martes, 31 de agosto de 2010


IV Concentración de clásicos Vila de Portomarín

A Escudería Portomarín Sport en colaboración coa Asociación Lucense de Automóviles Antiguos e Clásicos, o Concello de Portomarín e a comisión de festas, organiza o próximo sábado 4 de setembro a 4ª concentración de vehículos clásicos.

A actividade comezará ás 10 coa chegada dos vehículos.

Ás 11 sairá o primeiro participante no percorrido secreto de 40 quilómetros.

A organización conta, aínda que falta confirmación definitiva, coa presenza de motos de época que estarán expostas na praza cos coches.

Ás 14 horas está prevista a chegada dos tractores da asociación Agamac que estarán facendo o Camiño de Santiago.

Os interesados en apuntarse na concentración poden facelo nos teléfonos 646 161 311 ou 608 080 827 nos que lles darán cumprida información de todos os detalles.

+ info:

- La Voz de Galicia

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 30 de agosto de 2010


1ª Concentración Motos Clasicas de Betanzos - As fotos

O pásado sábado 28, celebrouse en Betanzos (A Coruña) a 1ª Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos e alí presenteime coa miña 160.

A verdade é que hai que recoñecer o bo labor realizado pola organización, xa que para ser a primeira estivo moi pero que moi ben.

Moitas motos e de calidade, que máis se pode pedir.

E como non, varias escúteres dignas de admiración:


Teneis o resto das fotos eiquí:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 24 de agosto de 2010


V Concentracion Clásicos en Miño - Fotos

Finalmente o sábado pasado non fomos moitas as motos que asistimos á V Concentracion de vehículos Clásicos Concello de Miño, pero as que estivemos fomos as mellores, jejeje.

Eiquí as tendes:



En xeral o día estivo moi ben, mañá de vehículos clasicos, tarde de praia.

Mercadillo de pezas e trastos moi entretido.

Premios sobre todos para os automóbiles, aínda que ao amigo Juan, na súa primeira concentración, déronlle o premio á moto mellor restauranda (Bultaco Mercurio), parabéns por certo.

E falando de Juan déixovos eiquí un vídeo que preparou da concentración:



E ademáis tendes o resto das fotos da xornada eiquí a o seguir:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 23 de agosto de 2010


1ª Concentración Motos Clasicas Cidade de Betanzos

Outra máis para o próximo fin de semana.

Aa Asociación Amigos do Casco Historico de Betanzos, organiza, o vindeiro sábado 28 de agosto, a 1ª Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos.



A concentración terá lugar na praza da Constitución de Betanzos en horario aproximado de 9,30 h. a 14,30 h.

Para participar na concentración será necesario realizar unha preinscrición a través do formulario que podedes cubrir directamenta picando nesta ligazón, e, segundo informoume a organización, agradecerían que se fixese por este medio para poder así saber con cantos participantes contar.

A preincripción tamén poderá realizarse chamando aos seguintes teléfonos:

620 082 498 (Gabriel) - 686 715 020 (Alberto)

E para calquera dúbida ou información podedes dirixirvos á dirección de correo electrónico:

clasicasbetanzos@gmail.com

A inscrición é gratuíta, e poderase realizar ese mesmo día na praza da Constitución, en horario de 9:30 h. a 11:00 h. ante a mesa da organización que se habilitará ao efecto onde se fará entrega da documentación a cada participante

Non se admitirán motos fabricadas con posterioridade a 1985

As motos permanecerán en exposición das 11 h. ás 14:30 h.

A partir das 12 h. os participantes e acompañantes que o desexen poderán realizar en grupos organizados unha visita guiada á Fundación CIEC (Centro Intenacional de Estampa Contemporánea), para o que se entregarán as correspondentes acreditacións no momento da inscrición.

RUTA URBANA POLO CASCO HISTÓRICO

A partir das 13:00 h. terá lugar unha ruta urbana polas principais rúas do casco histórico betanceiro, que terá a súa saída desde a Praza da Constitución escoltados por membros da Policía Municipal.

Para participar nesta ruta será necesario ter a documentación da moto en regra.

ENTREGA DE PREMIOS

Ao finalizar esta ruta, que volverá ao seu punto de orixe, terá lugar a entrega de premios e recordos aos participantes, para o que a organización nomeará un xurado de expertos coñecedores do mundo da moto.

Tras a entrega de premios serviranse uns pinchos a participantes e acompañantes, co que se rematará esta I Concentración de Motos Clásicas en Betanzos.

+ info:

- BetanzosHistorico.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 21 de agosto de 2010


2ª Scooterada Vespeinada-Vigo 2010

Ide preparandovos todos para o próximo fin de semana, xa que os Vespeinados celebran a sua 2ª Scooterada Vespeinada-Vigo 2010, co seguinte programa:

Día 28 Agosto de 2010

9.00 h a 11.00 h: Recepción de participantes

11.00 h Saída da Caravana Vespeinada que fará o seguinte percorrido:
11.30 h Vigo - Zona Praias: Samil, Bao, Canido,Coruxo-,
12.30 h Panjón : recepción no Clube Náutico de Panjón
Visita ao Templo Votivo de Panjón obra de A. Palacios
Gondomar
Vincios

13.30 h Subida aos miradoiros do Monte Alba e Monte Cepudo, desde onde se poden ver, se o día permíteo, a totalidade das Rias Baixas Galegas

14.00 h Xantar

17.00 h como ACTO CENTRAL- Paseo en barco pola Ría de Vigo (Porto de Vigo, Teis, Chapela, Ponte de Rande, Domaio, Moaña, Cangas, Zona de Bateas, ata atravesar a Ría e volta pola costa de Samil)

21.00 h Fin de percorrido e tempo libre

22.00 a 03.00 "Vesparranda"
Proxección de fotografías do noso arquivo historico "Vespa, 60 anos en familia"


Día 29 de agosto de 2010

10.00 h Recepción e café de "Bos días"

11.00 h Caravana Vespeinada nun "Vigo: Round & Round", percorrido pola cidade visitando os miradoiros emblemáticos.

13.00 h despedida dos participantes.

Eiquí tendes a ficha de inscrición:



PREZOS INSCRIPCION:

1.-BENVIDA , BOLSA AGASALLOS E PASEO EN BARCO: 10 €

Benvida: Café con pastas ( sábado e domingo)

Bolsa agasallos: Camisetas, chapas, adhesivos, pins, gorras, etc. etc.

Recepción en Club Naútico de Panjón

Paseo en barco pola Ría

Acceso ao resto das actividades como invitado.

2.- COMPLETO: BENVIDA, BOLSA AGASALLOS , COMIDA, PASEO EN BARCO, SORTEO AGASALLOS, COPAS SUBVENCIONADAS NOITE: 30 €

Benvida: Café con pastas (sábado e domingo)

Bolsa agasallos: Camisetas, chapas, adhesivos, pins, gorras, etc. etc.

Recepción Clube Naútico de Panjón

Comida: Hotel Cidade de Vigo ( ****)
Menú: Ensalada completa Cidade de Vigo
Lombo de salmón á prancha con cogomelos
Torta de chocolate con xeado
Viños Branco Ribero, Tinto Rioxa, Augas e café

Paseo en barco pola Ría.

Sorteo de agasallos individuais.

Posibilidade de invitar a un amigo/á o paseo en barco, segundo aforamento.

Copas subvencionadas en ETNIAS - locais en Praza da Estrela-

Copas subvencionadas en VERSUS - local na c/ Areal.

PARA AS INSCRICIÓNS:

Reserva teléfonica..........649.508.757......Juan

Pago Bancario: cta. cte. Caixanova 2080/0000/75/0040317513
Titular da conta: Juan Zaragoza "2º Scooterada Vespeinada"
(OBRIGATORIO UN INGRESO POR PERSOA)

MOI IMPORTANTE:

AFORAMENTO LIMITADO COMIDA - MAXIMO 150 PERSOAS

AFORAMENTO LIMITADO BARCO.....MAXIMO 250 PERSOAS

+ info:

- Foro dos Vespeinados

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 18 de agosto de 2010


Vespeiro e Skater

Se fai un tempo faleivos das tablas de Vespa, agora quérovos mostrar un complemento ideal para os amantes do Skate (boarding), un porta táboas para a Vespa:

Xa se intúe que o propietario gústalle o mundo (polas decoracion da Vespa con motivos DC, Vans e demáis marcas).

Grazas aos amigos de Vespa 53 por compartila imaxe en Facebook.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 14 de agosto de 2010


V Concentracion de Vehículos Clásicos en Miño - 21 de Agosto

O vindeiro sábado 21, celébrase na praia grande de Miño, a V concentración de vehículos clásicos (Automóbiles e motocicletas).

As inscricións abriranse ás 09:00 h., cun prezo de 10 € (bolsa de recordos e agasallos).

Ás 12:30 h. comezarase cunha pequena ruta pola zoa, para volver ao mesmo lugar onde se fará unha comida popular (voluntaria).

Pola tarde abrá unhas exhibicións a cargo de Paulo Martinho e Javier Garcia.

Durante toda a xornada aberá mercadillo clásico nunha carpa anexa.

info:

- clasicosmino@hotmail.com
- 626 670 944

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 11 de agosto de 2010


Lego Julius & Friends & escúter

Despois do Lego Vespa & Mod e do Julius & friends & escúter, atopei en Flickr (onde senón), a fusión destes elementos:

Julius & friends & escúter & Lego

Segundo di o seu autor, nos comentarios de Flickr:

"Paul Frank, Julius y Clancy en Lego por Paul Hetherington

Sempre fun un fan dos gráficos nítidos e cores de Paul Frank. Nunha viaxe a Legoland fai uns anos, vin unha camiseta de Julius nunha escúter, seguido de tódolos seus amigos en remolques. Nese momento pensei que estaría ben facerlle un divertidísimo modelo en Lego. Fai tempo conseguín facelo e eiquí está. Recentemente saído de Planned Pines, JULIUS & CLANCY!
"

Sigo vendo gustosamente que os hai moito máis frikis ca eu....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 10 de agosto de 2010


Julius & Friends & escúter

Aproveitando que vos comentei o da camiseta coa Lambretta que me comprei, na mesma tenda vin varios produtos de Paul Frank, co conocidísimo Julius (en todas partes) e iso recordoume que fai un par de tempadas, a imaxe de Paul Frank era, precisamente a de Julius e os seus amigos, en escúter.

O único que atopei (a dia de hoxe) relacionado cos escúteres, son un bloc de notas:

e un casco para moto:

Xa vedes o que pode dar de se un mono e demais animais.

Todo é cuestión de imaxinación, e parece ser que Paul Frank tena, porque dende colocar ao mono conducindo un escúter, pasando por facelo rockeiro ou un demo, fixando eses deseños tanto a roupa, como a útiles de escritorio, como a auriculares, a "vida" de Julius creo que se vai a alargar ata a saciedade.

Tendes eiquí unha gran recopilación de videos de Julius & Friends.

Seguiremos atentos a súa evolución.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 9 de agosto de 2010


Camiseta Lambretta

O sábado, paseando polo Soho do Orzán, vin como, dende dentro dunha tenda, esta camiseta cunha Lambretta chamábame:

Así que eu, como son un brando, acabei comprándoma.

Xa sabedes, sempre hai que ter algo así de fondo de armario.

Ata a etiqueta é preciosa:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 5 de agosto de 2010


Lego Vespa & Mod

Fai un tempo (bastante a verdade) escribira un post (Construye tu propio scooter) sobre uns escúteres que se fixeran con pezas de Lego.

Nesta ocasión atopei en Flickr a alguén que levou máis aló está construción, personalizando a Vespa resultante dun xeito moi británico:

E como non podía ser doutro xeito, que mellor que porlle un condutor cunha estética puramente mod (e vaia expresión que lle puxeron á faciana, simplemente fantástica):

O conxunto é verdadeiramente curioso:

Hai que recoñecer que os hai tan (ou máis) frikis do escuterismo coma eu.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España