Xa vos contaba onte o que vira no Daisy Market, e hai que recoñecer que, unha cousa que me sorprendeu moito foi a exposición de crochet que montou Le Petit Paquebot, onde podíanse ver cousas tan curiosas coma estas:
Este porco está para xantalo enteriño...
e que me dicides desta invitación a tomalo café:
A verdade é que estas mozas son unhas verdadeiras artistas:
E claro, con tantos deseños distintos en crochet (que eu creo que é o ganchillo de toda a vida), ¿como é posible que non haxa ningunha escúter?
Tranquilos todos que alguén máis penso niso.
Esta foto atopeima en Flickr:
e estas dúas están á venda en Etsy.com:
Aquí si que é de boa aplicación o devandito de "Sempre hai un roto, para un descosido".
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 1 de octubre de 2010
Escúter de ganchillo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario