martes, 29 de junio de 2010


A Fátima, en procesión?? noooon, en Vespa!!!!

A partir do Xoves día 1 de Xullo máis de mil Vespistas participaremos no encontro mundial de Vespas, Vespa World Days 2010, que se celebrá aquí á beira, en Fátima (Portugal).

500 quilómetros de nada que nos imos a percorrer 17 Golfos, para gozar de 4 días de Vesperismo "a lume de biqueira".

+ info:

- Vespa World Days 2010

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 26 de junio de 2010


Fegaclasic, hoxe e mañá en Pontecesures

Fegaclasic, a feira galega do automóbil clásico, chega este fin de semana á súa VI edición.

Daranse cita en Pontecesures coches clásicos e antigos, motos, vehículos de todo tipo, maquinaria, recambios, compra-venda, pezas orixinais, etc, e este ano, queren darlle unha especial importancia a unha exposición sobre Eduardo Barreiros, fundador da mítica marca dos anos 60.

Eiquí tendes o programa de actos:

SÁBADO 26 DE XUÑO

11.00 h: Apertura da feira.
15.00 h: Comezo da 1ª FESTA DA MOTO CLÁSICA. Concentración de motos na Rúa Sagasta.
Trofeos:
- Á moto mellor restaurada.
- Á moto mellor conservada no seu estado orixinal.
- Á moto máis antiga.
- Ao piloto de máis idade.
- Ao piloto chegado de máis lonxe.
- Á moto máis singular.
17.00 h: Comezo das probas da 1ª Xincana da Moto Clásica.
Trofeos ao 1º, 2º e 3º clasificado.
19.30 h: Entrega de trofeos e petiscos para todos os participantes.
20.00 h: INAUGURACIÓN OFICIAL DA EXPOSICIÓN SOBRE EDUARDO BARREIROS.
Intervirá: Juan Gayá de Prado (representante da Fundación Barreiros). Doutor enxeñeiro industrial (promoción de 1957). Director de Desenvolvemento de Motores e Director de Desenvolvemento de Grupos Motrices.
22.00 h: Peche da feira.

DOMINGO 27 DE MAIO

10.00 h: Apertura da feira.
11.00 h: Concentración de vehículos clásicos nas rúas centrais do pobo.
Actuación do grupo folclórico Xarandeira.
13.00 h: Ofrenda floral, homenaxe e salvas con bombas de palenque no monumento ás feiras do automovil de Pontecesures.
15.00 h: Comida con todos os participantes na concentración de vehículos clásicos.
21.00 h: Peche da IV Edición de Fegaclasic

+ info:

- Fegaclasic.org

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 23 de junio de 2010


3ª Escuterada Ourensana

O próximo fin de semana, os amigos do CLUB VESPA-LAMBRETTA CLASICA OURENSE, tambien coñecidos como os Avispados, organizan a terceira edición da súa escuterada.



O lugar da concentración será na Rúa Dr. Marañon (ao carón das Burgas), onde se poderá gozar dun bo xantar (aínda recordo a empanada do ano pasado, ñam-ñam), despois realizarase un paseo urbano polas rúas de Ourense, para posteriormente ir darse uns baños termais.

Despues do xantar comida veremos que proba sorpresa espéranos.....

Espero que o pasedes moi ben.

+ info:

- Foro dos Avispados
- Blog dos Avispados

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 16 de junio de 2010


IV Concentración Moteira Internacional Mototurismo Coruña

O próximo fin de semana, o clube Moto Turismo Coruña, organiza, no paseo marítimo do Burgo (Culleredo), o sua IV Concentración Moteira Mototurismo Coruña, co seguinte progama de Actividades:

- Sábado 19 de Xuño:

11:00 h. Apertura de inscricións.
11:30 h. Xornada de educación viaria infantil.
12:00 h. Proxección adestramentos de G.P. Gran Bretaña.
14:00 h. Xantar para os inscritos.
17:00 h. Paseo en moto de todolos participantes polos arredores da Ría do Burgo.
19:00 h. II Trofeo Coca Cola Velocidade Segura.
20:00 h. Concerto de Mayday.
21:30 h. Churrascada.
23:00 h. Concerto de Coyote.
00:30 h. Sorteo de agasallos.
01:00 h. Concerto de Skarallaos.

- Domingo 20 de Xuño:

09:00 h. Almorzo para inscritos.
10:30 h. Ruta en moto de todos os participantes polas estradas do Concello de Culleredo.
12:15 h. Proyeccion do G.P.de Gran Bretaña de Moto2.
13:00 h. Mexillonada.
14:00 h. Proyeccion do G.P.de Gran Bretaña de MotoGP.



Durante todo o fin de semana haberá no espazo da Concentración:

- Inchables para os máis cativos.
- Zoas de acampada e comercial.
- Servizo de bar.

O prezo da inscrición é de 25 € e inclúe:

- Refrixerio de benvida.
- Camiseta da concentración.
- Xantar do sábado.
- Churrascada de cea do sábado.
- Zona de acampada.
- Almorzo do domingo.
- Mexillonada de comida do domingo.

+ info:

- Moto Turismo Coruña
- Lugar da concentración (ao final do paseo marítimo do Burgo, pegado á ponte da autoestrada AP-9)

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 14 de junio de 2010


Fotos 1ro Mercadillo de Trastos Bellos en Lugo

Aínda que o tempo non acompañou, o pasado sábado achegueime a ver o 1er Mercadillo de Trastos Bellos Cidade de Lugo, e hai que recoñecer que, para ser a 1ª edición, estivo moi ben organizado e bastante completo.

Alí podías atopar de todo un pouco, motos de todos os tipos:

bicicletas antigas:

, maquinaria agrícola:

,bastantes casetas de repostos tanto de coche, como de moto, bicicletas, etc:

ata miniaturas e xoguetes antíguos como esta preciosa Lambretta de pedais:

Pero bo, eu, como sempre centreime nas miñas queridas escúteres e haber había de todo, desde esta T5 por 200 €:

pasando por un par varios modelos de Vespa, por un pouco menos de 2000 €:





ata esta Vespa 150, que o dono non debía de ter moitas ganas de vender, xa que pedía a friorenta de 7000 € (vaia animalada):

Hai que recoñecer que realmente gustoume moito o ambente que se formou ao redor do mercadillo e desexo que o evento perpetúese durante moitos anos máis.

Tedes o resto das fotos neste albúm Picasa:



E aproveitando que esta de paseo por Lugo, topeime, á beira da catedral, con esta Vespa Mod, que xa vira nalgunha outra ocasión rodando pola cidade, pero nesta ocasión conseguir "cazala":




Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 10 de junio de 2010


Escúter e bicicleta

As bicicletas son para o verán non é só unha obra de teatro escrita polo falecido Fernando Fernán Gómez, senón que se converteu nun dito máis que popular, así que, xa que temos o verán ás portas (a estación en si, porque a climatoloxía parece que non o sabe), que menos que vaiámonos preparando para gozar das nosas bicicletas, que ademais de ser beneficioso para a saúde, contribuímos a contaminar un pouco menos.

Pero, ¿como compaxinar o uso e goce da bicicleta, sen renunciar á nosa querida escúter?

Moi fácil, seguindo este exemplo:

Fusión perfecta entre unha bicicleta e unha Vespa.

Non, non é un Vespino, é máis ben unha Vespacleta.

Cousa distinta é o que fixo estoutro, que se esqueceu do de non contaminar e motorizou unha bicicleta, algo así coma unha Biciclespa, xa que isto non ten nome:

Pero bo, se non queredes facer uns traballos tan profundos de bricolaxe escuteril, eu propóñovos que o mellor para compaxinar escúter e bicicleta sexa axustarlle este portabicis á nosa Vespa e así non nos complicamos tanto:

E sobre todo non vos esquezades, "En Vespa e bicicleta o casco protexe a cabeza". (caralliño, que bonita rima quedoume).

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 8 de junio de 2010


1er Mercadillo de Trastos Bellos en Lugo

Este próximo fin de semana, se non vos quereis achegar a Xixón, á 21ª edición del Eurolambretta Jamboree, podedes quedarvos un pouco máis cerca, concretamente en Lugo, para disfrutar do 1er Mercadillo de Trastos Bellos Ciudad de Lugo.

O lugar onde se desenvolverá serán na Praza Seminario Menor e os horarios de apertura serán de 10:00 a 20:00 o sábado e de 10:00 a 15:00 o domingo.

Espero que comprdeis moito e gastedes pouco.

Vémonos en Lugo.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 7 de junio de 2010


21º EuroLambretta Jamboree, en Xixón.

Este ano temos a península ben cargadiña, xa que as dúas reunións escuteristas máis importantes a nivel mundial celébranse con apenas dúas semanas de diferenza.

Se o primeiro fin de semana de Xullo celébrase en Fátima (Portugal) o Vespa World Days, este fin de semana (11, 12 e 13 de Xuño) celébrase en Xixón (Asturias) a 21ª edición do Eurolambretta Jamboree, ou o que é o mesmo, a máis importante concentración mundial de Lambrettas.

Eiquí tendes o programa compreto para os tres días:

+ info:

- Na web do Club Lambretta de España
- A través de Facebook (Club Lambretta de España)

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 4 de junio de 2010


I'm Scooterist, camisetas para presumir de ser escuterista


Os amigos de I'm Scooterist acaban de pór a andar a súa tenda on-line para a venda de estas camisetas coas que poder presumir de ser un escuterista, no mundo enteiro:



Teñen ata modelos de camiseta para mozas, máis entalladas:


Eiquí tendes o vídeo promocional:



De momento só teñen estes catro modelos, pero acaban de abrir un "concurso" para buscar novos deseños.

Tal e como din eles: "Só tendes que mandarnos fotos Pin ups coa vosa scooter clásica, a máis botada será a escollida. Animarvos!!" e puxeron este precioso cartel estival para promocionar esta solicitude:


+ info:
- I'm Scooterist.com
- Tenda on-line.
- Podedes tamén seguilos a traves de Facebook

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 3 de junio de 2010


VIII Xuntanza Motos Veteranas Deza

O calendario de concentracións de motos clásicas vaise cubrindo aos poucos, este próximo domingo vaise a celebrar a 8ª Concentración Veteranas Deza, na localidade de Silleda:

+ info:

- Veteranas de Deza

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 2 de junio de 2010


II Encontro de coches clásicos, históricos e deportivos de Culleredo

Así me gusta ao meu a información, repentina.

Onte empecei a ver estes carteis dunha concentración de coches clásicos este fin de semana, co que hoxe vola presento para o que lle poida interesar.

Ista é a información que aparece (dende o 31 de maio, ¡vaia! iso si é antelación) na web municipal:

Datas: 4, 5 e 6 de xuño de 2010
Lugar: Paseo marítimo do Burgo
- Exposición de coches clásicos, históricos e deportivos
- Presentación da maior colección privada hispano-alemá.
- Exhibición de condución sobre asfalto esvaradío a partir das 17:30.
- Paseo de regularidade.
- Participación destacada: SUSO FERREIRO e ROBERTO LORENZO, campeóns de España de coches históricos.
Organizan: Concellaría de Promoción Económica do Concello de Culleredo e Automóvil Club Culleredo.


Lástima que só "queiran" coches clásicos, tendo en conta que o Golfos Ártabros Escúter Clube, con sede tamén en Culleredo, dispoñemos de varias Vespas e Lambrettas, tamén clásicas (e hai socios que teñen outro tipo de motos tamén clásicas), pero que se lle vai facer, estes non deben saber iso "da unión fai a forza".

Pero bo, tendo en conta que organiza o Concello de Culleredo, digo eu que non teremos problema de colaborazón, cando nos queiramos facer unha concentración de SÓ motos clásicas, ¿non?.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España