jueves, 29 de julio de 2010


Exposición de carteis sobre seguridade viaria

Dando un paseo por El Puerto, atopeime con esta exposición: "1960-2000 Toda a historia da seguridade viaria en carteis"

E por descontado quédome coa esquina superior dereita con este, que é válido en calquera época:

"Protejase co casco. A cabeza non ten recambio", un lema máis que claro, que segue vixente hoxe en día.

É triste ver (porque o vemos a diario) o caso omiso que lle fai moita xente a este tipo de recomendacións, xa que, a pesares de ser obrigatorio para calquera vehículo motor de dúas rodas, segue habendo irresponsables que prescinden do seu uso.

Despois levamos a mala fama todos os motoristas.

Este cartel pasa a formar parte permanente do blog, xa que, ademais da súa mensaxe, hai que recoñecer que os antigos deseños son unha arte en si mesmos.

A exposición de carteis compleméntase con outra de maquetas de automóbiles, pertencentes ao Automóbil Clube de Galicia:

e vén dar continuidade á exposición Clasic Cars 2010, celebrada no mesmo lugar do 9 ao 11 de Xullo pasados, do que, noutro momento, mostrareivos as fotos das xoias alí expostas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 26 de julio de 2010


4ª Concentración moto clásica de Arteixo - As fotos

A pesares de non poder asistir á 4ª Concentración de moto clásica de Arteixo, celebrada onte, si que tiven a oportunidade de acercarme ata este concello coruñés para saudar á organización e amigos e facer unha pequena reportaxe fotográfica das motos participantes:

Tendes o resto das fotos neste album Picasa:



Vexo que a ruta debeu ser moi bonita, con duas magníficas paradas, unha aos pes da nosa querida Torre de Hércules e outra na Praza de Maria Pita da Coruña:

Gracias a Tati e Antonio polas fotos, vémonos nas próximas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 23 de julio de 2010


Comuñón en Vespa

Despois eu considérome friki con respecto ao escuterismo, pero o que se lle ocorra utilizar este recordatorio de comuñón ... ese si que é un frikazo total:

Visto en Paperprints.net.

Se os nenos fosen así realmente á súa primeira comuñón, a ver quen era o listo que lles daba a "ostia".

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 22 de julio de 2010


2ª Golfo-Escutera. Un paseo polas rías. 31 de Xullo en Betanzos

Ola a todos, aquí teneis a información sobre a nosa 2ª Golfo-Escuterada:



09:30 h. Apertura de inscricións no pavillón da Avenida do Carregal de Betanzos (A Coruña), á beira do centro médico. (Ligazón Google Maps)

12:30 h. Inicio da ruta polas rías do Golfo Ártabro. A ruta será duns 60 km, pasando por Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene e Ferrol.

15:00 h. Xantar no restaurante A Malata en Ferrol.

17:30 h. Gymkana, xogos e probas de habilidade (pendente de confirmar pero en principio será na praia da Magdalena en Cabanas).

Haberá sorpresas e sorteos de agasallos.

Inscricións:

5 € – almorzo, ruta e bolsa de recordos.

15 € - incripción e comida.

Todo o que queira asistir ao xantar oficial da escuterada deberá ingresar esta cantidade, antes do día 27 de Xullo, na conta do Banco Etcheverría 0031-0001-28-1011006441 (indicando COMIDA + Nome e apelidos).

Non se aceptarán máis comensais pasada esa data.

Para máis información:

- golfosartabros@gmail.com

- En el Gol-Foro.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 21 de julio de 2010


4ª Concentración moto clásica - 25 Xullo en Arteixo

Os amigos do Motoclube Saltamontes, organizan o próximo domingo 25 de xullo a sua 4ª concentración de moto clásica.

Eiquí tendes o valo (perdoade pola calidade, pero só poiden facerlle unha foto có móbil nun escaparate):

+ info:

- Telefonos 981 640 568 y 679 898 326

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 20 de julio de 2010


Moto Scooter en kit para montalo un mesmo

Aproveitando que hoxe se inaugura a tenda Ikea na Coruña (por se non o sabíades).

Cóntovos.

Fai uns días compreime un kit de "montese vostede mesmo a súa moto escúter", si si, como o estades lendo, ao mais puro estilo Ikea, ti cómprascho, ti móntascho, ti o gozas.

Eiquí tendes este clásico de toda a vida, un sobre Monta-Plex:

O primeiro é organizarse ben, que despois se perden as pezas e vólvese imposible a montaxe, jeje:

Menos mal que vén todo ben suxeito:

Soltamos as pezas do kit e organizámolas para telas a man:

Inserimos a roda traseira nun lateral:

Despois tapámola co outro lateral:

Encaixamos a roda dianteira no guardabarros:

Montámolo escudo:

Ollo que esta operación é "moi" delicada, inserimos a barra de dirección no guardabarros dianteiro e facémola pasar polo buraco do escudo e encaixámola na pestana superior do mesmo.

Bufff!! conseguido:

Agora montamos o manillar no outro extremo da barra de dirección:

E vualá, xa temos noso Monta-Plex listo e preparado:

Agora a gozar da nosa escúter de colección:

Xa vedes que traballo máis satisfactorio a montaxe por un mesmo da túa propia escúter, e "só" tardei ¡¡¡ 2 minutos !!! en montalo, jejeje.

Xa sei que son un pouco friki, pero xa o teño asumido.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 19 de julio de 2010


VI Concentración de motos Clásicas Concello de Zas - As fotos

Amenceu unha boa mañá para ir dar unha paseo ata Zas a VI Concentración de Motos clásicas Concello de Zas, así que arrincamos ben tempraniño para non perdernos nada.

O paso por Carballo deixounos tiritando, porque non contabamos cun frio tan intenso, pero unha vez recalentado o corpo cun café, seguimos camiño para pasar unha boa xornada de motos clásicas chegadas de varios puntos da xeografía galega.

Un saúdo a Toni e Tati chegados directamente de Sarria (Lugo) a lombos dunha preciosa Lambretta LI 125.

A ruta estivo moi ben, moi compacta e con destino Santiago, onde aparcamos na Alameda, para poder facer un descanso e tomar un refrixerio.

De regreso fixemos unha pequena parada en Santa Comba, para acubillarnos da calor do sol e reagruparnos.

Para despues continuar camiño

ata Carreira-Zas, onde a magnífica organización tíñanos preparada unha churrascada campestre que, baixo a sombra das arbores, non dubidamos en compartir entre todos os participantes.

Eiquí tendes o resto das fotos da xornada:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 17 de julio de 2010


26 miradas e unha mariquita

Ese é o título desta creación, que se pode ver nun dos locais pechados da rúa San Andrés da Coruña, nunha mostra de arte urbana na que se mesturan historia, vivencias e modernidade.

Os autores deron no cravo ao colocar, como un complemento da clásica mariquita recortable, unha Vespa (e o casco, claro).

Máis mostras desta exposición:




+ info:

- Customizando a crisie- La Voz de Galicia

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 16 de julio de 2010


Vespa World Days, as 5 horas de resistencia

O venres, segundo día dos Vespa World Days 2010 celebrouse unha competición de resistencia.

5 horas dando voltas a un circuíto montados en Vespa, xa fose preparada ou de serie, e ata competiu unha LML (supoño que para demostrar do que é capaz).

Eiquí tendes un vídeo da proba:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 13 de julio de 2010


VI Concentración de motos Clásicas Concello de Zas - 18 de Xullo

O vindeiro domingo (18 de xullo), a partir das 10:00h, na praza do concello de Zas, terá lugar a VI Concentración de Motos Clásicas.

Ás 09:30h iniciarase o punto de control da concentración para logo dar inicio á saída das motos, que realizarán o percorrido Zas-Santiago-Zas (uns 100 kms) para logo finalizar coa entrega de agasallos tras o xantar.

Todos aqueles interesados en participar nesta nova edición poderán inscribirse, ata o 15 de xullo, a través do teléfono 981 708 303.

Aínda que o ano pasado, particularmente, a ruta pareceume un pouco longa, paseimo moi pero que moi ben, así que este ano posibremente repita a experiencia.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 12 de julio de 2010


Vespa World Days, ¡VAIA PASADA! - 2

O sábado día 3 de Xullo, o día grande do Vespa World Days 2010, xuntáronse en Fátima, para realizar a ruta oficial, máis de 2000 vespas (segundo fontes oficiais) que formaban unha ringleira de aproximadamente 10 kms de lonxitude e cunha diferenza de 26 minutos entre o primeiro e última vespista.

Para que vos fagades unha idea do que alí se liou, vede estes vídeos:






Increible pero certo.

Cando teña editado todo o que gravei xa volo ensinarei.

O domingo, derradeiro día do Vespa World Days 2010, saímos de Fátima rodando, 4 Golfos ás 12 da mañá (hora española) e, para que vos fagades unha idea da viaxe, eu entraba na miña casa ás 23:50 horas dese mesmo día.

12 horiñas de viaxe, con paradas a encher depósitos, xantar e cear, e para rematar percorrendo 550 kms.

Chegoulle ben.

O ano que vén é en Oslo (que queda bastante lonxe), pero creo máis viable esperar ao 2012, en Inglaterra(Vespa World Days 2012).

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 8 de julio de 2010


VI Concentración Amigos das motos Clásicas de Bergantiños - Carballo 11 de Xullo

O vindeiro domingo día 11, os Amigos das motos clásicas de Bergantiños, organizan a súa 6ª concentración cun percorrido que partirá de Carballo, pasarase por Bértoa, Baldaio (onde se tomarán uns petiscos no cámping), Razo, Aviño, Buño e Malpica, para chegar finalmente a Punta Nariga, onde se xantará no restaurante Cima.

Os que se queiran apuntar deberán inscribirse o mesmo día antes da saída, que será sobre as 10.30 horas na rúa Coruña de Carballo.

A incripción custará 20 € e inclúen os petiscos e o xantar.

Segundo a organización volverase con tempo suficiente para ver a final do mundial de fútbol (xa vexo que están en todo).

Para máis información: Francisco Serrano 646 343 213

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 7 de julio de 2010


Vespa World Days, ¡VAIA PASADA! - 1

Pois si, téñoo que dicir con maiúsculas, o Vespa World Days 2010 en Fátima foi unha auténtica pasada.

Segndo os datos da web oficial do evento:

"O Vespa World Days contou con 2058 inscritos con 1532 vespas.

Todos os inscritos representaban a 183 clubs, oriúndos de Portugal, España, Francia, Holanda, Alemaña, Suíza, Austria, Italia, Grecia, Macedonia, Croácia, Noruega, Bélxica e Inglaterra

O participante mais novo naceu en 2004 e o máis maior tiña 78 anos.
"

Púideronse ver de todo, desde as antigas Faro Basso ata os últimos modelos da marca.


O único que botei un pouco de menos foi un pouco máis de mercadillo de pezas e comprementos, xa que o que instalaron, para ser "a cita" mundial, pareceume un pouco escaso, pero polo demais todo magnífico.

Parabéns aos amigos de Vespinga, pola perfecta organización do evento, do que puidemos gozar finalmente 13 Golfos.

Eu, pola miña banda, cheguei o Xoves só procedente de Espinho, a uns 200 kms, conxelado de frio, porque Xullo si, pero cando se pecha a néboa ....,

alí esperábame Juan, que fixera o camiño desde Portonovo, acompañando aos Vespeinados de Vigo. Ese mesmo día chegaron tamén Miguel e Nuria, que viaxaron en coche.

Ao día seguinte (Venres) pola tarde, chegou o groso da expedición Golfa, coas motos en furgonetas, fóra de Fernando e Xosé que chegaron como ten que ser, rodando nas súas Vespas.

Así que esa noite ceamos todos xuntos á espera do sábado que se nos aveciñaba ...

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España