Fai uns días comenteivos o da campaña de recuperación da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia que están realizando os amigos Vespeinados de Vigo.
Pois grazas a isto e a diversas xestións, tiven a fortuna de poder coñecer á familia dun vello fotógrafo, que se desprazaba a todas as festas, bautizos, comuñóns ou lugar onde fose reclamada o seu cámara, para inmortalizar todos estes momentos na vida dos veciños de Oza dous Rios e os seus arredores
O fotógrafo en cuestión era José Agilda, ou o que é o mesmo FOTO AGILDA; e os seus familiares, ademais de ensinarme numerosas fotografías antigas das que el era autor, cedéronme estás outras para a súa inclusión na xa antes citada campaña de recuperación.
· Este era o "uniforme" de traballo co que acudía ás festas e romarías:
· Aquí témolo montando unha preciosa Lambretta LD diante da casa do Concello de Cesuras (A Coruña), en xullo de 1962:
· E estas son na Lambretta 175 TV coa que percorreu miles de quilómetros (entre eles a súa viaxe de vodas por Covadonga e Bilbao), perfectamente rotulada con FOTO AGILDA OZA DE LOS RIOS :
· Aquí podemos ver a Miguel (o seu irmán), Mercés (a súa cuñada) e Merche (a súa sobriña) montando esta preciosa LD en Llodio (Bilbao) e despóis a Merche na Lambretta TV de Foto Agilda:
· Estas dúas últimas son as máis curiosas, xa que na primeira vese a Agilda, montado nun carro-can (un dispositivo hand-made da época), na recta dá Raia en Curtis (A Coruña):
e nesta vese ao seu sobriño Juan Carlos, en Valencia en decembro do 66... precioso xoguete ¿non si?:
Sirva este post como homenaxe a José Agilda e a todos eses fotógrafos que, coma el, tiveron que "buscarse a vida" para levantar a unha familia a golpe de cámara.
Podede ler un artigo moi interesante no que tamén se homenaxea a dous fotógrafos da posguerra da zoa de Betanzos, Agilda e Branco, pertencente aoAnuario Brigantino, picando nesta ligazón.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 8 de octubre de 2010
José Agilda, fotógrafo e lambretteiro
Etiquetas:
A Coruña,
Curiosidades,
Fotografías escuteristas,
Historia,
Lambretta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario