lunes, 18 de abril de 2011


Burgos - Culleredo 7 horas

Onte foi a viaxe de regreso de gozar do 2º Burgos Scooter Fest e fíxeno do tirón, 500 quilómetros a piñon, pero o meu gozo nun pozo porque subindo Pedrafita a TX empezou a fallar no cambio e quedeime sen el.... conseguín meter 2ª e coroar o porto aos poucos.

Logo de intentalo entrou a 4ª marcha e continuei dirección Lugo pero xusto ao chegar a O Corgo a TX dixo "ata aquí" e fin do paseo escuterista.

Menos mal que para iso está o servizo de asistencia en viaxe, TX ao guindastre e os últimos 100 quilómetros ata Culleredo montado na cabina.Mala sorte, pero estes son os problemas cos que nos podemos atopar, o importante foi a experiencia que iso non hai quen ma quite.

Mañá cóntovos mais sobre do 2º Burgos Scooter Fest.

Por certo, quero aproveitar para pedir desculpas aos amigos do LSD (León Scooter Division) por arrincar só e non haberlles acompañado como quedaramos, pero comprenderedes que prefería saír canto antes... débovos unha cervexa.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: