martes, 30 de septiembre de 2008


Debuxos do século XXI

Por todos é sabido que as novas tecnoloxías proporciónannos ferramentas para facilitarnos o traballo.

Pero por moito que nolo faciliten, hai que dicir, que para debuxar esta Vespa co Adobe Illustrator, hai que botarlle moitas horas diante do ordenador:

Fixádevos que detalles máis ben definidos nos asentos e no manillar:

E que me decides desta "foto" do guardabarros dianteiro coa defensa cromada:

Segundo di o autor no seu blog "... só se usou a ferramenta de malla e moita paciencia", moita paciencia non, moitísima, que eu con tanta linea de malla non sabería por onde empezar:

Se vos interesa saber máis sobre este artista dos vectores podedes visitar o seu blog: Guillote.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 29 de septiembre de 2008


Presentovos: a un xoven scooterista

O outro día paseando por Coruña, atopeime con esta restauradísma PK azul e branca, cuns detalles clásicos admirables:


A pintura está perfecta e o pintar as lamias no mesmo azul para que contraste cos neumáticos de banda branca é un exercicio de estilo perfecto:


E o máis destacable desta restauración é que, segundo puiden saber, o seu propietario ten escasamente vinte anos, algo menos que a súa montura.


Dá gusto ver que as novas xeracións conservan o espírito clásico destas entrañables máquinas.


Menos mal que eu teño ao meu fillo Bruno que sempre se fixa, do mesmo xeito que eu, na "Nespa como a de papá".


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 27 de septiembre de 2008


Onde quedar: Cervexaría Vespa

Tal e como vos comentei nun post pasado, cando tiven o incidente co mosquito kamikaze, andaba a procura da Cervexaría Vespa en Arteixo e encontraraa pechada a cal e canto, pero resulta que ¡ESTABAN DE VACACIÓNS!.

O venres acerqueime ata alí e teño que dicirvos que e un local, como diría eu, con encanto.

Non se pode dicir que sexa moi grande, pero no seu reducido espazo ten suficentes elementos para convertila nun santuario scooterista, principalmente este:

Unha Vespa 160 do ano 1.964, que según me dixo o dono do local, Luis, restaurouna especialmente para poñela alí.

O ambiente do lugar é similar a calquera tasca dun pobo de toda a vida, isto e, a familiaridade coa que me trataron non se pode explicar.

Dende preguntarme as mil e unha sobre a miña 160, ata contarme batalliñas de cando eran eles máis xovenes, historias da mili, de carreteras imposibeis e dos viaxes Carballo-Ferrol de case TRES horas riba dunha Vespa.

A verdade e que pasei un bon rato na compaña desta boa xente e, o que teño ben clariño e que esta velada non será a última e que a Cervexaría Vespa, de agora en diante, convertirase en parada case obligada para repostar, o corpo.

Un saudo a Luis, o dono.

Tentarei convencerte para que baixes a 160 de ahí e poidas voltar a facerlle quilómetros, xa sexa por Arteixo coma por toda a comarca.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 26 de septiembre de 2008


De compras por... Coruña, Meriendacena

O outro dia fomos ata a tenda meriendacena por casualidade, ou causalidade como prefirades.

Realmente fomos porque uns amigos fabricáronlle unhas estanterias onduladas e dixéronnos que era moi estilo anos 60, con estética popera e iso.

Foi un acerto o ir, porque xa no escaparate chamoume a atención un bolso só coa diana Mod, da marca Merc London, unha vez dentro e vista a roupa desta marca, moi estilo mod, tiñan que ter relación dalgún xeito co rolo scooter.

Consultada a súa web e vendo catálogos de tempadas pasadas, obsérvase que teñen sempre presente o scooter, especialmente a Lambretta, millor pra nós:








Teñen fantásticos debuxos coma este, que e xusto que estea enmarcado:

Este xa e un estilo máis tipo banda deseñada:


E podedes descargar postais coma esta:

Ou fondos de pantalla coma este:
Se queredes máis información da marca Merc London, visitade:

- A sua web merclondon.co.uk/
- A sua tenda on-line merc-clothing.com

Se queredes saber máis ou poñervos en contacto coa tenda meriendacena aquí tedes +info:
C/Javier Ponte, 1 Bajo (zona Orillamar)
981 929 373
meriendacena@mundo-r.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 25 de septiembre de 2008


Scooterista, da cabeza ós pes

Aí é onde me vou a fixar, nos pés, ou mellor devandito, no que se leva nos pés, os calcetíns.

Xa vos falei dos pontevedreses Rei Zentolo, coas súas fantásticas camisetas nun post pasado, resulta que o outro día fun a un tenda súa a comprar unha camiseta para o meu sobriño e atopeime con estes marabillosos calcetíns:

E como "a curiosidade matou o gato", púxenme a buscar máis vestidiños dos pés e este é o resultado:

╚══ Estes vinos en Ashidashi, referenciados como "Lambretta Socks", aínda que na miña opinión ben poderían ser "Vespa Socks too".

╚══ En Lambretta Accesories, pódense comprar, entre outros, este modelo de calcetíns marca Lambretta.

╚══ Estes calcetíns infantís vinos en Ebay

╚══ E xa sabemos que as nosas queridas scooters valen para todo e, sobre todo, son un bo reclamo publicitario, tal e como demostra esta imaxe correspondente a un anuncio americano de calcetíns "Adler" do ano 1.962.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 24 de septiembre de 2008


Santy Gutierrez, o Ilustrador

Santy Gutiérrez é un ilustrador coruñes que se iniciou profesionalmente no debuxo no ano 1993.
Dende entón realizou viñetas de humor gráfico para a prensa galega (eu coñezoo de ver as suas viñetas no diario La Opinión de A Coruña), ilustrou revistas, editoriais, empresas de publicidade e produtoras de Audiovisual.
E membro fundador do estudo Baobab e, dende enero de 2008, novo presidente da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
No seu blog, Patente de Corso, ten colgadas estas duas ilustracións de Vespas:


Este debuxo e parte dunha ilustración maior que fixo para a revista Personal Computer & Internet, para ilustrar unha reportaxe sobre a cidade máis tecnolóxica de España.

Podedes obter máis información sobre Santy Gutierrez:
- Na sua web santygutierrez.com.
- No seu blog Patente de Corso
- No seu blog de noticias

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 22 de septiembre de 2008


8º Rallie Rias Altas

O pasado fin de semana celebrouse o 8º Rallie Rias Altas na Coruña, cunha alta participación de vehículos.

Só puiden ver esta moto por alí, unha MV Avelló, pero claro, o rallie era para coches clásicos.


Lástima non haber podido baixar ata a V Concentración de Motos Antigas Concello de Tomiño, organizada o domingo polo Moto Club Dalle Gas.

O resto das fotos do rallie podedelas ver aquí

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 21 de septiembre de 2008


Preséntovos: Unha Lince en extinción

Fai tempo que a via circulando pola cidade e non conseguía cazala, xa sabedes cos felinos son moi escorredizos e, neste caso, esta Lince fai honor o seu nome.


Esta Lambretta (modelo SX-200) foi bautizada acertadamente co nome de Lince xa que, ó igual co animal, encontrase en perigo de extinción.


A pesar de ter "só" vintedous aniños, o cachorriño podese considerar claramente un clásiquisimo.


Anotada queda para cando nos organicemos no area metropolitana Ártabra (entereime o venres como a queren chamar, que un pouco máis, senon chega a ser porque mo dicen, non sei nin onde vivo).


Por certo, esta Lambretta en cuestión e dun veciño de Abegondo, saudos a todos eles.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 20 de septiembre de 2008


Os perigos da carretera

A estrada está chea de perigos para o motorista, pero un dos máis preocupante, neste caso, son os insectos.

Xa quitando os que parecen pedras dá'quilo, o pequenos case son os máis preocupantes se vas, como o que me pasou a min, sen lentes nin pantalla.

Póñovos en antecedentes: Compreime un casco precioso (esta mal que eu o diga pero é certo) tipo calimero, forrado en coiro branco e azul, para utilizar con lentes de aviador, pero xa vos digo, PARA UTILIZALAS.

Pois facendo hoxe uns quilómetros, andaba buscando na zona de Arteixo unha cervexería chamada Vespa, que, atopar atopeina, pero estaba pechada baixo sete chaves sen cartel de "volvo nun momento" nin nada, mágoa de posible local de quedada; pois ao que ía, continuaba facendo quilómetros e ao pasar de regreso por Cambre, a min que me gusta gozar do aire na cara ía, como non, sen lentes nen nada, ao que un mosquito a reacción deulle por suicidarse ao kamikaze contra o meu ollo e, zas, picor ao canto.

O típico, frega de aquí para ver se o saco, move as pálpebras para desprazalo e nada, irritación ocular, o normal.

Cando me viu a miña muller co ollo á virulé, o de sempre, colle o coche, a urxencias ao hospital e, está claro, logo de catro interminables horas na sala de espera, diagnóstico: un colirio e unha pomada (caraio que grima) durante cinco días.

Así que xa sabedes, se ides gozar da estrada, protección.

Agora non me parece tan raras algunhas das leis Norteamericanas, xa que hai estados nos que para andar en moto non é obrigatorio o uso do casco pero si que che obrigan a usar lentes, non saben ná estes gringos, ás veces fan cousas con sentido, coma por exemplo esta permitir inventar esta fantástica matrícula:


(Que ben traído o tema para poder pór algunha imaxe, que ía ser dun post sen unha fotiño que o alegre un pouquichiño).

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 18 de septiembre de 2008


Mais que afición, isto xa e obsesión

Vale que cada vez que vexo pasar unha fíxome en que modelo é, na sua antiguidade, miro como está pintada, os cromados, os extras, resumindo, que lle pego un bo repaso.

Pero esta afición empeza a converterse en obsesión.

Todo recórdame a elas e, agora, ata o xel de ducha. Si, si, o xel de ducha, explícome, o outro día nun vestiario de cuio nome non quero acordarme, mentres facía augas menores vín no alto do muriño dunha ducha o seguinte frasco de xel (póñovolo virado para que non teñades que partir o pescozo):


Xa vedes LI - PER - TUTTO lin e o primeiro que veu á miña mente foi, efectivamente, Lambretta LI para todo, pois si, para facer quilómetros, para pasear relaxadamente, para ir traballar, para ir á praia, para percorrer a cidade, para gozar do campo, unha Lambretta Li para todo.

Teneis información do xel, na web do fabricante (Bama-Gevé)

NOTA: O de que valla para todo recórdame o seguinte vídeo do scooter club sur, ao máis puro estilo cocacolero:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 17 de septiembre de 2008


Presentovos: a PK dun veciño

Hoxe tráiovos esta preciosa PK 75 do ano 1.990, dun veciño meu.


Polos anos que ten non pode ser considerada aínda clásica, pero está moi ben encamiñada a conseguilo.


Desde o primeiro día que a vin diante do meu portal xa me chamou a atención (a fin de contas é unha Vespa), pero por aquel entón estaba pintada en negro, e bastante deixada, pero agora, desde que a pintou con este precioso ton vermello co detalle da tira de cadros, a verdade é que quedou a mar de vistosa.


Dá gusto ter veciños así, agora o que fai falla é empezar a xuntarnos varios para tratar de organizarnos e facernos notar.



NOTA MENTAL: Non podo ter tanto tempo os post preparados porque senón pásame como neste caso, que fai case un mes que non a vexo aparcada diante do meu portal e, sinceramente, espero que sexa porque a garda nunha garaxe próxima.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 16 de septiembre de 2008


Fotos do Vespeinando Galicia 2

No foro de Vespeinados.com, estan empezando a poñer enlaces a máis fotos do Vespeinando Galicia 2.

Aquí tedes algúns destes enlaces:

2 VUELTA A GALICIA

Vespeinados II Vuelta Galicia

2 VUELTA A GALICIA SEPTIEMBRE 2008

VESPEINANDO GALICIA 2 The Return To The Road 13 Y 14 Septiembre 2008

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 15 de septiembre de 2008


Crónica do Vespeinando Galicia 2

Pois xa está, xa pasou, xa se acabou a 2ª Volta a Galicia en Vespa, organizada por Vespeinados.com (Vigo Scooter Club).

Eu que me unín a eles na 3ª etapa, dende Santa Cristina ata o fabuloso cocido de Lalín, teño que dicir que mo pasei en grande.

Moi boa xente esta de Vespeinados.com, mágoa que polo camiño quedóusenos xente avariada (un saúdo Ricardo, temos máis dunha saída pendente).

Foron uns 130 quilómetros de ruta fantástica.

O tempo acompañou, a xente ía moi animada (a pesar de levar encima 300 quilómetros do sábado) e ademais marcámonos unha boa visita ao Castelo de Pambre (Pas de Rei), mágoa que estaba pechado (e custodiado por un ladrador empedernido).


Ademais da visita, fixemos unha repostaxe repartidos entre Curtis e As Corredoiras.


Unha parada nos arredores de Monterroso para ver a saída do gran premio de Italia de Formula 1 (pegámoslle a todo).

E por fin chegamos a Lalín, onde nos esperaba un delicioso cocido, que, a pesar de estar a vintetantos graos, entraba de marabilla.


Sobre as cinco da tarde, arrincamos de novo motores e puxeron dirección Vigo.

A min tocoume regresar só, xa que, os outros representantes do triángulo scooterista (Betanzos, Coruña, Ferrol), Ricardo e Marcos (ao que non cheguei a coñecer, todo andarase) quedaron avariados polo camiño.

Aínda que en lugar de volver pola ruta máis curta, funme ata Lugo e despois, tras a parada pertinente na festa familiar en Baamonde, continuei ata casa, ou o que é o mesmo, outros 160 quilómetros pro body, pero bo, sarna con gusto non pica.

Tedes o resto de fotos aquí.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 10 de septiembre de 2008


Vespeinando Galicia 2-"The Return To The Road"


A que nos prepararon os amigos de Vespeinados.com (Vigo Scooter Club), a segunda edición de Vespeinando Galicia "The Return To The Road", ou o que ven sendo o mesmo, a Volta a Galicia en Vespa/Lambretta.

Tratase de percorrer uns 600 kilómetros que pasarán polas catro provincias galegas entre os días 13 y 14 de setembro, sendo a ruta, dividida en catro etapas, a seguinte:

------------------------- SÁBADO 13 -------------------------

1ª ETAPA

VIGO > PONTEVEDRA > VILAGARCÍA > CATORIA > NOIA > MUROS > CARNOTA > CEE > FISTERRA

Aproximadamente 186 Km. - Realizarase a comida no fin do mundo.

2ª ETAPA

FISTERRA > VIMIANZO > CARBALLO > ARTEIXO > A CORUÑA > SANTA CRISTINA - OLEIROS

Aproximadamente 134 Km. - Noite en Santa Cristina no Hotel Brial

------------------------- DOMINGO 14 -------------------------

3ª ETAPA

SANTA CRISTINA > BETANZOS > CURTIS > MELIDE > PALAS DE REI > MONTERROSO > AGOLADA > LALÍN

Aproximadamente 127 Km. - Cocido en Lalín para repoñer forzas

4ª ETAPA

LALÍN > CARBALLIÑO > RIBADAVIA > A CAÑIZA > PONTEAREAS > VIGO

Últimos 130 Km. - Toca despedidas e esperar hasta a seguinte edición

Eiquí tedes o mapa da ruta:

En total hai 54 inscritos que percorreran a ruta, ós que supoño iranse sumando máis ó longo de todo o percorrido, cousa que dende eiquí animo a todo o que lle guste este mundillo a sumarse á iniciativa dos amigos de Vespeinados.com, e os acompañe en todo ou parte deste Vespeinando Galicia 2-"The Return To The Road".

No meu caso percorrerei con eles a 3ª etapa.

+ Info:
Blog Vespeinados.com
Foro Vespeinados.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 9 de septiembre de 2008


Acabouse o verán

É certo, acabouse o verán, se é que este ano veu, xa que VAIA VERANCIÑO de mal tempo que tivemos, polo menos aquí en Galicia, onde, como di a tradición, un día chove e outro tamén, así que é de agradecer que veña bo tempo para poder saír a rodar, polo menos, sen mollarnos.

Ainda así, climatoloxía aparte, insisto en que o verán é a estación das scooters, agora e sempre, xa que, vendo estas imaxes publicitarias antigas, dámonos conta da relación existente entre o bo tempo e, neste caso, as Lambrettas Li:

Empezamos con "Lambretta, Pode ampliar os teus horizontes", ou de como utilizar unha scooter de hamaca para tomar o sol

¿Fixástesvos que hai duas Lambrettas Li aí debaixo?

Portada da revista Scooter & three wheeler, de Xullo de 1961, que xa me gustaría ver a estes cando se fosen a casa, coa pelotita, a sombrila e a hamaca montados na scooter.

A seguinte imaxe non pasaba a censura na súa época, imos, nin de lonxe (xa se encargaban os censores de "facelas desaparecer"), porque neses anos unha imaxe de dúas mozas en top-less, era pecadísisimo.

Tamen por outra banda creo que non era necesario a suxestiva imaxe das dúas mozas xa que, no fondo, distraen a atención do que realmente se está publicitando.

Aquí os creativos non estiveron moi duchos, a verdade.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 7 de septiembre de 2008


Lamborghini


Que terán que ver os bólidos Lamborghini cos scooters? Pois eu tamén pensaba que nada, ata que me dín conta de que si tiñan algo en común, a súa orixe italiana.

O mesmo deberon pensar os creativos publicitarios da marca á hora de facer este anuncio:



Baixo o slogan "Feels Italian. Wherever you are" (Sentete Italiano. Alí onde esteas), salvaron a afastada distancia existente entre os vehículos deportivos e os nosos queridos e relaxados scooters.

Parabén a estes xenios publicitarios, xa que a imaxe do rudo moteiro sobre a 125 non ten prezo:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España