Desde fai uns cantos meses, os amigos de Vigo, os Vespeinados, iniciaron unha Campaña de recuperación da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia.
Tendes toda a información picando nesta ligazón ao foro dos Vespeinados.
Parabéns aos Vespeinados por partida dobre.
Primeiro por arrincar nova "etapa" e nova web en Vespeinados.es e, loxicamente, felicitálos igualmente por esta fantástica iniciativa para poder, entre todos, recuperar unha parte importante da historia automobilística en Galicia.
E sen ánimo de porme pesado na felicitacións, quero facer unha especial mención ao artífice desta iniciativa, Pablo Osorio, escuterista e amante da fotografía antígua.
Un abrazo compañeiro e sinto non haberme feito eco antes desta iniciativa..
Podedes enviarmente igualmente as fotos que teñades ao mail vlculleredo@gmail.com e poreime en contacto convosco para xestionar a recollida.
Tamén estamos traballando para preparar a exposición física das fotografías en distintos puntos da xeografía galega (loxicamente eu estou traballando en Culleredo e arredores).
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
domingo, 3 de octubre de 2010
Campaña de recuperación da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario