miércoles, 30 de octubre de 2013


ONCE, 75 aniversario

Norabóa á ONCE polo seu 75 aniversario e a gran labor social que fan dia a día, e norabóa tamen por haber sido premiada co Principe de Asturias da Concordia 2013.

E a todo esto, o que máis chamoume a atención foi ver esta preciosa Vespa no seu anuncio do sorteo 75 aniversario.
Xa sabedes, eu quedo coa parte que me interesa ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 9 de octubre de 2013


Lambretta LD en Mango Kids

No catalogo de Mango Kids encontreime esta fantástica fotografía:

Sígueme encantando que as nosas queridas escúteres esten máis que presentes na publicidade. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 4 de octubre de 2013


Vespulpada 2103 en Lugo (onde se non)

Un ano máis o Golfos Artabros Escuter Clube ímonos a cumprir unha tradición centenaria, ir xanatalo polbo ás festas do San Froilán en Lugo. Así levamos facendo varios anos e xa se converteu nunha costume esperada por moitos, isto conformou o que vimos chamando Vespulpada e, por suposto, está todo o mundo invitado a acompañarnos. A cita é o vindeiro domingo día 13 e sairemos da zona do Temple-Cambre sobre as 11:30 horas para facer a primeira parada, e reagrupamiento dos chegados da zoa de Ferrolterra, sobre as 12:00 horas en Betanzos. Continuaremos camiño de Lugo pola N-VI e esperamos facer a outra parada clásica na localidade de Baamonde-Begonte (Lugo) sobre as 13:30 horas. O xantar esta previsto ás 15:00 horas no restaurante Fonte do Rei I (Avda. de Madrid, 5) e alli temos previsto o seguinte menú: Primeiro: Choquitos á parrilla,luras á romana,e setas á plancha. Segundo: Pulpo con cachelos Incluíndo bebida, sobremesa a elixir,cafes e chupitos O prezo é de 20 euros por persoa e abonarase alí mesmo. Agradeceriámosvos a todos os que vos apeteza acompañarnos que nos avisásedes para reservar para todos os comensais, grazas. Teneis toda a información en Facebook no evento creado a tal fin. Xa sabedes o que din, para xantar Lugo e alí veremonos .... Vespa & Lambretta dedde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 2 de octubre de 2013


Cronica e fotos do 60 aniversario Vespa España

O pasado fin de semana, logo de desprazarme máis de 500 quilómetros na TX para asistir ao 60 aniversario de Vespa España só podo resumir a concentración nunha autentica decepción. Non quero facer feridas na iaga nin culpar a ninguén pero, na miña modesta opinión, o que prometía ser o evento do ano quedouse nunha concentración ao uso, máis ben normaliña. A falta de programa e actividades foi evidente e a escusa que me puxo algún organizador, que foi por culpa da choiva, pois que queredes que vos diga, en Galicia todos sabemos que chove bastante e aquí fanse concentracións todo o ano e, a min, iso non me vale coma desculpa. Espero que esta pequena crítica (constructiva sempre) valla para que algún se mire o ombrigo e pense no que se fixo e podíase facer e, algún dos detalles da propia organización (que a min persoalmente non me gustaron nadiña), non se repitan. É unha sensación moi estraña o ires a unha concentración como esta con toda a ilusión e estar desexando que se acabe para poder regresar a casa, cousa que foi o que me paso a min. Bo agora xa pasou e queda no recordo.... O único que vos podo aportar positivo son as fotos que saquei (que coñecéndome son moi poucas):

- Eiqui tendes o album co resto de fotos Sento moito que isto poida ferir a alguén pero considero que as cousas hai que dicilas. Sorte nas próximas. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España