viernes, 31 de octubre de 2008


Chamádelle Halloween, Samhain ou como querades

Pois iso chamádelle como queirades, Halloween, Samhain, defuntos ou todolos santos, todas estas conmemoracións resúmense nun concepto básico, é FESTIVO.

Porqué celebramos Halloween? Porque é unha festa que nos meteron polos ollos os americanos e, como sempre, o USA mola.

Porqué celebramos Samhain? Porque o Halloween americano esta copiada desta festa celta e, por suposto, hai que recuperar as nosas vellas tradicións (e de paso, desprezar todo o americano, porque o USA non mola)

E finalmente porqué celebramos defuntos ou todolos santos? Porque é unha tradición católica xa de vello e nosos pais, avós, etc inculcáronnolo e os americanos non o celebran, polo que o USA mola para os ateos e o USA non mola para os crentes.

Vólvome a repetir, todo isto resúmese nun principio básico, o día é Festivo polo que, para uns é unha escusa para irse de festa e para outros é un día para descansar do traballo, porque no fondo todas estas celebracións téñennos sen coidado.

Nós non saímos a facer o de truco ou trato, non adornamos cabazas, non celebramos o final da tempada de colleitas, non oramos por aqueles fieis que acabaron a súa vida terrea e que se atopan aínda en estado de purificación no Purgatorio (obxectivo de defuntos), nin sequera cumprimos coa celebración do día de todolos santos, que se instauro para compensar calquera falta ás festas dos santos durante o ano por parte dos fieis, porque XAMAIS, e repito XAMAIS faltamos a unha festa ;-)

Pero xa está ben, menos despotricar e mais mostrar.

Obviamente a gran maioria de imaxes que relacionan os scooters con estas festas fan alusión en maior medida aos mortos:

Xa vedes que tremendísima "customización" encontreime en Vespa forever.

Visto en flickr

Visto en The Low Tide Slide


e tamén teñen o seu protagonismo as meigas (que non sei que pintan nas celebracións de mortos):

visto en iStockphoto

Estes cartóns véndense en kukaro.com

Visto en flickr

E por suposto o máis típico é adornar cabazas:

Visto en2stroke buzz

Pero xa postos a adornar, para facer unha cara tétrica, que mellor que adornar directamente un escudo de Vespa

Visto en Skull a Day.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 27 de octubre de 2008


As mil e unha ...

Todos coñecemos As mil e unha noite, os ditos de "mil e unha maneiras de facer ...", os libros de "Mil receitas de ..." ou a célebre "♪♫♪ Mil calles llevan hacia tí ... ♫♪♫", pero agora eu teño os meus propios mil.

Meus mil primeiros quilómetros enriba da Vespa 160, que xa sei que non son moitos, pero que queredes, fanme ilusión.

Así como ilusión también fixome ver os 25.000 no odómetro, xa vedes tontás que ten un:

Que bonitas son esta clase de transicions:



PD.- Por se non vos fixastes, puxen un enlace a nova conta de correo, "pra o que queirades", VLCULLEREDO@GMAIL.COM

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 24 de octubre de 2008


Agora que comeza o mal tempo ...

Pois iso, agora que empeza o mal tempo (porque o do sol destes dias aquí en Galicia é case un milagre), pasamos máis horas en casa e iso non significa que teñamos que renunciar ao noso hobby do scooterismo.

Para os que, como eu, non dispomos dun gran garaxe nin de moito espazo onde traballar coas nosas motos sempre nos quedará estoutra opción, facelas a escala, e para iso nada mellor que estes recortables:

Este é o aspecto final que presenta este cartón/postal/recortable que me atopei en Cool Kreations, na sección POSTAIS 3D, o proceso vese perfectamente na seguinte imaxe, onde nos ensinan como é a postal e o aspecto final unha vez recortada e montada:

ata nos indican paso a paso o proceso da montaxe.

Aínda que se isto vos queda curto ou prefires a sempre boa opción de imprimir os vos propios deseños e reciclar unha caixa de cereais para que teña máis corpo a maqueta, podedes recorrer a estes outros recortables:

- Vespa 50N Special



Podedes descargalos aquí a primeira parte e aqui a segunda

- Vespa 400 A.C.M.A. (Francia)


Podedes descargalo aquí (Visto en Maquettes en carton)

Na sección Recursos de Interes da web paralela a este blog teneis estes e outros modelos.

Así que xa sabedes, ante o frio e a choiva, tesoiras e pegamento.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 22 de octubre de 2008


PAMPLING: O arte en forma de camiseta

Fai tempo descubrín esta web e, co vicio que teño cas camisetas, tiñavola que mostrar.

¿Que e Pampling? Ele mesmos definense como "un concurso de deseño de camisetas, un concurso continuo xa que sempre hai un en marcha, onde o xurado son todolos usuarios da web".

Así que se alqun ten espírito de dibuxante e quere facernos un deseño scooterista, xa sabe, entrade en Pampling.com, e seguide alí as indicacións, tal e como fixeron estes dous:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 20 de octubre de 2008


Motos Clásicas en Goian (Pontevedra)

O moto club dalle gas organiza, un ano máis, o tradicional mercadillo e exposición de motos clásicas no pavillón de Goian (Pontevedra).

Farase o segundo fin de semana de novembro, cos seguintes horarios:

Sábado, 8 de novembro --> de 11:30 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas
Domingo, 9 de novembro --> de 9:30 a 14:00 horas

Parece ser queste ano xa teñen confirmada a asistencia de casi unha vintena de recambistas de toda España e algun que outro particular.

Eiquí tedes o valo desta edición:

Podedes ver unhas fotos do ano pasado neste álbum Picasa.

+ info:
Blog MOTO CLUB DALLE GAS
Foro MOTO CLUB DALLE GAS
Foro de VESPEINADOS (Vigo Scooter Club)

PD: Gonzalo, graciñas polo e-mail cá información.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 18 de octubre de 2008


Onde quedar: Locais scooteristas

Sempre hai sitios onde quedar cos amigos para tomar unhas cervexas, pero se estes lugares son, ademais, do culto scooterista, tanto mellor.

Xa vos presentei no seu día a cervexaría Vespa en Arteixo, agora dispóñome a descubrir esoutros lugares que teñen relación, de algun modo, co mundo scooterista.

E comezamos cos máis próximos.

Fai un tempo estiven en Vigo, no pub "Garaje Torroso", na rua Areal, 18 e tenian nun altiño, entre outras ¡¡¡UNHA VESPA DE FARO BAIXO!!!, a foto non é de gran calidade e non se pode apreciar ben pero non atopei outra:

Postos a desprazarnos podemonos atopar con esta preciosa Lambretta que decora a marquesiña do Bar A Barbacana en Ávila

Pero para precioso, o tirador de cervexa do SCOOTERS CAFE and LOUNGE, tamén en Vitoria

(Imaxe cortesía dos amigos do Vespa Club Vitoria)

+ info:
Web SCOOTERS CAFE and LOUNGE
R/ Portal del Rey, 3 Vitoria (Google Maps)

Ainda que as comparacións son odiosas, atopei esta imaxe dun tirador de cervexa creo que insuperable:

Supoño que será dalgún club austríaco (pola bandeira do fondo).

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 15 de octubre de 2008


O EFECTO VESP-AXE

Os arxentinos e os seus anuncios con scooters de protagonista.

Se xa vos amosara o anuncio de mercadolibre da voda coa lambretta, agora preséntovos o coñecido como "EFECTO VESP-AXE".

Estas imaxes dan conta do que se inventaron para promocionar o AXE 3, Fragancias combinables:




Tal e como din no anuncio "Combina as fragrancias 1 e 2 e crea o novo Axe 3. M3ZCLALAS", e se vos quedastes con ganas de velo, aquí o tedes:

Xa que no ano 2007 foi o lanzamento de AXE 3, Fragancias combinables, e que, tal e como ocorreu co anuncio de AXE que se está emitindo agora (o do home de chocolate, que podedes ver aquí) chegou máis tarde á nosa televisión, supoño que non tardaremos moito en ver o anuncio vespero do AXE 3 no noso país.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 14 de octubre de 2008


PhotoGalicia 2008

chegou a segunda edición de PhotoGalicia, que é, tal e como se define na súa web, "un festival que contribúe a apoiar e impulsar o desenvolvemento da fotografía nunha comunidade que conta cunha longa tradición fotográfica".

Chamoume particularmente a atención un anuncio deste evento que vin na prensa, no que aparecía a seguinte fotografía:

¡Que curvas!, ¡vaia volumes!, ¡esa si é unha liña atractiva! e, refírome, por suposto, á preciosa Lambretta LD do centro, por se non a vistes.

A fotografía titúlase "Os italianos víranse" e foi tomada en Milan en 1954 por Mario De Biasi.

(Na miña modesta opinión podía titularse "os españois, os portugueses, os alemáns ... víranse" e haberse tomado en calquera sitio, pero eu de arte non entendo demasiado)

A foto forma parte da exposición: "NeoRealismo. A nova imaxe en Italia, 1932-1960", e pode visitarse do 3 de outubro ao 5 de xaneiro de 2009 en Ferrol, na sede da Fundación Caixa Galica (Praza da Constitución, s/n).

+ info:
Fundación Caixa Galicia
PHOTOGALICIA2008

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 12 de octubre de 2008


¿A Bat-Vespa?

Despois de moitos anos de banda deseñada, series de televisión e longametraxes de distinta calidade, cría habelo visto case todo do personaxe de Batman, pero o que non sabía e que, ademáis dos cachivaches típicos do "home morcego", atopabase tamén a Bat-Vespa:

¿Que vos parece a versión indú de Batman e o mozo Robin?

(Sinto haber descuberto a identidade segreda do superheroe pero non creo que os seus máis directos inimigos persíganos ata o Dewata Bikers Club de Bali)

Pero quitando esta customización tan particular, vin no Bat-Blog a auténtica e xenuína Bat-Vespa, vós diredes:




Tedes máis fotos neste post do Bat-Blog.

Cidadáns de Gotham (e da provincia), seguiremos bat-posteando por vos!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 9 de octubre de 2008


Crise, ¿qué crise?

Nestes momentos de inestabilidade económica, é preciso recorrer ao enxeño para que, sen necesidade de ter que renunciar a ter unha scooter, non ver afectado o noso peto.

Iso deberon pensar os amigos Groovy Danit & Yinno Simhi, propietarios do Studio Groovy en Israel, cando aplicaron a estratexia dos tres R.

REDUCIR á mínima expresión o concepto de scooter,
REUTILIZAR un vello palé para dar forma e
RECICLAR motor, neumáticos, asento, manillar e outros compoñentes para conseguir crear este "ecolóxico" vehículo:



No fondo é outro xiro de porca ao concepto do famoso tronco-movil dos Picapedra:


Aínda que para "tronco-movil" orixinal, estes que conducen uns indios (imaxe vista en Sarda.es), fixarvos no detalle do freo de pedal, ao máis puro estilo scooterista:


Pero no fondo, son ganas de rizar o rizo, ¿seica non son estas ideas similares as nosas típicas e queridas carrilanas?


+ info en:

- Carrilanas.es
- CGDI - Campeonato Galego de Carrilanas

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 7 de octubre de 2008


Para tomar nota

Fai uns días, no escaparate dunha librería, vin este bloc de notas que, por suposto, chamoume moito a atención:


"Momentos laudos" entendo eu (traducción libre do "Woolly moments"), gustaríame saber quen e o autor do debuxo, porque se xa me parece que eu teño paranoias e voltas de torca ó tema dos scooters, vexo con satisfacción que non son o único.

O tema dos animais en scooter é bastante recorrente, e xa irei facendo apuntes sobre o mesmo, de momento deixovos cunha icona moi nosa, o touro:

Visto en Free Coloring Sheets, onde hay plantillas coloreables para descargar, imprimir e colorear.

Por certo, o caderno, que e de Factory Import, compreima, xa que nunca se sabe cando e necesario "Tomar nota".

Vespa & Lambretta dedde Culleredo > A Coruña > Galicia > España