martes, 22 de marzo de 2011


Holi, festival de cor na India

Onte, lendo a prensa, atopeime cun artigo sobre o festival Holi na India, que é unha das maiores festividades da relixión hindú, na que se dá a benvida á chegada da estación cálida.

Auga e cores cobren a millóns de indios que saíron ás rúas para celebrar este día, e isto recordoume a esta imaxe que tiña gardada desde fai un tempo:

No que me fixo graza o pé de foto " ... o costume de tirar botes de pintura aos automobilistas non cremos que sexa ben recibida por todo o mundo." Non a verdade é que non, sobre todo polo vespista, jeje.

Eiquí tendes a nova da axencia Efe.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: