O pasado sábado despraceime ata Santiago para gozar da 2ª edición do Salon do vehículo clásico e de época, RETRO GALICIA e a verdade é que me chamou a atención un par de curiosidades, con respecto á edición anterior:
- A calidade dos vehículos exposto non me defraudou, había boas máquinas e con moito estilo.
- Os postos de venda de artigos, do mesmo xeito que na edición anterior, estaban compartindo espazo coa exposición de vehículos, o cal creo que desmerece un pouco a estes últimos.
- A única vantaxe destes postos é que houbo máis variedade, non só vendíase recambio nin maquetas, senón que os dous postos de libros era moi completo, e un, de cámaras fotográficas antigas, encantoume.
- Botei en falta máis motos antigas.
- A segunda fase do pavillón, estaba ocupado no seu maior parte por unha colección increible de Porsche, pero iso obrigou a que o espazo para o resto de vehículos vísese minguado.
Bo, e despues destas opinións persoais, pasamos ás fotos.... que as disfruteis:
O resto de fotosnesta ligazón
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 24 de febrero de 2012
A miña vista o II Retro Galicia
miércoles, 22 de febrero de 2012
IV Vespalacón, o spot
Coma sempre, os amigos do Scutre Clú, sorprendennos cun fantástico spot do proximo Vespalacón:
Disfrutadeo e vemonos o finde en Cuntis ...
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 15 de febrero de 2012
IV Vespalacón
O vindeiro domingo 26 de febreiro, celébrase en Cuntis (Pontevedra) o xa tradicional VESPALACÓN, co sobrenome de Apecalipsis!!! , con diversas novidades.
A principal é que este ano se celebran durante todo o fin de semana, comezando o sábado 25 coas inscricións a partir dás 18:00 h.
Realizarase unha ruta BARÍTIMA, con tapas a rebentar, que dará paso ao I VESPAGUATEQUE e festa de disfraces.
A partir das 22:00 h, conciertazo de "Os MESMOS" e sesión dj charramangueira con éxitos de Boney M, Alaska, Rafaella Carra, Sabrina, Pajares... e onde haberá premios para os charramangueiros disfrazados.
O domingo 26 as inscricións comezarán a partir das 10 da mañá na Praza de Galicia. Realizarase unha ruta Scutrerista de 19km con saída ás 12 da mañá.
A comida laconiana será a partir das 2 dá tarde con gran queimada final.
E coma sempre, petiscos, sorteo de vales para o Balneario... e un queixo de 10 kg para os que vingan disfrazados.
Desde a organización avisan de dúas cousas importantes:
1º Debido á gran demanda de racións, este ano o Concello de Cuntis decidiu que para quedar a comer, é necesario reservar no 986533600 antes do 24 de Febreiro.
2º Para os que desexen quedar a durmir xa o día 25 (recordade que temos vespaguateque con conciertazo de "os mesmos" e posterior festa charramangueira) temos bo prezo en casa Merchi: habitacións con tele e baño por 20 €. Pza. dás Árbores, 7 - tlf de reservas 986 548 184
Podedes levala folla de inscrición xa cuberta e así ahorradevos tempo:
Tamén a podedes descarregar desde esta ligazón.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 14 de febrero de 2012
Retro Galicia, II Salon do vehículo clásico e de época
Este fin de semana, celebrase en Santiago de Compostela (A Coruña), a 2ª edición do Salon do vehículo clásico e de época, RETRO GALICIA.
O recinto feiral de Amio, acollerá entre o venres 17 e o domingo 19, a miles de entusiastas dos vehículos clásicos para poder disfrutar non só das xoias expostas por profesionais e particulares, senon das actividades paralelas que ten preparada a organización.
+ info:
- Web Eventos do Motor
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 13 de febrero de 2012
IV Invernovespa en Melide
O pasado 28 e 29 de Xaneiro celebramos en Melide (A Coruña) a 4ª edición da xa tradicional Invernovespa.
Ata alí achegamonos 140 comensais sobre máis de 100 vespas (e algunha lambretta).
Eiquí tendelas fotos que saquei no evento:
O xamón que sempre trae Javier, que non falte:
E a foto de grupo, que no están todolos que foron, pero si son todolos que non se perderon jajajja:
O resto das fotos tendelas eiquí
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España