martes, 9 de septiembre de 2008


Acabouse o verán

É certo, acabouse o verán, se é que este ano veu, xa que VAIA VERANCIÑO de mal tempo que tivemos, polo menos aquí en Galicia, onde, como di a tradición, un día chove e outro tamén, así que é de agradecer que veña bo tempo para poder saír a rodar, polo menos, sen mollarnos.

Ainda así, climatoloxía aparte, insisto en que o verán é a estación das scooters, agora e sempre, xa que, vendo estas imaxes publicitarias antigas, dámonos conta da relación existente entre o bo tempo e, neste caso, as Lambrettas Li:

Empezamos con "Lambretta, Pode ampliar os teus horizontes", ou de como utilizar unha scooter de hamaca para tomar o sol

¿Fixástesvos que hai duas Lambrettas Li aí debaixo?

Portada da revista Scooter & three wheeler, de Xullo de 1961, que xa me gustaría ver a estes cando se fosen a casa, coa pelotita, a sombrila e a hamaca montados na scooter.

A seguinte imaxe non pasaba a censura na súa época, imos, nin de lonxe (xa se encargaban os censores de "facelas desaparecer"), porque neses anos unha imaxe de dúas mozas en top-less, era pecadísisimo.

Tamen por outra banda creo que non era necesario a suxestiva imaxe das dúas mozas xa que, no fondo, distraen a atención do que realmente se está publicitando.

Aquí os creativos non estiveron moi duchos, a verdade.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: