viernes, 28 de enero de 2011


Invernovespa, a way of life...

169 persoas inscritas, un cento de escúteres...

Non, non imos a Brighton como en Quadrophenia:



Imos a Melide, e prometemos dalo todo:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 27 de enero de 2011


Roberta

Quen é Roberta???

Máis ben que é Roberta?

Roberta é unha marca de roupa interior italiana, que nos anos oitenta, deleitaba a todo o mundo con estes anuncios, baixo o lema "Roberta, a braga dos vinte anos":


Fixarvos que estilo de publicidade máis curioso, xa que todals imaxes son similares, unha modelo de costas, cunha trenza (ou un gorro longo) que lle chega ata a braga (parece máis unha frecha indicadora) e a propia roupa interior ben embutida:

Estilo que continuou todos estes anos e ata mantén nos anuncios de hoxe en dia:



+ info:

- Roberta web

Ahhhh e por certo, por se non vos fixastes (pillíns) moitas das fotos son da modelo montada nunha Vespa....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 26 de enero de 2011


Miña Vespa GS

Non, non, non me comprei unha outra escúter, Miña Vespa GS, Aventuras sobre de unha Vespa é o título dun novo blogue dun amigo asturiano.

Só hai que consultar a súa primeira entrada no blogue, para ver que é unha clara declaración de intencións:

"Vespeiro

Ola a todo o mundo. Aqui preséntovos este blogue, dedicado a miña Vespa GS.
Irei relatando todalas aventuras a lombos da moto, as viaxes que faga, as avarias, as picadas, todo o que se me ocorra sobra ela.
Trátase dunha Vespa GS do ano 1967, recentemente restaurada e posta ao día. Levaba mais de 20 anos parada.
Segundo escribo estas liñas estoume arrepentindo de non documentar o proceso de restauración que levamos a cabo o meu pai e máis eu. Posibremente mais dun ano de traballo. Pero ao final mereceu a pena totalmente e agora podo gozar da miña Vespa GS.
Teño que admitir que non teño espírito moteiro nin me atraen especialmente as motos, pero tiña gañas de ver andar esa moto que estaba medio tirada nun recuncho.
Un bo día decidinme e aos poucos fomos levando o barco a bo porto. Noutras entradas irei comentando mais cousas da miña vida sobre a moto. Grazas a tod@s por seguirme
."

Pois nada Jose Manuel, se benvido a este mundo do día a dia e espero que as túas experiencias, como as dos demais, enriqueza moito máis o noso espítitu escuterista.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 25 de enero de 2011


Vespa de ferro 2

Fai moito tempo atras ... ensinaravos o escúter de ferro que mercara e pensei que a denominación "ferro" non se podía superar, pero agora, grazas a un amigo do Facebook atopeime con esta obra de arte:

A que dan gañas de darlle patada e listar a dar unha volta???

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 24 de enero de 2011


Vespa Vintage

Vespa Vintage é o catalogo de pezas para nosas Vespas antigas do grupo Piaggio, das que (na teoria) dispoñen todolos concesionarios Piaggio-Vespa-Gilera.


+ info:

- Vespa Vintage.com
- Catalogo virtual, dende onde tamén podedelo descarregar enteiriño.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 23 de enero de 2011


Lomografía e Vespa

Lomografía??? e iso que é???

Segundo din en Lomography.es:

"A Lomografía empezou por caprichos do destino a principios dos 90...

...cando dous estudantes de Viena atopáronse unha Lombo Kompakt Automat, unha pequena e misteriosa cámara rusa. Como quen non quere a cousa, empezaron a facer fotos así sen máis, ás veces ata apuntando a través do visor. Pero, ¡que sorpresa cando viron as imaxes tan alucinantes que sacaran! As cores eran intensos, saturados e a foto quedaba enmarcada por viñetas. ¡Isto era algo totalmente novo! Ao volver a casa, estes mozos quixeron ter as suas propias Lombo LC-A, e así foi como abriron as portas a un novo estilo de fotografía artística experimental que agora coñecemos como Lomografía.
"

E a verdade é que vendo os distintos exemplos de fotos que se poden conseguir, hai que recoñecer que isto é unha arte en si mesmo, fotos múltiples cun só disparo:

Fotografía panorámica:

Con efecto Ollo de Peixe:

E todo isto sen saber como vai quedar a fotografía tomada, co divertido que era antes descubrir estas obras de arte cando ías ao laboratorio fotográfico a buscalas.

Xa sabes, disparar, enfocar, desenfocar, entre as pernas, desde a cadeira, oblicuo, a lomografía é sinónimo de espontaneidade, cor, diversión e desenfado.

Grazas aos amigos de Royal Store en Coruña, por descubrirme esta corrente artística que descoñecía.

+ info:

- Lomography.es
- Máis fotos de Vespa con esta técnica

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 22 de enero de 2011


Xente guapa, xente Vespa

Hoxe a imaxe do día é esta:

Na que a Vespa do fondo, destaca tanto como o resto de xoias e complementos destas mozas tan elegantes.

Só fáltalles, para completar a estampa, un casco coma este:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 21 de enero de 2011


Bolsa Vesp-cológica

Dende fai un tempo indígname ver como unha cadea francesa de hipermercados aláganos coa súa causa ecolóxica ao deixar de dar gratis as bolsas de plástico para levar a compra e así contribuír a manter máis limpo o planteta e tararí tarará.... xa, e pénsanse que nos chupamos o dedo.

Agora, despois de que eles aforráronse miles de euros ao non regalar as bolsas na compra, aínda por encima cobran por unhas bolsas similares que son de fécula de pataca "máis ecolóxicas"...

Cona, se queres contribuír co medio ambiente regalade dende o primeiro día estas últimas e quedariades como uns campións pero ...

Buffff, indigame demasiado coma para seguir...

Pero bo, todo isto viña a que, todos estamos adquirindo máis consciencia sobre o tema ecolóxico e decantámonos máis por utilizar bolsas reutilizables e, eu, xa atopei a miña:

2 euriños nunha tenda do grupo Casa, creo que é un bo investimento ... Non credes??

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 20 de enero de 2011


Vendo Vespa??? por un calentón?? Saca dahí!!!

Fíxome graza este anuncio de Segunda Mano.es:



Alédame que os creativos publicitarios sigan tendo en conta (cada vez máis) as nosas queridas escúteres, pero tambien teño que dicirlles unha cousiña....

Ningún escuterista que se prece pásaselle pola cabeza o vender a súa querida Vespa nin nun momento de calentón.

Si, neste caso, a moza quere acompañalo, que se suba ao trasportin que, aínda que está un pouco duro, é soportable..

Ou senón, ¡¡¡pide un taxi rapaz!!!

Como broma o anuncio está ben, pero nada máis ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 19 de enero de 2011


III Invernovespa - Melide 30 de xaneiro

O último fin de semana de xaneiro, como xa é habitual estes últimos anos, os clubes escuteristas galegos organizan a súa concentración conxunta invernal, sendo esta a 3ª edición da InvernoVespa, celebrándose, nesta ocasión, na localidade coruñesa de Melide, cerne de Galicia.


O domingo 30, que será o día grande da concentración, convócase a todos os asistentes ás 12 da mañá, para xuntarse en Melide e facer unha pequena ruta polos arredores do pobo, finalizando a xornada cunha comida de confraternización no hotel restaurante Carlos 96 da devandita localidade.

Para os máis "ousados", haberá unha avanzadiña escuterista o sábado 29, para ir quentando motores, cunha cea na pulpería Ezequiel e o seu posterior goce da zoa de marcha melidense.

Todo aquel interesado en asistir, non duvidedes en porvos en contacto con calquera dos clubes organizadores e anotarvos nos seus respectivos foros:

- Foro Golfos Ártabros Escúter Clube
- Foro Avispados de Ourense
- Web Scutre Clú
- Foro Vespeinados de Vigo

Se queredes ir adiantando traballo, logo de anotarvos en calquera deles, podedes levarvos xa cuberta a folla de inscrición:

Espero vervos a todos alí, pasaremos lista e poremos falta!!!!!!!!!!!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 18 de enero de 2011


Lambretta Locomociones (Serveta)

Hoxe apetecíame mostrar unha imaxe que resumen á perfección a historia da empresa Lambretta Locomociones en Eibar, produtora da nosa querida Serveta.

Mirade que poster máis chulo con todolos modelos producidos pola factoría vasca:

Dende o patinete modelo "B" ata a futurista "Amiga"....

Un saúdo ao Club Lambretta Eibar, por mantelo espírito desta marca tan querida para nós.. e aproveito para invitarvos a pasar pola súa web onde atopardes unha boa información do que foi Serveta, a Lambretta española.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 15 de enero de 2011


Hoxe sábado, bebe con MODeración

Se saes hoxe recorda que non é necesario beber para divertirte, así que unha boa opción é está cervexa 0,0 cun toque de mazá...

Un MODelo a seguires:



Perfecto este anuncio de San Miguel...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 13 de enero de 2011


Scooter radio

Onte viu a luz un novo proxecto escuterista na rede, Scooter Radio e dende eiquí quérovos brindar todo o meu apoio.

Ánimo, paciencia e moita sorte...

Reprodúzovos o seu primeiro post, unha especie de declaración de intencións, á que espero poder contribuír gustosamente:

"Vémola luz...

Benvidos a este novo espazo creado para os amantes, afeccionados, vividores, etc... do scooter clásico e todo o que lle rodea. A intención deste espazo é albergar información sobre eventos, novidades, rutas, carreiras e noticias a nivel estatal mediante o formato dun programa de radio usando a tecnoloxía do Podcast.
Como podedes observar é un proxecto ambicioso que pretende informar de todo o que sucede neste mundo coa maior independencia posible desde as Canarias ata Irún e dar voz aos usuarios e aos mais de cincuenta clubs que existen actualmente.
Coa intención de facelo o mellor posible, pedímosvos a vosa colaboración contestando á enquisa sobre os contidos que máis vos interesan e mandando a información que queirades que tratemos no noso programa.

Saúdos

Scooter Radio
scooterradio@gmail.com
"

Tede ben presente esta ligazón: Scooter radio

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 12 de enero de 2011


Vespas ou obras de arte??? Ambalas dúas!!!

Fai uns dias púxose en contacto comigo Miguel Garigliano, bloguero e artista, responsable do blog As Vespas de Miguel Garigliano, onde nos mostran estes magníficos acrílicos e óleos sobre tea que el mesmo crea.

Para mostra un botón:

Xa sabedes, pasadevos polo seu blog e gozade de todas estas obras de arte.

- miguelgarigliano21.blogspot.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 11 de enero de 2011


Os vespistas namoran ata aos anxos

Se fai un tempo comenteiavos que, o desodorizante Axe, utilizou para unha campaña unha Vespa, agora volven á carga con este anuncio cargado de sensualidade a traves dunhas anxos que .. bufff (pero non dicían que os anxos non teñen sexo??).

Bo, en resumo, anxos caidos por culpa dun vespista:

O vídeo ..., que dicirvos, simplemente impresionante:



Xa sabedes, "ata os anxos caerán ..."

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 8 de enero de 2011


Documental Lambretta do canal Viaxar

Por se os reis non se portaron ben convosco aquí tráiovos un agasallo que nos fan os amigos do Vespa Club de Asturias, un documental da canle temática Viajar, sobre a Lambretta.

Espero que o disfruteis igual ca eu:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 7 de enero de 2011


Pingüinos, 30 aniversario

Hoxe é o día grande da concentración moteira invernal máis importante do mundo, Pingüinos, e nesta ocasión celébrase o 30 aniversario.

Eu pérdomo por causas de forza maior, mágoa, pero bo, un compañeiro Golfo desprázase nestes momentos cara alí na sua Vespa 200 así que espero traervos fotos dos pingüíns vespeiros en breve.

Un saúdo a Roi e Ana, sorte na ruta...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 6 de enero de 2011


Fotos da cabalgata de reis na Coruña

Do mesmo xeito que o ano pasado, varios compoñentes do Golfos Artabros Escuter Clube, unímonos á cabalgata dos Reis Meigos na Coruña.

Eiquí tendes as fotos do sucedido:

e estas catro encántanme (e non so porque salga eu co meu fillo nelas). Envioumas o fotógrafo Pedro Pedreira Antón (www.ppedreira.com) ao cal agradézollo de corazón:

O resto das fotos, neste album Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 5 de enero de 2011


Que veñen os Reis, yeah!!

Esta noite todolos nenos están impacentes pola chegada dos Reis Meigos de Oriente, cargados de agasallos e ... xa xa xa sabemos todos iso, pero ti que prefires, aos reis ou a Papa Nöel?

Pois eu, despues deste rap que se marcan esta versión renovada de reis, téñoo claro:



e non só quédome con eles polo rapeado, senón porque na web que os defende (Yo soy de los Reyes Magos.com) teñen estoutro condicionante:

Xa sei que son moi simple pero ... que lle vou a facer ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España