jueves, 31 de marzo de 2011


Outra cervexa mod...

Xa que noutro post anterior vos falara da cervexa Spitfire, hoxe tráiovos outra cervexa mod a Blackwater Mod:

aínda que esta foi máis ben unha edición especial da cervexa Blackwater, coa definición Mod, de Agosto de 2010.

Podedes ver mais edicións especiais da cervexeira Salopian neste enlace.

Doutra banda, e xa que falamos de cervexas, a partir de hoxe (incluído), o Golfos Artabros Escuter Clube, reunirémonos TODOS Os XOVES, a partires das 21 ou 21:30 h, no Creedence Rock.

un local moteiro cunha boa carta de cervexas, onde seredes ben recibidos por Leo e Isi, que vos tratarán como un máis da familia ...

está situado na rua manuel Murguía 32 - A Coruña, xusto enfronte do estadio de Riazor

todo aquel que lle apeteza coñecernos e compartir un intre connosco alí estaremos.

Un saúdo e como din os amigos do Creedence Rock...

V's e birras para todos....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 30 de marzo de 2011


"Premonition" by Alex Gross

Este é o título desta obra asinada no ano 2010 por Alex Gross:

Non vos podería dicir si gustame ou nno, pero o que si teño claro é que non me deixa indiferente.

O modernismo consumisma mesturado con ese ápice de morte ou relixión que aparece nas suas obras.... xa vos digo, non sei moi ben que comentar.

+ info:

- AlexGross.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 29 de marzo de 2011


V Fegaclasic - Pontecesures (Pontevedra)

Este próximo fin de semana (2 e 3 de Abril) celebrárase na localidade pontevedresa de Pontecesures, a 5ª Edición de Fegaclasic, Feira Galega dos profesionais e afeccionados ao vehículo clásico e antigo.

O programa de actos é o seguinte:

SABADO 2 DE ABRIL
11.00 h. Apertura da Vª edición de Fegaclasic.
17.00 h. Exhibición de trial indor clásico.
22.00 h.Peche da primeira xornada de Fegaclasic.

DOMINGO 3 DE ABRIL

Xornada de mañána

10.00 h.Apertura da segunda xornada de Fegaclasic.
11.00 h.Concentración de vehículos clásicos e antigos nas rúas centrais do Pontecesures.
Concursos:
· Vehículo máis antigo: premio de 100 e e trofeo.
· Concurso de elegancia: premio de 200 e e trofeo.
· Vestimenta de época: premio de 150 e e trofeo ao participante mellor vestido.
13.30 h. Ofrenda froral no monumento ás Feiras do Automóbil de Ocasión de Pontecesures, a cargo de dúas persoas da localidade.
14.00 h. Viño español.

Xornada de tarde

18.00 h. IIª Xincana de Motos Clásica "Fegaclasic 2011"
Premios:
· 1º clasificado: 100 euros e trofeo.
· 2º clasificado: 50 euros e trofeo.
· 3º clasificado: 25 euros e trofeo.
· Trofeo ao piloto de máis idade.
· Trofeo ao piloto máis xove.
21.00 h. Peche da Vª edición de Fegaclasic.

+ info:

- Fegaclasic.org

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 28 de marzo de 2011


Maqueta de Vespa con escarvadentes de dentes

Atopeime no Blog Maquetas con escarvadentes de dentes, dedicado a ensinarnos diferentes maquetas de coches, barcos e outros medios de locomoción realizadas con escarvadentes de dentes planos, esta preciosa Vespa 125:



Increible o que se pode chegar a facer cuns simples escarvadentes de dentes ...

+ info:

-Post Vespa 125 en Maqueta con escarvadentes

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 25 de marzo de 2011


Alex Barbarroja

Alex Barbarroja é un Ilustrador e Deseñador Gráfico, que traballou desde 1999 ata 2008 en distintas empresas. No sector téxtil (Sáez Merino S.L.), no sector de artes gráficas e en prensa como ilustrador para o diario "El País".

No ano 2008, xunto con Sofía da Asunción Barbarroja, formarón BARBARROJA DISSENY GRÁFIC.

Un estilo moi persoal e cunha marcada tendencia mod...

Tambien creou algun que outro logo para clubes:

e desde fai uns anos é o Ilustrador dos carteis do Euroyeyé.

+ info:
- BARBARROJA DISSENY GRÁFIC
- Sigue a Alex Barbarroja no Facebook


E por certo, aínda que xa cho dixen ... FELIZ ANIVERSARIO!!!!!!!!!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 24 de marzo de 2011


Borja Buenafuente

Quen é Borja Buenafuente???

Pois é un emerxente pintor hiperrealista afincado e nacido en Madrid ao que lle apaixona o mundo da arte e as tendencias.

Borja tamén traballa como deseñador gráfico Freelance, labor que compaxina coa súa vida bohemia na cápital.


Fonte Beat on the Blue by El Ganso, onde podedes ler toda a entrevista, da que é destacable (como non) a última pregunta:

O teu medio de transporte?

Polo xeral vou andando a todos lados porque vivo no centro de Madrid e todos os sitios onde teño que ir téñoos cerca pero se teño que usar medio de transporte, teño unha preciosa Vespa de 1958 que me ten bobo perdido. É amor o que sinto por esa motaza e entre ela e o casco vintage, non vexas a de fotos que nos fan cando nos paramos en calquera semáforo da Castellana.
:D

Hai que recoñecer que hiperrealista si que é, mirade:

Podedes velo traballo de Borja en www.mrletterman.es

+ info:
- Beat on the Blue by El Ganso
- El ganso

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 23 de marzo de 2011


¿Fotos ou pinturas dixitais?

Atopeime en Flickr estas fotos que parecen máis ben unhas pinturas dixitais.

Unha moi boa utilización do photoshop, a verdade.





Podedes ver estes e outros traballos deste artista na sua galeria de Flick (Scabooba1979).

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 22 de marzo de 2011


Holi, festival de cor na India

Onte, lendo a prensa, atopeime cun artigo sobre o festival Holi na India, que é unha das maiores festividades da relixión hindú, na que se dá a benvida á chegada da estación cálida.

Auga e cores cobren a millóns de indios que saíron ás rúas para celebrar este día, e isto recordoume a esta imaxe que tiña gardada desde fai un tempo:

No que me fixo graza o pé de foto " ... o costume de tirar botes de pintura aos automobilistas non cremos que sexa ben recibida por todo o mundo." Non a verdade é que non, sobre todo polo vespista, jeje.

Eiquí tendes a nova da axencia Efe.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 21 de marzo de 2011


Chega a Primavera...

Pois si, xa nos tardaba pero a partir de mañá xa será oficialmente primavera e o que esperamos todos é que se manteña este bo tempo que ... xa apetecía.

Así que xa sabedes a gozala a lume de biqueira porque A Primavera, o sangue altera.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 18 de marzo de 2011


San Patricio en Vespa

Onte celebrouse San Patricio, o día en que todos parece que somos irlandeses porque non veais a cantidade de xente que había celebrandolo onte cunha pinta na man.

Pois no Golfos Artabros Escuter Clube non ibamos a ser menos e saímos a celebrar esta data tan entrañable.

E para a ocasión portamos ata un adhesivo en conmemoración de tal "notable" data:

Esta en concreto:

E a verdade é que foi unha boa noite, na que ata acabei tomandome unha Spitfire da que xa vos falara nun post anterior.

Como se adoita dicir "para traballar non hai xente, pero para festexar!!!"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 17 de marzo de 2011


A miña Lambretta Special, todo un xoguete

O outro día nunha gasolineira atopeime este xoguetiño e non puiden resistila tentación de comprarmo.

Unha Lambretta Special, cun aspecto e lema tan hippie, que resulta unha declaración de intencións máis valida que nunca hoxe en día:

O blister no que viña é este:

O fabricante, Dickie Toys, pertence a un gran grupo xugueteiro con marcas tan coñecidas como Simba, Smoby ou Majorette.

Tendes máis fotos da sesión que lle fixen en Flickr.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 16 de marzo de 2011


Vespa nun escaparate

Onte topeime con este precioso escaparate:

Pertence a empresa de Arquitectura Interior, Contrucción e Servizos 3h3m, e está situada en la Avda. do Exercito, 52 na Coruña.

É unha preciosa Vespa 125, a verdade...

Grazas pola pista Lucia....

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 15 de marzo de 2011


As vespas de Frank Margerin

Frank Margerin é un debuxante parisien que leva máis de 25 anos no mundo da ilustración.

O seu personaxe máis famoso é Lucien, un rocker de comezos dos oitenta, cunha gran iconografía musical e moteira, e podémolo ver rodeado de xóvenes da súa mesma xeración, co que algunha Vespa aparece seguro, jajjjja:

Tamén atopeime con esta imaxe do propio Lucien en Vespa:

E este valo para unha concentración é fantástico:

No ano 2002, comezou unha serie nova cun personaxe chamado Momo, que é un repartidor que vai a todos lados na sua Vespa amarela (nin que fose de correos), do que publicou dous volumenes, "O repartidor" e "O gran brinco":

Moi chulos os comics a verdade:



+ info:

- Frank Margerin en Facebook
- Frank Margerin na Wikipedia
- Web de Frank Margerin

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España