miércoles, 9 de marzo de 2011


Vespa, de Arly Jones, no Bristol Bar (A Coruña)

Onte, mentres gozaba do martes choqueiro da Coruña tomeime algo no Bristol Bar (C/Torreiro)

e cal foi a miña sorpresa ao ver esta ilustración:

Mergullando un pouco sobre o seu autor resulta que é unha ilustración de Arly Jones, "un alacantino que realizou estudos de Deseño gráfico e Moda na Escola de Artes e Oficios de Valencia. Os seus traballos foron múltiples e de diversa consideración dende cabeceiras, litografías e postais ata deseños en estudos de arquitectura e axencias de publicidade. Realizou aparicións en revistas como "I+D", The Face, Vogue, Woman e moitas outras máis. A sorte cambioulle aínda máis cando un bo día Xavier Mariscal fixouse nel e decidiu contar cos seus traballos para un dos seus grandes proxectos. Tratábase da película de animación "Chico e Rita", na que xunto ao cineasta madrileño Fernando Trueba relata a historia de amor de dous músicos, unha cantante e un pianista, que empeza nos anos 40 na Habana e transcorre ata os nosos días. A película conta con máis de 125.000 ilustracións ..."
(Fonte: Blogue Sipassita)

+ info:

- ArlyJones.com
- Bristol Bar no Facebook
- Blogue Sipassita aquí pinto yo ... y tú)

Eiquí tendes outros exempros vespistas da sua obra:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: