viernes, 29 de abril de 2011


Hoxe arranco para a 1ª Vesparraiada, Culleredo-Portonovo

Dentro dun intre, cando termine de decidir con que moto voume a ir, arrinco para Portonovo en plan avanzada da 1ª Vesparraiada.

A ruta pola N-550 xa a coñezo e faise bastante amena pero claro, tanta travesia fana durar excesivamente:

Pero que lle vou facer? vou pasexando na Vespa e iso é o importante.

Vemonos mañá ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 28 de abril de 2011


El sábado, no os olvideis, 1ª Vesparraiada en Portonovo

Recórdovos que este sábado (30 de abril) o Golfos Artábros Escúter Clube, celebramos xunto co resto de clubs escuteristas, a 1ª Vesparraiada en Portonovo (Pontevedra).

Para os que querais achegarvos, sabede que as inscricións empezarán ás 12:00 horas na chaira do porto, e se quereis traeron a inscrición xa cuberta, aquí a teneis dispoñible para que a descargueis:

Vémonos o sábado en Portonovo ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 27 de abril de 2011


V Ruta internacional Motos Antigas "Terras de Padrón"

Como xa vén sendo habitual durante estes últimos anos, os amigos do Motos Antigas Terras de Padrón, organizan o vindeiro domingo (1 de maio), a sua V RUTA INTERNACIONAL DE MOTOS ANTIGAS "TERRAS DE PADRÓN".



Se queredes porvos en contacto con eles:

info@motosantigasdepadron.com

Teléfonos 660425094 e 626554509

Dirección
Pavillón de Deportes
Rua Agro do Medio
Apdo. de Correo 99 - Padrón (A Coruña)

Horario de atención ao público
Luns de 20:00 a 22:00 horas

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 26 de abril de 2011


Unha Lambretta de puntos

Pois si, esta Lambretta está feita por centos de puntos, mellor dito puntadas, a punto de cruz:

E se alguén querese animar a facelo eiquí téndelo gráfico:

Para pasar un bo rato nunha chuviosa tarde ne primaveira...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 25 de abril de 2011


Luns de Pascua, dia da Mona

Recordo cando vivía en Cataluña, o ben que se celebraba o luns de pascua ou Dia da Mona, cando iamonos ao campo a comer cos amigos e levabámonos de sobremesa unha mona, ou o que é o mesmo, un roscón de pascua cunha figura de chocolate por rriba.

E que mellor figura de chocolate que unha Vespa a tamaño real de chocolate:


Ummmmm, quen a pillase !!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 23 de abril de 2011


Feliz aniversario Vespa, 65 anos!!!

Hoxe, 23 de abril de 2011, ás 12:00 h cúmprense 65 anos dende que foi a presentación da "motoleggera utilitaria Vespa", ou moto lixeira, no clube de golf de Roma.
No escudo aparecía por primeira vez o novo logotipo de Piaggio, que substituíu ao antigo emblema aeronaútico.
As publicacións quincenais "A Moto" e "Motociclismo" dedicaron a súa portada á Vespa e esta nova scooter suscitou entre o público curiosidade e sorpresa pero tamén certo escepticismo.
Os primeiros cincuenta vehículos saíron da fábrica de Pontedera mentres se realizaba a presentación oficial.
Os concesionarios Lancia foron os encargados de comercializar a Vespa durante os primeiros meses, e durante o seu primeiro ano de vida producíronse un total de 2.484.
E así é como comezou a aventura da scooter máis famosa do mundo.

Motor: Motor monocilíndrico de dous tempos. Cilindro de ferro horizontal con cabeza de aliaxe lixeira de axuste forzado.
Diámetro: 50 mm
Carreira: 50 mm
Cilindrada: 98 cc
Velocidade máxima: 60 km/h
Suspensión: elástica, con peiraos de aceiro en espiral na roda dianteira e topes de caucho para a roda traseira
Freos: de tambor
Pneumáticos: 3.50-8"

Fonnte: Páxina oficial Vespa España


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 22 de abril de 2011


Unha de romanos ...

ou dous ou tres ... ou unha ducia, iso é o que alaga a programación de televisión nesta época.

Nótase que a maioría do persoal das cadeas están de vacacións e dedícanse a pór películas de varias horas de duración sobre a época dos romanos, as cales convertéronse nun clásico non só pola súa antigüidade senón pola de veces que as emitiron.

Pois aproveitando o título, vénme ao xeito esta foto dun romano nunha Lambretta patinete:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 21 de abril de 2011


Semana Santa en Vespa

Para os que non se deron conta estamos en Xoves Santo, festivo, e iso a pesar de que vivimos nun estado aconfesional (a ver quen é o guapo que cambia o dos festivos santorais, ja).

Pois iso, Vespas en Semana Santa, ou o que é o mesmo, nazarenos montados en Vespa:

Xa sea na sua versión máis moderna:

Coma nun clásico como nesta foto:

Vémonos nos bares ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 20 de abril de 2011


E agora o video do 2º Burgos Scooter Fest

Un pequeno video que grabei o sábado (e con isto prometo deixar xa o tema do 2º Burgos Scooter Fest, jajaja).



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 19 de abril de 2011


Crónica e fotos do 2º Burgos Scooter Fest

Pois como xa vos fun contando pasei un bo finde en Burgos, gozando do 2º Burgos Scooter Fest.

A viaxe de ida, facendo noite en León foi un pouco movida por culpa do vento, pero polo demais tranquilo en xeral.

O sábado, día principal do festival, arrinquei de Leon ás 9 da mañá e ás 11 e media estaba xa diante do Museo da Evolución Humana, punto de encontro de todolos participantes.

Como parecía que se deitaran tarde o día anterior, aproveitei para ir á habitación do hotel a soltalos bartulos e aproveitar para encher o depósito para todo o día, cando volvín a diante do museo xa empezaba a animarse a cousa.

Logo da inscrición e recoller a bolsa de recordos (grazas pola morcilla, jeje) aproveitei para facer unha pequena reportaxe fotográfica das fantásticas máquinas alí expostas:

Onde puiden ver curiosidades coma estas dúas:

Despois arrincamos a unha ruta polos pobos dos arredores de Burgos, por unhas estradas moi divertidas.

Ata chegar ao pobo onde se atopaba o restaurante, onde nos metemos unhas fabas pintas e un lechazo que estaba de vicio...

Logo do xantar procedeuse á entrega de premios, onde me deron o do escuterista que rodara máis quilómetros para chegar á concentración. Grazas.

E o sorteo de agasallos (onde tamén me tocou unha buxia, un bote de aceite e un parasol para o coche, pleno...).

A única nota negra da ruta foi a caida dunha moza por culpa da grava miúda, pero "solucionouse" por parte da organización regalándolle un casco, ánimo, que o importante é non facerse dano.

Despois fómonos á "sede do cub" dos amigos do Scooter Club Burgos, o café Carabás, onde logo de tomar un delicioso té, aproveite para arranxarlle a luz dianteira da TX que fallaba.

Un intre de paseo por Burgos, para aproveitar para estirar un pouco as pernas e de volta para a habitación para refrescarme, descansar e prepararme para a noite.

Sobre as 21:30 cheguei á Sala Estudio 27, onde nos serviron unha cea fria (algo tarde a verdade) e gozamos do concerto de Las Gildas primeiro. Cos amigos do Vespa pa pa de Zamora funme a cear algo e despois voltamos gozar do concerto de Los Brebajes... e ata aquí, o meu corpo xa me pedía descanso.

Á mañá seguinte levanteime con ganas de facer quilómetros porque arrinquei directamente para volver a casa, enganchei a autovía e non a soltei ata o Bierzo, onde preferín subir Pedrafita pola nacional, aínda que a TX parece que non lle gustou a idea e negouse a cambiar de marcha. Metín a 2ª para coroar o porto e alí conseguín que entrase 4ª así que a piñon ata Lugo.... pero no Corgo xa dixo que non máis...

Bo pois para iso está a grua, fin da viaxe...

Un fin de semana intenso, con 1000 quilómetros baixo o cu, e cunhas marabillosas compañias, moitas grazas a todos polo recibimento e por facerme sentir un máis ...

Vémonos en calquera outra ...

Eiquí tendes todalas fotos que saquei:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 18 de abril de 2011


Burgos - Culleredo 7 horas

Onte foi a viaxe de regreso de gozar do 2º Burgos Scooter Fest e fíxeno do tirón, 500 quilómetros a piñon, pero o meu gozo nun pozo porque subindo Pedrafita a TX empezou a fallar no cambio e quedeime sen el.... conseguín meter 2ª e coroar o porto aos poucos.

Logo de intentalo entrou a 4ª marcha e continuei dirección Lugo pero xusto ao chegar a O Corgo a TX dixo "ata aquí" e fin do paseo escuterista.

Menos mal que para iso está o servizo de asistencia en viaxe, TX ao guindastre e os últimos 100 quilómetros ata Culleredo montado na cabina.Mala sorte, pero estes son os problemas cos que nos podemos atopar, o importante foi a experiencia que iso non hai quen ma quite.

Mañá cóntovos mais sobre do 2º Burgos Scooter Fest.

Por certo, quero aproveitar para pedir desculpas aos amigos do LSD (León Scooter Division) por arrincar só e non haberlles acompañado como quedaramos, pero comprenderedes que prefería saír canto antes... débovos unha cervexa.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 16 de abril de 2011


León - Burgos 2 horas emedia

Pois si, despois de levantarme ás 8, encher o depósito e almorzar ás 8 e media e arrincar ás 9, ás 11 e media estaba diante do Museo da Evolución Humana de Burgos, punto da concentración.

O único destacable da ruta foi que fun a piñon pola autovia A-231, afortunadamente había moi pouca circulación, pero moitísimo vento, e o único contratempo co que me atopei foi que perdín unha "O" do adhesivo-homenaxe que lle puxen á TX (fixarvos na foto).

Nada máis, mañá xa vos contarei toda a xornada de hoxe...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 15 de abril de 2011


Culleredo - León 5 horas

Pois iso é o que tardei, 5 horas.

Arrinquei ás 2 da tarde e estaba entrando en León ás 7 en punto.

Así arrincou a TX unha vez lista e preparada:

Aínda deume tempo a facer paradas para reflectir os cambios de provincia:

Unha paradiña en Lugo para a foto de rigor:

E parada en Baralla para tomar un refrixerio e descansar un pouco:

Pouco despois estaba entrando en Castela e León:

E a seguinte parada, que tiña pensado facer en Ponferrada, sentinme con ganas e fíxena en Astorga. Encántame o Palacio Gaudí, a verdade:

E dende alí só quedábanme 45 quilómetros para chegar definitivamente a León, onde logo dunha reparadora ducha, funme ata o centro da cidade, primeiro unha visita ao Portobello, "sede" dos amigos do LSD (León Scooter Division) e despois un paseiño polo barrio húmedo para picar algo e retomar forzas. (ata espirituais porque pilloume unha procesión e estiven a piques de non poder virme á habitación ata que terminase...)

Bo pois hoxe foi todo, moi bo día de rodaxe, unha divertida estrada (sobre todo subir e baixar Pedrafita) e o único malo foi o vento, que mecíame constantemente, pero en xeral xenial ...

Mañá máis ... vémonos en Burgos !!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 14 de abril de 2011


Mañá, primeira etapa (Culleredo-León)

Pois tal e como vos comentou fai un par de días este finde voume ao 2º Burgos Scooter Fest, pero voume con calma facéndoo en dúas etapas:

Culleredo - León, mañá venres, 388 kms de nada:

E ainda por riba parece que vou ter un bo dia:

León - Burgos (198 kms), o sábado para chegar á hora da recepción oficial ao Paseo Sierra de Atapuerca, aos pés do Museo Da Evolución Humana sobre as 11.30 horas.

Ireivos contando paso a paso o que vaia aparecendo durante a ruta...

Agora a descansar, que mañá é un bo día de vespear...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 13 de abril de 2011


Chaveiro Vespa by Salvador Bachiller

Paseando o outro día por Coruña atopeime este chaveiro no escaparate dunha tienda de Salvador Bachiller:

Cal foi a miña sorpresa cando días despois recibín este fabuloso regalo:

Grazas Lucía...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 12 de abril de 2011


2º Burgos Scooter Fest

Este próxima fin de semana (do 15 ao 17 de abril) celébrase en Burgos o 2º Burgos Scooter Fest, organizado polo Scooter Club de Burgos, e cara alá que me vou....

O programa de actos comezará o venres 15 coa recepción das persoas de diferentes puntos da Península na Sala Ram Jam Club.

OFRECERASE UNHA CEA FRÍA A Los INSCRITOS, a cal abrirase cunha sesión de Dj´s, nunha sesión de vinilo infestada de sons dos anos 60 como o soul, o pop, a psicodelia, etc.

O sábado 16, día principal, realizarase unha recepción oficial a todos os participantes en Paseo Sierra de Atapuerca, aos pés do Museo Da Evolución Humana ás 11.30 horas, onde se lles entregará unha bolsa con información turística da cidade e material promocional de diversos produtos. Con posterioridade, realizarase unha pequena ruta pola provincia.

A ruta concluirá coa parada nun dos Municipios da localidade para dar lugar á COMIDA OFRECIDA A TODOLOS INSCRITOS.

Xa pola tarde e logo da entrega de premios en diversas modalidades elaboradas polo SCB (mellor Vespa, mellor Lambretta, scooterista máis afastado...) aos inscritos ao Festival, achegarémonos ao Paseo do Teimudo onde se realizará unha exposición espontánea dos Scooters desde onde pasaremos á sede do Club ( Café Carabás ) onde se poderá gozar dunha sesión de Dj´s con vinilo. TICKET PARA UNHA CONSUMICIÓN GRATIS.

Pola noite realizarase un concerto/festival na Salga Estudo 27 de Burgos e posterior sesión de Dj´s vindos de diferentes puntos da Península. ENTRADA GRATUÍTA AOS INSCRITOS E CEA FRIA + CONSUMICIÓN.

Xa o domingo 17 realizarase unha ruta pola cidade de Burgos co fin de dar a coñecer os lugares máis significativos da cidade, e que finalizará no Centro de Creación Musical O Hangar onde se realizará UN BRUNCH INCLUÍDO NA INSCRICIÓN de despedida de todos os asistentes ao Burgos Scooter Fest, amenizado por unha sesión de Dj´s.

+ info:

- Burgos Scooter Fest
- Scooter Club de Burgos

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 11 de abril de 2011


I´m Scooterist

Non me gusta repetirme nos post, pero uns bos amigos como son os de I'm Scooterist pedironme que dese difusión ao seu proxecto e eu encantando.

Reprodúzovos a continuación o mail que me enviaron:

"Ola, este mail é un mail de presentación e porque non, de posible colaboración... queremos empezar a mover este proxecto, "I'm Scoooterist", gustaríanos moito que nos publicásedes, nós publicariamos a vosa entrada tanto no noso facebook como no noso blog, falando do voso blog. Perdoa que fale en plural, é que nós somos dous amiguetes que nos montamos esta movida a partir dun "hobbie"... En principio I'm Scooterist é unha idea que quere identificar a todas as persoas que aman o escuter clásico. Todo comezou cunha idea simple - facer algo para divertirnos dentro do mundo escuterista - camisetas en principio e máis adiante máis cousas, sen saber aínda cales... I'm Scooterist quere ser unha marca dedicada á todas esas persoas amantes do escuter clásico en todas as súas variantes.

Esta é a nosa web:

www.iamscooterist.com

Dentro dela hai enlaces ao noso Facebook, o cal funciónanos ben, temos mais de 3.300 fans, vainos moi ben para comunicar cosillas.

En fin, esperamos ser material interesante e aos poucos ir facendo ruído.

Moitísimas grazas!!

Fran & Rubén
"

E con esta nova imaxe e colaboracións, prognostícolles unha evolución máis que destacable:

Un saúdo aos dous !!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España