especializada, autoridades e, de modo especial, a tan popular como bellísima actriz cinematográfica Marujita Díaz.
O acto viuse realzado, pois. Coa presenza da actriz, a quen a directiva de Lambretta
obsequiou coa primeira unidade da nova scooter. As dúas estrelas, a 150 Special e Marujita Díaz, foron eixe de atracción para xornalistas e reporteros gráficos.
A scooter presentada, de cor V lata metalizado, pareceunos dunha beleza exquisita. Exteriormente presenta un aspecto máis de actualidade que as súas predecesoras: as tapas laterais que cobren os órganos motrices son de distinto diseño, máis estilizados aínda que os anteriores, máis actuais, máis elegantes e máis cómodos para o pasaxeiro.
Interiormente tamén ofrece interesantes diferenzas: novo cilindro, novo carburador e nova caixa de cambios, que permeten unha maior aceleración ao motor, con o que se consegue maior velocidade punta e, sobre todo, maior reprisse. Neste novo modelo, a velocidade máxima sinálase en 97 quilómetros á hora, mentres que na anterior versión do modelo de 150 c. c. obtéñense menos quilómetros por hora. Estas propiedades sinaladas son xa motivo suficiente para espertar a atracción do usuario. Nova liña nas tapas laterais, nova cor de singular encanto e maior velocidade punta e reprisse xustifican dabondo o novo modelo que nace en España, ven propicia para a súa goce. A cor prata metalizado único que se ofrece, é un verdadeiro recreo para a vista."


Agora entendo por que fai o que fai, cos ollos.

O artigo continuaba con outros datos máis técnicos: "Polo que respecta aos modelos de Scooterlineas, tan popularizados por Lambretta, preséntanse agora de cara a 1966, con sensibles melloras que afectan principalmente á súa configuración mecánica. Así as actuais scooterlíneas, tanto ás versións de 125 Li c. c. como ás de 150 e 175 cc. levan mellorada a aspiración do cilindro e un pistón máis alargado con maior asento e o índice de compresión aumentado. Melloras que, en cambio, non afectan ao prezo de venda, que segue manténdose no xa coñecido, e como noticia digna de sinalar, a volta ao mercado da famosa Lambretta 150 Li. Volve ante a demanda dun importante sector de público, transmitida polos moitos concesionarios da marca en España. A robustez da 150 Li, unida á súa economía de adquisición (18.500 pesetas) e de mantemento, motivaron esta volta, que presentimos moi duradera.
Como complemento desta información facilitamos seguidamente as principais características técnicas da nova scooter presentada.
A Lambretta 150 Special:
Cilindrada: 148 c. c.
Potencia máxima: 7,6 CV.
Velocidade máxima: 97 km-h.
Consumo cada 100 km.: 2,8 litros.
Capacidade do depósito: 8.5 litros.
Autonomía aproximada: 300 km.
Longo máximo: 1,8 metros.
Ancho máximo: 700 mm.
Altura máxima: 1030 mm
Pendentes superables: 9 por 100, en cuarta; 14 por 100, en terceira; 22 por 100 en segunda, e 35 por 100, en primeira.
MAIS VELOZ E ELEGANTE: A LAMBRETTA 150 SPECIAL
"

A verdade que foi e segue sendo un modelo "belísimo" (refirome, claro está, á Lambretta).

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 4 de marzo de 2009


O Vespalacón, tamén ten o seu spot

Pois si, o Vespalacón que vaise celebrar o próximo domingo 15 de Marzo en Cuntis (Pontevedra), xa conta, para anunciarse, cun spot verdaderamente grandioso.

Eiquí tedes esta marabilla da publicidade:


Director e guionista: Vespadicto
Actorazo: Fran Campos (Padre Merino)

Quedome co de: "la preparación de la máquina ... roza la perfección"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 1 de marzo de 2009


Vence os teus medos, cun pouco de humor

Se sofres de Apifobia, non te preocupes, non estás só.



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España