domingo, 28 de febrero de 2010


Sen ... Vespa, non hai bico

Grazas aos creativos publicitarios que traballan para Smint por darse de conta do que xa moitos sabíamos, que "sen ... Vespa, non hai bico".



Grazas secre por recordarme o deste video.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 27 de febrero de 2010


A Coruña Scooter Festival


O concesionario www.zetacenter.com na Coruña, convoca o 1º A Coruña SCOOTER FESTIVAL 2010 , aquí teneis a información que consta na súa páxina:

"EL PUERTO" CENTRO DE OCIO - A Coruña

SABADO 6 de MARZO 2010

O próximo día 6 de Marzo de 2010 terá lugar na Coruña un evento destinado a todos aqueles afeccionados, usuarios e apaixonados polo mundo do SCOOTER.

Esta iniciativa, que pretende consolidarse no futuro como unha plataforma para promover a mobilidade urbana, fomentando o uso deste tipo de vehículos que contribúen a mellorar a fluidez do tráfico urbano, á vez que reducen de forma moi notoria as emisións de gases contaminantes, propón, nesta primeira edición, unha serie de novas e divertidas actividades que terán como basee as instalacións de ?O Porto Centro de Lecer?, en pleno centro da cidade coruñesa.

Co patrocinio de Z-Center, concesionario oficial na Coruña de varias marcas , e o inestimable apoio de "El Puerto Centro de Ocio" os participantes poderán gozar, entre outras cousas, dunha divertida "RUTA SEGREDA" - deberán ir completando o percorrido grazas a unha serie de pistas. - . Aqueles que culminen a mesma participarán no SORTEO DE AGASALLOS ? cascos, roupa e outros complementos moi interesantes - que se celebrará a continuación .-

Así mesmo, estableceranse os premios seguintes:

- SCOOTER MAIS ANTIGO

- SCOOTER MELLOR DECORADO

- PARTICIPANTE DE MAIOR IDADE

- PARTICIPANTE MAIS AFASTADO

- PARTICIPANTE MELLOR CARACTERIZADO

Unha sinxela exposición de SCOOTERS clásicos e actuais, e unha PASARELA DE MODA MOTO , dirixida pola academia de modelos Centramedios, onde haberá algunhas sorpresas, son outros dos actos que amenizarán a xornada.-

Os establecementos situados no propio centro comercial Rocco Terrazas e Lizarrán facilitarán aos participantes uns vales para consumir refrescos de forma gratuíta e petiscos ou tapas en condicións moi especiais.-

Para rematar, por xentileza de Rocco Terrazas, continuará a xornada cunha sesión disco con Festa Beefeeter , boa música e un espectáculo de coctelería acrobática.-
Os asistentes que o desexen poderán deixar as súas motos no Parque Pechado establecido pola Organización ata as 12 horas do día seguinte.-

Para participar soamente haberá que cumprir os seguintes requisitos:

- Inscribirse antes das 17.00 horas do día 6 de Marzo 2010 .-

- Ser maior de idade ou ir acompañado de pai ou titor.-

- Acudir en Scooter de cilindrada superior a 50 cc. debidamente facultado para circular por vías públicas.-

A inscrición ao evento terá un custo simbólico de 5,00 Eur. por persoa ( recoméndase acompañante) ou 4,00 Eur. para as inscricións anticipadas realizadas antes do dia 4 de Marzo.-

Os BOLETÍNS DE INSCRIPCION e o PROGRAMA conteñen as instrucións para confirmar a participación e pódense descargar na seguintes direccións:

www.zetacenter.com - sección Actividades

www.motos2.es

http://www.inscripcion.notlong.com

http://www.empresas.mundo-r.com/zcenter/PROGRAMASCOOTERFESTIVAL2010.pdf

http://www.empresas.mundo-r.com/zcenter/BOLETININSCRIPCIONSCOOTERFESTIVAL.pdf "

Este é o programa de actividades:

Espero que esta iniciativa teña unha boa acollida por festivais como estes sempre son benvidos.

O sábado vémonos alí.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 25 de febrero de 2010


O video do 2º Vespalacón

Coma as imaxes valen sempre máis que mil palabras, e por se as fotos que puxen no album Picasa saberonvos a pouco, eiquí traiovos un video quentiño, quentiño:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 24 de febrero de 2010


Xa pasou, xa pasou, o 2º Vespalacón

Pois si, o pasado domingo fómonos uns cantos tolos a pasar un dia de cans camiño de Cuntis (Pontevedra), para gozar do 2º Vespalacón.

O dia non podía ser mellor, vento, choiva e máis vento, pero as ganas de xuntarnos os fanáticos das escúteres fronte a unha boa laconada non se quitan así como así.

Xa vos digo, a pesar do mal día, xuntámonos unha boa recua de pilotos, abrigados (máis ben plastificados) ata os dentes.

Coma sempre puideronse ver moitas curiosidades, coma esta preparazón especial para os días de choiva, con paraventos con limpiaparabrisas "a pedal" e prolongazón superior:

Ou esta preciosa restaurazón, cun porta roda de reposto super orixinal:

Grazas aos amigos do Scutre Clú polo trofeo-recordo. Curraronseo, e moito:



+ info e fotos:

- Foro do Golfos Artabros Escúter Clube
- Neste Album Picasa
- Vespalacon.com
- As fotos do Porco-call
- Foro dos Vespeinados

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 16 de febrero de 2010


Curling, un deporte moi mod

Estes días, e grazas a Google, deime conta que comezaran os xogos olímpicos de inverno, xa que, se espero pola información en televisión, vou apañado, por que coma sempre, os deportes minoritarios son absorvidos polo rei futbol.


Unha das disciplinas da competición é o Curling, un deporte que sempre me pareceu moi curioso xa que, a pesar de ter similitudes coa petanca, o lanzador é axudado por uns compañeiros de equipo que lle van varrendo o camiño á pedra.


Nunca vira a ninguén varrer con tanta ansia.

E por suposto, o máis significativo de xogo é a diana onde teñen que acertar coas pedras, non vos recorda á diana mod?


+ info:

- vancouver2010.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 11 de febrero de 2010


2º Vespalacón - Cuntis (Pontevedra)


Este é o correo electrónico que me mandou a organización:

"O vindeiro 21 de febreiro celébrase en Cuntis (Pontevedra) a Festa Gastronómica do Lacón con Grelos. Aproveitando a festa, os amigos do ScutreClú en colaboración coa Concellería de Cultura e o Concello de Cuntis, organizamos o II VESPALACÓN, concentración de Vespas e Lambrettas.


Xa sabedes, se tendes unha Vespa ou Lambretta do ano que sexa (haberá motos dos anos 50 e do século XXI) estades convidados a asistir á concentración.


O ano pasado fomos máis de un cento de amigos e amigos de amigos... e este ano contamos con todos vós igualmente! Agardamos mellorar todo o que era mellorable o ano pasado coa vosa axuda!


Coma sempre... A INSCRIPCIÓN É LIBRE e GRATUÍTA. Haberá unha pequena ruta pola zona con escolta e coche escoba,pincho intermedio (novidade fronte ó ano pasado!), agasallos para os clubes asistentes e sorteo para os participantes.


O que queira quedar a comer (que seguro que o corpo agradece algo quentiño despois do percorrido...) cos amigos e/ou a familia, únicamente terá que pagar a comida (lacón con grelos, filloas e viño), o prezo do menú son 10€.


Xa sabedes, se queredes sacar o scooter a relucir no mes de febreiro, en Cuntis recibiremos a todo quisque cos brazos abertos e un anaco de lacón.


¡¡Coma o ano pasado podes vir coa familia que hai actividades para todo o mundo dentro das actividades da festa!!

Para ampliar a información e consultar o programa da xuntanza e da festa podede consultar vespalacon.com.
E para facer a preinscripción (para poder acotar o número de menús que hai que reservar) ou resolver calquera dúbida: info@vespalacon.com."

Para axilizar a inscripción o día do VespaLacón podedes descarregar xa a folla da inscripción por se desexadess traela cuberta. Podédela descarregar eiquí

+ info:

- vespalacon.com
- ScutreClú

Tamén podedes disfrutar co spot có que están a promocionalo evento:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España