lunes, 14 de marzo de 2011


Fotos e videos do Vespalacón

Pois si, xa pasou o III Vespalacón e, a pesar do mal tempo que se esperaba, ao final quedou unha xornada bastante agradable, xa que a choiva polo menos respectou o percorrido da ruta.

Despues dun fantástico exorcismo do Pai Merino,

arrincamos por unhas estrada ondulantes perfectas para gozar, parada para o bocadillo e foto de familia:

Continuamos gozando das estradas de Cuntis e Moraña, e ata este último foi onde fixemos a segunda parada e aproveitamos para encher.

Alí menos mal que se encotraba este "axente da Garda Sivil" para axudar a organizarnos e regular ao noso paso:

Cando chegamos de volta a Cuntis, estacionamos á beira da megacarpa da Festa do Lacón con Grelos, onde nos estaban esperando os jallejeros pachanjeiros do programa Land Rober da TVG:

A comida, coma sempre, a rebentar, e os agasallos pois foron bastante repartidos, especial a mención aos clubes Vesperdidos de Valladolid e Vespa pa pa de Zamora, por habernos acompañado nesta edición.



E a Vespa Primavera??? quen a gañou??? pois aínda non se sabe, o número premiado foi o 2951 e aínda non apareceu, pero bo, ten 15 dias para reclamala.

Bo e eu non me podo queixar, que me tocou un casco Lem, yuju!!!

Tendes todalas fotos neste album Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: