domingo, 31 de octubre de 2010


SalonAuto A Coruña, unha mañá pasada por auga

Así é como se podería resumir a xornada que "sufrimos" os que se nos ocorreu achegarnos a ExpoCoruña a la 1ª Concentración de Vespas, Lambrettas y motos clásicas- SalonAuto A Coruña.

Esta foto resume á perfección a "desolación" coa que nos atopamos os asistentes ante o desfavorable día que se nos presentou.

Ao final fomos 5 Vespas e 1 Lambretta as que "enchemos" o espazo que nos tiña habilitado a organización, pero insisto, bastantes para o temporal que nos acompañou toda a mañá:

Dentro do salón moitos coches, menos motos e posibilidade de probar modelos curiosos, como é o caso desta Ventrix, escúter eléctrica 100 %, que o bo amigo Juan e o seu fillo Javi, encargouse de probar:

Curiosidades como este Fiat 500 que os amigos de Fiateira exhibiron na súa caseta:

Ou esta Harley-Davidson VRXSE Screamin’ Eagle V ROD DESTROYER que cada vez que a arrincaban facía retemblar todo o recinto feiral, pero literalmente:

Polo demais, moitos máis vehículos para ver...

Tendes todalas fotos neste album Picasa:



A única nota desagradable foi que, a causa do mal día, unido ao mal estado da estrada (firme, sucidade, etc), cando volvía a casa, ao incorporarme á Av. de Afonso Molina, a miña querida 160 "decidiu" probar o chan comigo enrriba...

Que se lle vai a facer ... uns rasconazos máis para a colección e un gran dano na miña moral ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 30 de octubre de 2010


Betty Boop en escúter

Paseando por Coruña atopeime con esta figura de Betty Boop nunha Vespa personalizada para ela:

E a verdade é que a boneca cabezona esta nunca me encantou pero eiquí tráioa por onde está apoiada e, friki si, pero pagar 98 € por esta figura paréceme excesivo.

Por ese prezo case consigo unha Vespa para restaurar....

Curiosamente con só facer unha procura en Google Images de Betty Boo Vespa, atopámonos con máis exemplos de tandem que forman esta pin-up, cunha idade xa de 80 anos, e unha escúter:

Esta última, cunha preciosa Lambretta LD, é a que máis "me encheu", non sei porque será...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 29 de octubre de 2010


Unha 150 rioxana polas rúas de Lugo

O lúns pasado, mentres paseaba por Lugo,atopeime con esta bela Vespa 150 matrícula de Logroño:

Preciosa verdade???

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 28 de octubre de 2010


SalonAuto A Coruña, Plano de situación concentración motos

Desde a organización envíanme o plano de situación e acceso ao recinto feiral de ExpoCoruña para os participantes na 1ª Concentración de Vespas, Lambrettas e motos clásicas Salonauto, III Salón do Automóbil A Coruña.

No plano está indicado con frechas vermellas a entrada de Vespas, lambrettas e antigas, á galería onde quedarán aparcadas.

Na porta haberá un vixiante que lles indicará a entrada.

Teño que aclarar que a concentración está aberta a todo tipo de Vespas, Lambrettas e demais motos clásicas.

Teño entendido que unha concesionario da Coruña exporá xunto co resto de motos varias Vespas modernas.

Podedes ler a noticia en La Voz de Galicia.

Vemonos o domingo....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 27 de octubre de 2010


Sei o que fixechedes... Miki en Vespa

Onte no programa de la Sexta, Se lo que hicisteis ... saiu Miki Nadal caracterizado de Juan Carlos I, montado nunha Vespa:

Eiquí tendes o video completo:


Gustoume moito iso de "Poducto nacional ..."

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 26 de octubre de 2010


Ilumínate!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 25 de octubre de 2010


SalonAuto A Coruña, 1ª Concentración motos clásicas

Esta próxima fin de semana, aproveitando a ponte, celébrase en ExpoCoruña o Salonauto, III Salón do Automóbil A Coruña.

Logo de porme en contacto coa empresa que o organiza (Eventos del motor), acordamos celebrar a 1ª Concentración de Motos Clásicas SalonAuto A Coruña, así que:

Anímovos a todos os propietario e/ou usuarios de motos clásicas a participar nesta iniciativa o

PROXIMO DOMINGO DÍA 31 DE OUTUBRO

A partir das 10:00 horas abriranse as portas do recinto de ExpoCoruña para recibir aos participantes desta 1ª Concentración de Motos Clásicas e aloxar os vehículos no seu interior ata as 14:00 horas.

Sobre as 12:30 - 13:00 horas procederase a facer a foto de grupo da concentración.

TODOS os participantes terán a entrada gratuíta ao recinto de ExpoCoruña para gozar do III Salón del Automóvil A Coruña.

Anímovos a todos a participar...

+ info:

- Eventos del motor.com

Un saúdo

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 24 de octubre de 2010


Noivos nunha escúter parala bica de boda

Logo de ver, a través de internet, moitos adornos para tortas de voda, onde os noivos van montados nunha escúter, hoxe atopeime esta paseando pola Coruña:

Dá gusto ver este tipo de cousas en vivo.

Vino en Cookies & Cookies por Alatarta, na Praza Maestro Mateo:

Hai que recoñecer que a figura é unha auténtica preciosidad:

Saúdos aos amigos de Alatarta.com e moita sorte nesta nova tenda...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 23 de octubre de 2010


Vespa de papel, para as tardes de inverno

Tatiana, unha amiga do blog dende Perú, púxose en contacto comigo para presentarme as webs e blogs nos que ela participa:

O primeiro de Deseño web: Jeimage.com

Un de Xogos gratis: http://mirincondejuegos.blogspot.com

E este último, é o que me chamou máis a atención: Mundo Papercraft, onde podémonos descarregar gratis centos de modelos de papercraft (recortabres eiquí en España), e, a pesar de non ver ningún modelo de escúter recordoume estoutro que fai tempo que pulula por internet, unha preciosa Vespa 150:

Pódense ler as instrucións de montaxe paso a paso e descarregar o modelo na web do autor: Paper-replika.com.

E se queredes darlle un toque especial, tamen podedevos descarregar á piloto:

Un saúdo Tatiana....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 21 de octubre de 2010


Instalación eléctrica da miña Vespa 160

Xa que o pasado domingo, despois de comer o polbo en Lugo (durante a 2ª Vespulpada), pasouse da rosca a buxía e case a poño en orbita, púxenme coa substitución da culata.

E, aproveitando, pegueille unha revisión ao circuíto eléctrico (xa que fallaban as luces traseiras), e o primeiro é ter unha boa chuleta para saber a que corresponde cada cable, así que, baseándome nun cadro de instalación antigo, modifiqueino para que, visualmente, sexa máis fácil de seguir.

Equí o tendes ... a quen poida interesar:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 20 de octubre de 2010


Cornetto & Vespa

Logo de ver durante toda a tempada, en moitísimos valos dos xeados, o anuncio de "Gaña unha Vespa ... ou experiencias fantásticas" cos Cornetto clásicos, entroume curiosidade por saber se hai alguén que a conseguiu e cal é a miña sorpresa que a promoción é en varios paises europeos:


Co cal eu non sei si as 10 Vespas que se sortean son por pais ou son para compartir entre todos os países da promo.

A forma do "sorteo" (por chamalo dalgún xeito) é como os antíguos do iogur, miras debaixo da tapa e sairache, case seguro, o típico Segue buscando, a próxima vez haberá máis sorte.

Paréceme que, unha vez máis, utilizouse a imaxe dunha Vespa para poder vender máis, engadíndoa como alicente dun "suposto" sorteo porque, imos ver, que pasa si, do millón de xeados entre os que se engadiron 10 tapas gañadoras esas tapas pérdense, xa sexa por descoido, non fixarse, rotura, acaban no lixo por estragarse, etc...

Bo non lle dou máis voltas porque o azar é o que ten...

Tendes o resto de bases da promoción na web de Cornetto.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 19 de octubre de 2010


Día mundial do cancro de mama.

Animo, estou con todas vos.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


2ª Vespulpada - O video de festa rachada

Se onte ensinábavos as fotos da 2ª Vespulpada en Lugo, hoxe tráiovos o vídeo tan festeiro que editei.

A gozalo.......



♪♫♪ Veskpabanana....!!! ♫♪♫

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 18 de octubre de 2010


A 2ª Vespulpada, todo un éxito

Onte os Golfos Artabros, celebramos a nosa 2ª Vespulpada en Lugo e hai que recoñecer que foi todo un éxito.

O camiño ata Lugo fixémolo con moita calma, con paradita de rigor en Baamonde para tomar café e paseo ata a pulpería na rolda dás Fontiñas.

O máis destacable foi a estrea dunha nova Vespa Golfa, a Vespichona, que, xunto á súa "pilota" portouse á perfección durante toda a xornada.


Os únicos contratempos foron unha picada de camiño cara a Lugo, un cable da bobina que se soltou e o rebentón da rosca da bujía na culata da miña 160, o que me obrigou a volver en taxi a casa.


Que todas as avarías sexan esas...

Eiquí tendes todalas fotos da xornada:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 16 de octubre de 2010


Musica escuterista: The Lambrettas

The Lambrettas foron unha banda mod revival inglesa, que publicaron dous álbums (Beat Boys In the Jet Age de 1980 e Ambience de 1981) e oito singles, entre finais de 1979 ata mediados de 1982.

Publicaron Unha recompilación dos singles chamado Kick Start, a mediados dos 80.

O seu maior éxito foi en 1980, cunha versión do tema dos 50, de Leiber e Stoller, "Poison Ivy", que alcanzou o posto 7 na lista de singles do Reino Unido.

Outra das suas cancións máis coñecidas foi este Da-a-a-ance.

E do mesmo xeito que moitos grupos oitenteiros, en 2008, tras a morte Jez Bird, membro fundador, a banda refórmase e a partir de 2009 comezaron un pequena xira de "retorno" que os levará dende a sua Inglaterra natal ata distintas localizacións do resto de Europa.

Verémolos por aquí?? quen sabe...

Fonte:

- Wikipedia

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


Musica escuterista: The Lambrettas

The Lambrettas foron unha banda mod revival inglesa, que publicaron dous álbums (Beat Boys In the Jet Age de 1980 e Ambience de 1981) e oito singles, entre finais de 1979 ata mediados de 1982.

Publicaron Unha recompilación dos singles chamado Kick Start, a mediados dos 80.

O seu maior éxito foi en 1980, cunha versión do tema dos 50, de Leiber e Stoller, "Poison Ivy", que alcanzou o posto 7 na lista de singles do Reino Unido.

Outra das suas cancións máis coñecidas foi este Da-a-a-ance.

E do mesmo xeito que moitos grupos oitenteiros, en 2008, tras a morte Jez Bird, membro fundador, a banda refórmase e a partir de 2009 comezaron un pequena xira de "retorno" que os levará dende a sua Inglaterra natal ata distintas localizacións do resto de Europa.

Verémolos por aquí?? quen sabe...

Fonte:

- Wikipedia

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 14 de octubre de 2010


Brasil e a revista Life

O pasado sábado, no suplemento MERCADOS de La Voz de Galicia, xunto á a noticia "Brasil, o espertar do xigante americano", publicaban esta curiosa fotografía:

e ao seu lado atopeime cun artigo dun bo amigo, Jesus Flores, que vos reproduzo máis abaixo:

"Xa ensinaba os dentes fai 50 anos.

Na época da Guerra Fría, Estados Unidos fixo un gran esforzo por promover versións en castelán dalgunhas de us publicacións máis populares, como Seleccións do Reader Digest ou Life.

Nas páxinas en español destes magacíns, que se distribuíron con especial interese en Sudamérica e, máis tarde, en España, reflectíase o lado máis amable do "American way of life".

Eran frecuentes, ademais, as reportaxes que intentaban empuxar o modelo capitalista máis salvaxe cara ao sur do continente.

Neste contexto publicouse a foto da esquerda (ARRIBA NESTE CASO), pertencente a un "Life" de 1959 que trataba de mostrar o enorme poderío de Brasil como provedor de materias primas e de bens de equipo.

Ata, nunha pequena chiscadela humorística, recordábase o potencial do país como exportador de belloezones, tal e como pode verse sobre o saco que sostén o guindastre.

Estados Unidos tiña un especial interese en que se consolidase unha clase media, non só en Brasil, senón en todos os seus países veciños, loxicamente para ter un mercado próximo onde colocar a súa produción e manufacturar os seus produtos a un prezo máis competitivo.

pasaron máis de cincuenta anos: ao fin Brasil parece que conseguiu entrar no camiño correcto para consolidarse como un país próspero, pero polos seus propios medios.
"

E logo de todo isto, con que me quedo?

Pois con que vai ser ... con esta preciosas Lambrettas (LD e patinete) que se ven no centro da foto:

Ou que vos pensabades??

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 13 de octubre de 2010


De San Froilán por Lugo

Onte, do mesmo xeito que moitos forasteiros, achegueime a gozar do fin das festas de San Froilán en Lugo e teño que dicir que acabei ata os "webs" de tantísima xente.

O único que saquei de beneficioso foi este par de escaparates que ví.

Este, na Rua da Raiña, é da tenda de Titto Bluni:

Pero grazas ao paseo que me dí polas rúas de Lugo, descubrín, na tenda Diez - Hombre Sport, a marca Backslide que non coñecía e da que, posiblemente, acabarei adquirindo algunha peza:

Entendedes porque, verdade??

E que dicir ten que a presentación do escaparate con esa preciosa Vespa Sprint laranxa déixame sen palabras.

Desculpade pola calidade das fotos pero xa era de noite e só levaba dispoñible a cámara do móbil e non se pode dicir que sexa unha gran marabilla.


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España