Amenceu unha boa mañá para ir dar unha paseo ata Zas a VI Concentración de Motos clásicas Concello de Zas, así que arrincamos ben tempraniño para non perdernos nada.O paso por Carballo deixounos tiritando, porque non contabamos cun frio tan intenso, pero unha vez recalentado o corpo cun café, seguimos camiño para pasar unha boa xornada de motos clásicas chegadas de varios puntos da xeografía galega.
Un saúdo a Toni e Tati chegados directamente de Sarria (Lugo) a lombos dunha preciosa Lambretta LI 125.
A ruta estivo moi ben, moi compacta e con destino Santiago, onde aparcamos na Alameda, para poder facer un descanso e tomar un refrixerio.
De regreso fixemos unha pequena parada en Santa Comba, para acubillarnos da calor do sol e reagruparnos.
Para despues continuar camiño
ata Carreira-Zas, onde a magnífica organización tíñanos preparada unha churrascada campestre que, baixo a sombra das arbores, non dubidamos en compartir entre todos os participantes.
Eiquí tendes o resto das fotos da xornada:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario