martes, 31 de agosto de 2010


IV Concentración de clásicos Vila de Portomarín

A Escudería Portomarín Sport en colaboración coa Asociación Lucense de Automóviles Antiguos e Clásicos, o Concello de Portomarín e a comisión de festas, organiza o próximo sábado 4 de setembro a 4ª concentración de vehículos clásicos.

A actividade comezará ás 10 coa chegada dos vehículos.

Ás 11 sairá o primeiro participante no percorrido secreto de 40 quilómetros.

A organización conta, aínda que falta confirmación definitiva, coa presenza de motos de época que estarán expostas na praza cos coches.

Ás 14 horas está prevista a chegada dos tractores da asociación Agamac que estarán facendo o Camiño de Santiago.

Os interesados en apuntarse na concentración poden facelo nos teléfonos 646 161 311 ou 608 080 827 nos que lles darán cumprida información de todos os detalles.

+ info:

- La Voz de Galicia

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: